Literatura Galega no Franquismo: Exilio e Resistencia
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 27,97 KB
A Literatura Galega durante o Franquismo (1939-1975)
Galicia na Inmediata Posguerra
Nada máis comezar a guerra civil en 1936, Galicia quedou integrada no bando franquista. A resistencia no interior do país non chegou a callar, aínda que a guerrilla antifascista dos maquis mantería a súa actividade ata a década de 1950. A represión da ditadura foi implacable contra os seus opositores, que foron asasinados ou padeceron o cárcere ou o exilio.
A Represión Cultural
A guerra civil e a inmediata posguerra supuxeron unha ruptura profunda con toda a tradición cultural vinculada co nacionalismo democrático. A actuación represiva da ditadura impediu toda a actividade política contraria ao réxime, e paralizou tamén a evolución cultural e literaria da sociedade galega. Así, desde o 39 ata o 50, practicamente non se publicou nada en galego.
A represión contra a cultura galega comezou co asasinato de persoas vinculadas co nacionalismo nos ámbitos cultural, político e xornalístico. Ademais, elimináronse todas as institucións e organismos que mantiñan viva a cultura do país: clausurouse o Seminario de Estudos Galegos, prohibíronse a prensa e as editoriais nacionalistas -Nós, A Nosa Terra- e o uso do galego en actos públicos quedou marxinados.
A Cultura Galega no Exilio
Ante o medo a perderen a liberdade e a vida, os dirixentes nacionalistas e os intelectuais galeguistas víronse forzados ao exilio, maioritariamente en países e capitais de América Latina que tiñan unhas colectividades galegas moi numerosas, mercé á forte emigración que sufrira Galicia nas primeiras décadas do século XX. Deste xeito, a Galicia do exilio converteuse no centro neurálxico da oposición política ao franquismo.
Dada a numerosa colonia galega en Bos Aires, foi na capital arxentina onde se asentou o principal grupo galeguista, grazas á personalidade de Castelao, que residiu alí desde o 40 ata a súa morte, no 50. Deste xeito, Bos Aires converteuse na verdadeira capital política de Galicia durante máis dunha década. A influencia de Castelao deixouse sentir en dúas direccións complementarias: no ámbito cultural e ideolóxico, coa publicación do seu ensaio Sempre en Galiza (1944); e nunha incesante actividade política co obxectivo de manter a lealdade de Galicia respecto ás institucións da República.
A Literatura do Exilio
Mantiveron viva a actividade cultural en lingua galega canalizada a través de editoriais, revistas, emisoras de radio, etc. Destacan dúas revistas: Galicia emigrante (Bos Aires) e Vieiros (México).
Luís Seoane
Entre os intelectuais e escritores sobresaíu a figura polifacética de Luís Seoane. Destacou como artista gráfico, pintor, gravador, debuxante, editor de revistas e xornais… No campo literario escribiu o libro de poemas Fardel de eisiliado (1952) e a obra teatral A soldadeira (1957).
Como escritor, Luís Seoane mantivo sempre un compromiso cívico e social con Galicia, desde unha postura ideolóxica de esquerdas. Nos seus poemas denunciou as causas que provocaron a emigración galega e situou como protagonista colectivo o pobo na súa evolución histórica.
Lorenzo Varela
Naceu na Habana e, máis tarde, emigrou coa súa familia a Bos Aires. Desde alí veu a Galicia e máis tarde tivo que exiliarse, e retornou para Bos Aires. Alí entra en contacto co círculo de exiliados galegos entre os que se atopan Seoane e Rafael Dieste, e colabora en moitas tarefas culturais. Catro poemas para catro gravados e Lonxe.
A Resistencia Cultural en Galicia
Na década de 1950, trala morte de Castelao, a disolución do Partido Galeguista e a pervivencia da ditadura, o nacionalismo galego concentrou os seus esforzos na recuperación da actividade cultural destinada a defender a identidade de Galicia.
