A literatura galega no exilio (1936-1975): poesía, prosa e teatro

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 22,88 KB
Actualizado el

Resumen

Este documento presenta a literatura galega producida no exilio e na posguerra entre 1936 e 1975, tanto en América como en Galicia. Recorre a poesía comprometida, a prosa (novela e contos) e o teatro, así como as xeracións poéticas e os autores máis importantes de cada xénero. Ao rematar, o estudante coñecerá as principais correntes, obras e figuras desta etapa.

Puntos clave

  • Entre 1936 e 1950 a produción literaria galega en lingua galega foi escasa, e gran parte da cultura galega desenvolveuse en América (Arxentina, Uruguai, México, Cuba).
  • A Editorial Galaxia, fundada en 1950, marca o inicio da resistencia cultural e do despegue da cultura galega dentro de Galicia.
  • Na poesía predominan os temas da emigración, a Guerra Civil, a represión, o desterro e a saudade; destacan Lorenzo Varela e Luís Seoane.
  • Na prosa destacan Ramón de Valenzuela, Silvio Santiago, Antón Alonso Ríos, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas.
  • A Nova Narrativa galega, nos anos 50, incorpora técnicas como o monólogo interior, o tempo subxectivo e novos puntos de vista narrativos; entre os seus autores figuran Méndez Ferrín e Carlos Casares.
  • No teatro, a Mostra de Teatro de Ribadavia (desde 1973) favoreceu o nacemento do teatro profesional galego.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A literatura galega no exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa e teatro

O ano de 1936 supuxo un corte tráxico na nosa historia. Ata 1950, cando se funda a Editorial Galaxia, a produción literaria en Galicia na nosa lingua é realmente cativa e foi en América onde se tivo que abeirar a cultura galega. Arxentina, Uruguai, México ou Cuba son lugares de grande actividade política e cultural, nos que os exiliados galegos crean editoriais (neste eido cómpre salientar o traballo realizado por Luis Seoane, que funda varios selos editoriais para imprimir clásicos galegos, libros dos autores do exilio e outros prohibidos en Galicia), publican revistas (por exemplo, Galicia emigrante), emiten programas de radio (por exemplo, o Sempre en Galicia)e fundan institucións culturais (por exemplo, o Instituto Arxentino da Cultura Galega). A literatura no exilio é a gran descoñecida entre nós.

Poesía

Predomina a poesía comprometida, con temas como a epopea da emigración, a Guerra Civil e a represión fascista, o desterro, a saudade pola patria perdida, os mitos históricos do pasado... Podemos salientar dous autores: Lorenzo Varela, coa súa obra Lonxe (1954), e, sobre todo, Luís Seoane, unha das grandes figuras galegas do exilio, debido ao seu inxente e polifacético labor artístico. Dentro da súa obra poética podemos citar Fardel de exiliado (1952), As cicatrices (1959) e A maior abundamento (1972).

Prosa

A narrativa galega do exilio amosa unha clara preferencia polos temas da Guerra Civil e a novela autobiográfica. Podemos salientar tres autores: Ramón de Valenzuela (Silleda, 1914-Sanxenxo, 1980). A súa primeira novela Non agardei por ninguén, estruturada como un diario sen datas, inaugura o tema da Guerra Civil nas nosas letras: despois do golpe de estado militar de 1936, o protagonista foxe da represión pasando á zona republicana. A segunda novela, Era tempo de apandar, pode lerse como unha continuación da anterior: o protagonista, un militante galeguista, exíliase en Francia e durante a IIa Guerra Mundial a policía nazi devólveo á España de Franco. Silvio Santiago (Vilardevós, 1903-Compostela, 1974) escribiu dúas novelas, Vilardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e mais O silencio redimido, sobre a experiencia da Guerra. Antón Alonso Ríos (Silleda, 1887- Bos Aires 1980) relatou a súa arrepiante vida de fuxido, disfrazado de esmolante portugués, no libro O señor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte. Lembremos, ademais, que foi no exilio onde Castelao publicou o ensaio Sempre en Galiza e onde Blanco Amor e Neira Vilas editaron as súas primeiras novelas.