O feito máis destacable deste período foi a fundación da Editorial Galaxia, coa que se perseguía manter en Galicia unha alternativa á desgaleguización da sociedade que propugnaba o réxime franquista; a este fin respondía a publicación de libros de creación literaria, a tradución de autores estranxeiros e a fundación da revista Grial.
Os impulsores do proxecto de Galaxia foron, entre outros, Ramón Piñeiro, Xaime Illa Couto, Domingo García-Sabell e Francisco Fernández del Riego.
Na década de 1960 a vida cultural galega rexorde coa aparición de asociacións culturais como O Galo e O Facho. No terreo editorial, o labor que viña desenvolvendo a Editorial Galaxia reforzouse coa aparición doutras editoriais, como Edicións do Castro (1963).
Cómpre lembrar que a partir do 17 de maio de 1963, centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, a Real Academia Galega estableceu a celebración do Día das Letras Galegas, que se converteu nun pretexto máis para reivindicar o traballo artístico e cultural dos clásicos da nosa lingua.
A Poesía da Posguerra
O Silencio da Década de 1940
Desde o remate da Guerra Civil ata os derradeiros anos da década de 1940 apenas se publicaron libros en galego. O ambiente de represión e censura significou a ruptura co proxecto cultural das Irmandades, do Grupo Nós e da xeración das vangardas. O primeiro poemario galego da posguerra, Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, non se publicará ata 1947.
A Recuperación Poética de 1950
A colección Benito Soto, iniciada en Pontevedra en 1949, significou o primeiro intento de recuperación editorial da lírica galega. Posteriormente, a creación da Editorial Galaxia e de varias revistas poéticas bilingües (Alba, Aturuxo, Xistral) permitiron dar a coñecer a obra de numerosos poetas de distintas idades e tendencias.
O silencio obrigado da posguerra fixo coincidir nun mesmo intre histórico tres xeracións:
- Xeración do 36: Pertencen a ela Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño, Xosé María Díaz Castro, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero. Son autores que actúan de elo entre a Época Nós e os membros da xeración da posguerra.
- Promoción de Enlace: Está composta por poetas como Luz Pozo Garza, Antón Tovar, Manuel Cuña Novás e María do Carme Kruckenberg. Son escritores que se forman culturalmente baixo a opresión da ditadura.
- Xeración das Festas Minervais: Pertencen a ela Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, Xohana Torres, Antón Avilés de Taramancos e Xosé Luís Méndez Ferrín. O nome vénlle de se daren a coñecer nos certames literarios composteláns das Festas Minervais, celebrados ao abeiro da universidade. Son rupturistas, tanto no eido cultural coma no político.
Tamén seguiron a publicar poesía na década de 1950 autores da Época Nós, como Ramón Cabanillas, Fermín Bouza-Brey e Luís Pimentel. Deste último, pola singularidade da súa obra, trataremos a continuación.
A Obra de Luís Pimentel
Luís Pimentel (1885-1958) naceu e morreu en Lugo. A pesar de publicar na posguerra, formaba parte da xeración da vangarda galega. Participou nas iniciativas máis renovadoras da década de 1920, como a revista Ronsel (1924). A súa produción poética en galego foi breve e serodia: Triscos (1950) e Sombra do aire na herba, este último publicado postumamente en 1959.
A poesía de Pimentel non pertence a ningunha escola, e nela predomina un intimismo moi intenso e persoal. Os seus versos son inseparables da cidade de Lugo, convertida nun espazo poético cheo de misterio e simbolismo. Os poemas de Pimentel conteñen pequenos detalles e sensacións da contorna, coma se fosen cadros ou estampas impresionistas. O seu estilo busca a sinxeleza expresiva, pero intentando captar sempre a beleza das cousas pequenas que rodean o ser humano.
A Década de 1950: O Intimismo
Debido ás circunstancias políticas adversas, a poesía galega da década de 1950 tende a facerse intimista nos temas -non se poden denunciar problemas sociais ou políticos- e clasicista ou neopopular nas formas -o vangardismo de Manuel Antonio non tivo continuadores-. Das tendencias poéticas que se cultivaban na preguerra, sobreviven as menos rupturistas:
- Hilozísmo ou imaxinismo: Humanización da paisaxe a través das imaxes. Deixa pegada en poetas como A. Iglesia Alvariño (Cómaros verdes, 1947) e Emilio Álvarez Blázquez.
- Neotrobadorismo: De inspiración na lírica medieval e popular. Segue vixente en autores como Cunqueiro, quen na posguerra continúa insistindo na recreación da lírica medieval en Dona do corpo delgado (1950), aínda que algúns poemas presaxian a súa evolución cara a unha poesía máis íntima e orixinal.
- Virxilianismo: Lírica de estilo clasicista e de contido existencial e relixioso. Inflúe en poetas como Xosé María Díaz Castro (Nimbos, 1961).
A estas tendencias hai que engadirlles dúas máis que xorden nestes anos:
- A Escola da Tebra. Trátase dunha liña temática de carácter existencialista, que reflicte o pesimismo, a angustia e a desesperanza que se vivían na posguerra, sempre desde unha perspectiva intimista. Nesta corrente destacan Manuel Cuña Novás (Fabulario novo, 1952) e Manuel María (Muíñeiro de brétemas, 1950).
- Unha tendencia paisaxista de carácter renovador, que combina o intimismo coa fusión panteísta entre o ser humano e a terra natal. Son representantes Manuel María (Terra Chá, 1954) e Uxío Novoneyra (Os eidos, 1955).
A Década de 1960: O Socialrealismo
En 1962, Celso Emilio Ferreiro publica Longa noite de pedra, libro onde se fai explícito o compromiso social e político do poeta coa sociedade do seu tempo, denunciando a opresión e a inxustiza que sofre Galicia. Debido ao éxito desta obra, prodúcese un cambio de tendencia lírica galega da década de 1960: a maioría dos poetas inclinouse cara á poesía socialrealista, definida polos seguintes trazos:
- Sinxeleza expresiva, de tal xeito que o poema resulte comprensible para un público amplo.
- Predominio da mensaxe ideolóxica sobre o esteticismo da forma.
- Uso de recursos como o humor, a ironía e o sarcasmo, destinados a intensificar a forza burlesca e satírica dos poemas.
- Apertura lingüística do poema, achegando a linguaxe á fala cotiá.
Esta tendencia comprometida é moi cultivada ata finais da década de 1970, e nela fanse habituais unha serie de temas marcados polo compromiso social e a intención crítica: denúnciase o conformismo burgués, o imperialismo, a pobreza dos humildes, etc. A carón de Celso Emilio Ferreiro, poetas como Manuel María fan bandeira do socialrealismo.
A Poesía na Posguerra (II)
Celso Emilio Ferreiro
Naceu en Celanova en 1912 e morreu en Vigo en 1979. Desde novo desenvolveu unha grande actividade cultural e política; formou parte das Mocidades Galeguistas, e durante a Guerra Civil estivo condenado a morte. Tras a guerra, colaborou na fundación da colección de poesía Benito Soto e na fundación da Unión do Pobo Galego. En 1966 emigrou a Venezuela e á súa volta residiu en Madrid e en Vigo.
Celso Emilio Ferreiro foi, sobre todo, poeta, aínda que tamén cultivou a narrativa en obras como A fronteira infinda (1972). Na súa obra poética distínguense tres liñas temáticas esenciais:
- O socialrealismo, onde expresa o seu compromiso cívico con Galicia e coas clases populares. O poeta adopta unha actitude de denuncia da explotación dos traballadores, do imperialismo, do racismo, das desigualdades que provoca o capitalismo; así mesmo, amosa sempre a súa solidariedade cos oprimidos de Galicia e do mundo. Estes temas proporcionáronlle un gran recoñecemento a partir de Longa noite de pedra (1962).
- O intimismo: Na súa primeira obra (O soño sulagado, 1954) trata temas como a soidade, a angustia vital e o pesimismo, dentro da corrente existencialista da década de 1950.
- A sátira burlesca constitúe unha variante irónica dos temas tratados no socialrealismo, cun estilo vulgar e unha actitude sarcástica contra as clases sociais e institucións que representan o poder, a incultura e a opresión. Esta liña predomina nos libros Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir, ambos publicados en 1968 baixo o pseudónimo Arístides Silveira.
Posteriormente, desenvolveu temas como a saudade da infancia e da terra natal, a perda da inocencia e o contraste entre a cultura rural e a urbana. Estes temas predominan no seu derradeiro libro, Onde o mundo se chama Celanova (1975). Nesta obra figuran tamén os poemas amorosos dedicados á súa muller, agrupados na sección titulada <Moraima: diario de a bordo>.
Poetas da Xeración das Festas Minervais
Os poetas da xeración dos 50 déronse a coñecer a través dos certames poéticos universitarios -Festas Minervais-, no diario compostelán La Noche ou na colección Illa Nova, de Galaxia. Algúns deles conforman o grupo Brais Pinto, constituído en Madrid por emigrantes e universitarios. A súa evolución xeracional coñece tres etapas:
- Na década de 1950 comezan o seu labor literario, dentro da corrente do intimismo existencialista (Escola da Tebra).
- Na década de 1960, desde posicións ideolóxicas nacionalistas de esquerda, a súa poesía tende cara ao socialrealismo.
- Desde finais da década de 1970 á actualidade, cada poeta evoluciona e madura de xeito distinto.
Pertencen a esta xeración, entre outros, Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Manuel María
(Outeiro de Rei 1929 - A Coruña, 2004) foi un poeta de moi extensa produción, moi comprometido coa situación social e política de Galicia. Na poesía mantén tres liñas temáticas que se alternan e mesturan entre si: a da poesía paisaxística, centrada na Terra Chá; a da poesía comprometida, con versos moi combativos, cheos de ironía e sátira; e, por último, a da poesía intimista e existencial. A súa obra comezou con Muíñeiro de brétemas (1950) e continuou ata a década de 1990, con libros como A primavera de Venus (1993).
Uxío Novoneyra
(Parada de Moreda, O Courel, 1930 - Compostela, 1999) foi un dos poetas máis orixinais da posguerra. Os poemas de Os eidos (1955) e Os eidos 2 (1974) defínense pola súa vivencia íntima e radical da paisaxe das terras do Courel, dando lugar a unha fusión cósmica do ser humano e da natureza.
Novoneyra constrúe os seus versos perseguindo sempre a palabra esencial, depurada de adornos inútiles. A partir da década de 1960, experimenta na súa poesía coa tipografía, a escrita fonética e o caligrama; non renunciou tampouco á poesía de compromiso social, en poemas como <Vietnam Canto> ou <Letanía de Galicia>.
Xohana Torres
(Compostela, 1931) destaca como poeta e como narradora. A súa obra lírica iníciase con Do sulco (1957) e continúa con Estacións ao mar (1980) e Tempo de ría (1992). Os seus poemas amosan unha ruptura orixinal das normas de puntuación e un afastamento da métrica clásica. Na súa obra predomina un intimismo simbólico en que a natureza ten moita importancia para expresar temas como o paso do tempo ou o sentimento da terra.
Bernardino Graña
(Cangas, 1932) foi membro do grupo Brais Pinto e resultou premiado no certame poético da Festas Minervais. A súa traxectoria poética comeza na liña existencial da Escola da Tebra, con Poema do home que quixo vivir (1958); non obstante, a súa lírica axiña se dirixe cara ás actitudes máis vitalistas e comprometidas.
Os temas predilectos da súa poesía son a fusión do ser humano co mar, o amor, a denuncia ecolóxica e a defensa das persoas fronte á deshumanización do mundo moderno. Entre os seus libros de poemas destacan Profecía do mar (1966) e Himno verde (1992).
Xosé Luís Méndez Ferrín
(Ourense, 1938) é un autor clave na evolución da literatura galega contemporánea. Como poeta iníciase na literatura existencial con Voce na néboa (1957), aínda que neste libro xa se intúen temas que marcan toda a súa obra: a opresión e a violencia, a fugacidade do tempo, a soidade e a solidariedade, o amor e o desamor, a épica e os mitos.
Na década de 1960 achégase á poesía sociopolítica baixo o pseudónimo de Heriberto Bens, pero sen descoidar o rigor formal do poema. En 1976 publica Con pólvora e magnolias, libro que sinala un cambio de rumbo na poesía galega, desde o socialrealismo cara ao culturalismo, con múltiples referencias da cultura universal.
A Prosa da Posguerra (I)
A Narrativa na Década de 1950
Logo do obrigado silencio da etapa anterior á guerra, en 1951 publícase a primeira novela de posguerra: A xente da Barreira. Grazas á Editorial Galaxia, empezan a publicar tres autores importantes para o rexurdimento da narrativa:
Álvaro Cunqueiro
- Merlín e familia: nesta obra o autor actualiza as figuras lendarias da materia de Bretaña converténdoas en personaxes que viven nunha Galicia a medio camiño entre a realidade e os soños.
- As crónicas de Sochantre: esta obra está ambientada na Bretaña francesa e o protagonista é o Sochantre de Pontivy, quen participa nunha aventura extraordinaria en compañía dun grupo de personaxes que o levan na súa carroza fúnebre.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: é unha novela inspirada nos relatos orientais de As mil e unha noites. Narra os recordos e ilusións de Sinbad, un vello mariñeiro retirado que soña co seu regreso ao mar para facer as súas ansias reais de liberdade.
Estas tres novelas son recreacións de personaxes e de mitos literarios que Cunqueiro adapta de modo orixinal. Ademais, nas tres novelas emprega a mesma estrutura principal, que vai presentando a un grupo de personaxes, os cales á súa vez actúan como narradores doutras historias secundarias que enriquecen o relato.
Outros relatos presentan personaxes vinculados coa tradición popular e oral da cultura galega. Mestura o real e o marabilloso de xeito natural.
Eduardo Blanco Amor
Naceu en Ourense en 1897 e na súa mocidade tratou con Vicente Risco, que o puxo en contacto coas literaturas europeas. Desde moi novo dedicouse ao xornalismo e en 1919 emigrou a Bos Aires, onde se uniu ao labor cultural do nacionalismo. Regresou a Madrid, e alí contactou con Federico García Lorca e outros escritores da Xeración do 27. Na posguerra viviu na Arxentina, onde desenvolveu un enorme labor cultural relacionado con Galicia e publicou boa parte da súa obra. Volveu a Galicia no 62 e faleceu no 79. Foi un poeta vinculado coa Vangarda e tamén dramaturgo, pero destacou sobre todo como un dos mellores narradores da literatura galega contemporánea. A súa obra encádrase nunha corrente do realismo crítico e social. As súas obras narrativas ambiéntanse sempre na cidade de Auria, nome literario de Ourense, e son A esmorga, Os biosbardos e Xente de lonxe.
- A esmorga: É xa unha obra clásica da literatura galega. Trátase dunha novela de técnica innovadora: toda ela é un diálogo entre o acusado dun crime e o xuíz que o interroga; non obstante, o lector só coñece as respostas do acusado e non as preguntas da autoridade. A obra mostra a vida marxinal de tres personaxes violentos e solitarios que non se dan integrado no mundo do traballo e da lei, polo que o seu destino é a morte e o fracaso.
- Os biosbardos: é un libro de oito contos en que se recollen experiencias e anécdotas relacionadas co mundo da nenez e da adolescencia, sempre coa cidade de Auria como pano de fondo.
- Xente de lonxe: É a súa segunda novela en galego, reflicte a vida do proletariado da cidade de Auria a comezos do século XX e ofrece unha ambiciosa panorámica social, con multitude de personaxes e ambientes. Foi unha obra renovadora polo uso do monólogo interior e polo tratamento de temas tabú na literatura da posguerra, como o sexo, o aborto e a prostitución.
Ánxel Fole
Ánxel Fole (1903-1986) naceu en Lugo, onde residiu case toda a súa vida. Estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago e dedicouse ao xornalismo.
Fole destacou como escritor de relatos breves. A súa técnica narrativa baséase na dos contos populares de tradición oral: historias narradas por un personaxe ante outros personaxes que actúan de auditorio e cos que se establece un diálogo.
Os temas de Fole tamén proceden da tradición oral galega: historias de lobos e de meigas, de aparecidos, de premonicións ou avisos da morte, de lendas populares... O obxectivo que persegue Fole con estes contos é suxerir o sobrenatural, con atmosferas de misterio e de tensión. A maioría dos relatos transcorren nas terras luguesas en que viviu. Escribiu varios libros de contos, entre os que destacan:
- Á lus do candil (1953): colección de 15 contos; nela uns fidalgos e os seus criados quedan illados nunha torre do Courel e contan historias para pasaren a noite.
- Terra brava (1955): son historias de carácter sobrenatural relatadas con ironía; válese do artificio literario dun protagonista que atopa un cartafol con contos.
- Contos da néboa (1973): son 18 relatos de misterio ambientados na cidade de Lugo e outras vilas desa provincia.
A Prosa da Posguerra (III)
A Nova Narrativa: Características
Desde finais da década de 1950 ata comezos de 1960, a narrativa galega manifesta un evidente afán de ruptura coas formas e temas tradicionais da literatura anterior. Xurdiu así a denominada Nova Narrativa Galega: unha tendencia que asimila as correntes máis renovadoras que a novela europea e americana fora desenvolvendo ao longo do século XX (Franz Kafka, James Joyce, William Faulkner...)
No aspecto formal, a Nova Narrativa aposta pola ruptura da cronoloxía lineal do argumento. Dálle relevancia á técnica do monólogo interior, que expresa de forma directa o discurso mental dos personaxes. Por último, pon en práctica a técnica do ollo cinematográfico, pola que o narrador se comporta coma unha cámara.
No aspecto temático, as obras da Nova Narrativa presentan personaxes anónimos, marxinais e inadaptados, con tendencia á violencia e á autodestrución. A través deles suxírese o absurdo existencial, a agresividade oculta do ser humano, a influencia do subconsciente sobre o comportamento das persoas. Ademais, as historias desenvólvense en ambientes opresivos e claustrofóbicos, que fan agromar as obsesións máis íntimas dos personaxes.
A Nova Narrativa: Autores
A estiqueta de Nova Narrativa Galega imita o nome do chamado
Nouveau Roman francés. Entre os autores que os criticos incluen neste movemento destacan Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Gonzalo Rodríguez Mourillo, Camilo Gonsar e Xohana Torres.
2.1 Xose Luis Mendez Ferrin naceu en Ourense en 1938. En Madrid, na epoca universitaria, formou parte do grupo Brais Pinto; tras o regreso a Galicia, participou activamente na politica nacionalista da derradeira etapa da ditadura, sempre desde posicions ideoloxicas da esquerda revolucionaria e independentista. Na actualidade reside en Vigo, onde exerce como catedratico de literatura.
Ferrin e un escritor polifacetico, que cultiva a poesia, a narrativa, o ensaio e tamen o artigo xornalistico. No ambito da prosa de ficcion, podense distinguir tres etapas n asua obra:
Unha etapa inicial, dentro do movemento da Nova Narrativa, con libros de relatos como Percival e outras historias (1958) e O crepusculo e asformigas (1961), ademais da novela Arrabaldo do norte (1964).
Unha segunda etapa, na decada de 1970, mais centrada en ofrecer unha interpretación politica dunha nacion imaxinaria: Tagen Ata (1971) e varios libros de relatos breves.
Desde 1980, a narrativa de Ferrin combina a fantasia, o simbolismo e o realismo, a recreación da materia de Bretaña, o compromiso politico e a recuperacion da memoria da represion franquista. Esta etapa iniciase en 1982 cos relatos de Amor de Artur (1982), Arnoia, Arnoia (1987) e Arraianos (1991), e chega ata a actualidade coa novela No ventre do silencio (1999).
2.2 Carlos Casares Mouriño naceu en Xinzo de Limia en 1941. Cursou filosofia e letras na Universidade de Santiago e nesta cidade achegouse ao galeguismo da man de Ramon Piñeiro. En 1982 foi elixido deputado no Parlamento galego polas listas socialistas; na etapa democratica alternou o labor literario coa critica e o xornalismo, e dirixiu diferentes institucions culturais: a editorial Galaxia, a revista Grial e o Consello da Cultura Galega. Faleceu en Nigran (Pontevedra) en 2002.
No conxunto da producción narrativa de Casares distinguinse duas etapas:
Unha primeira etapa vinculada a renovación formal da Nova Narrativa. As suas obras desta epoca reflecten, dun modo autobiografico, a sociedade galega do franquismo. Pertencen a este grupo os relatos de Vento ferido (1967) e as novelas Cambio en tres (1969) e Xoguetes para un tempo prohibido (1975).
Unha segunda etapa en que Casares recupera un enfoque narrativo mais tradicional, renunciando ao experimentalismo. Logo dos relatos de Os escuros soños de Clio (1979), Casares comeza o novo ciclo con Ilustrisima (1980) e remata coa novela O sol do veran (2002), publicada póstumamente.
En canto aos temas, a obra de Casares manifesta unha concepción esceptica do mundo: personases frustrados por culpa da intolerancia, da violencia ou da hipocristia social. Con todo, a vision critica da sociedade non impide a emotividade, o humor e a ternura a hora de retratar o mundo interior dos personaxes.
3.Xose Neira Vilas: A marxe da Nova Narrativa Galega,tanto polos temas coma polo estilo, hai que situal, desde a decada de 1970, a obra literaria de Xose Neira Vilas.
Xose Neira Vilas naceu en Gres,Vila de Cruces (Pontevedra), en 1928, no seo dunha familia campesiña. Pasou a infancia e a adolescencia no mundo rural que logo recrearia nas suas obras, e en 1949 emigrou a Arxentin, onde desempeñou diversos traballos e contactou coa colectividade emigrante. Tras contrer matrimono coa escritora cubana Anisia Miranda, transladouse a Cuba, e ali desenvolveu unha intensa actividade cultural. Desde 1994 reside n asua aldea natal.
A narrativa de Neira Vilas inscribese na tradición da novela realista de tema social e espirico critico. O escritor certebra o conxunto da obra arredor de dous mixes tematicos: a Galiza rural do interior e a Galicia emigrante.
Con Memorias dun neno labrego (1961), unha das novelas de mais éxito da literatura galega, Neira Vilas iniciou un ciclo de obras en que describe o mundo rural desde unha perspectiva infantil ou adolescente. Esta obra, de estructura sinxela e linguaxe popular, esta narrada por Balbino, un humilde rapaz aldean que vive nun medio subdesenvolvido e pechado, que non ofrece mais saida ca a emigración.
A narrativa de Neira Vilas tamen aborda o mundo rural desde o punto de vista dos personaxes adultos. Estes relatos insisten na vision desesperanzada da sociedade campesiña, marcada pola pobreza, os prexuizos sociais e a violencia. Destacan obras como Xente no codicio (1965).
Con respecto a emigración, Neira Vilas denuncia as inxustizas que provoca: angustia, morriña, loita cotia para fuxir da miseria… e as unicas saidas parecen ser a revolucion e a solidariedade cos oprimidos. Neste grupo de obras destacan Historas de emigrantes (1968) ou Remuiño de sombras (1973).