Teatro

Na inmediata posguerra o teatro en galego sobreviviu en América. En Arxentina estreouse en 1941 a obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, que representa unha nova maneira de facer teatro. Trátase dun espectáculo total no que teñen importancia moitos elementos: a palabra, a cor, o baile. Na década de 1950 Blanco Amor fundou en Bos Aires o Teatro Popular Galego, no que representou obras propias e doutros autores. A obra de seu foi recollida posteriormente en dous volumes, Farsas para títeres (pequenas obras cómicas con personaxes grotescos, que foron pensadas para representar con títeres) e Teatro para a xente (pezas nas que predomina a vertente popular e ruralista). A última obra que publicou foi Proceso en Jacobusland, na que incorpora a crítica policial e social a través do esperpento. Debemos salientar tamén o teatro de Luís Seoane que publica obras como A soldadeira, ambientada na Idade Media durante as rebelións irmandiñas, nas que o pobo é o protagonista que se ergue contra o poder asoballador feudal e eclesiástico.

A poesía entre 1936 e 1975

Logo da Guerra Civil, os primeiros síntomas de recuperación literaria en Galicia podemos datalos nos últimos anos da década dos corenta, cando se publican algunhas obras poéticas e se poñen en marcha diversos proxectos editoriais. Con todo, o primeiro paso importante para o despegue da cultura galega represéntao o nacemento en 1950 da Editorial Galaxia, na que os superviventes do galeguismo, conscientes de que perderan a batalla política, inician unha estratexia de resistencia cultural. Ademais de editar ensaios e publicacións periódicas.

Autores máis importantes

Nos anos cincuenta danse a coñecer case simultaneamente, por mor do corte na produción literaria en Galicia que tivera lugar nos anos anteriores, tres xeracións poéticas sucesivas: a) A xeración do 36. Constituída por poetas nados entre 1910 e 1920. Viviron a época das Irmandades e o período democrático da República, e cando comezou a guerra a maioría xa tiñan obras publicadas. Son as persoas que con grandes esforzos tenderon unha ponte entre a xeración das Irmandades e os máis novos: a través deles transmitiuse o legado da época Nós. Pertencen a esta xeración escritores como Aquilino Iglesia, Luís Seoane, Ricardo Carballo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Ma Álvarez, Lorenzo Varela, Xosé Ma Díaz. b) A promoción de enlace. Formada por poetas nados entre 1920 e 1930. A súa maduración intelectual produciuse nos anos máis duros da posguerra, período de censura e prohibición de todo libro, revista ou manifestación cultural que non compartise a ideoloxía oficial do franquismo. Sufriron polo tanto na súa mocidade unha desinformación grande verbo das tendencias filosóficas, literarias e artísticas europeas, así como do labor desenvolvido polos galeguistas antes da guerra. Por iso non é de estrañar que estes poetas comezasen escribindo en castelán, para pouco a pouco iren incorporándose á literatura galega grazas esencialmente á influencia da xeración anterior.

Poetas máis importantes: Antón Tovar, Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás. c) A xeración das Festas Minervais. Inclúense agora os poetas nados entre 1930 e 1940. Son maioritariamente universitarios, viaxaron por Europa e entraron en contacto con outras correntes literarias e de pensamento. A diferenza da xeración anterior, estes poetas comezaron a súa carreira literaria xa en galego. A importancia histórica desta xeración non se limitou ao plano literario. Algúns deles interviron activamente na fundación, na clandestinidade, dos primeiros partidos políticos galeguistas da posguerra: Unión do Pobo Galego (UPG) e Partido Socialista Galego (PSG). Os poetas máis importantes deste grupo: Manuel María, Uxío Novoneira, Bernardino Graña, Avilés de Taramancos e Méndez Ferrín.

Tipos de poesía cultivados neste período

1. Neotrobadorismo. O coñecemento dos cancioneiros medievais que fascinara os poetas dos anos 20 e 30 continuou nesta época, nun momento no que novamente se fixo necesaria a dignificación da nosa literatura por vía culta e aristocratizante. É o coñecido caso de Álvaro Cunqueiro, con Dona do corpo delgado, e podemos citar tamén a Xosé Ma Álvarez Blázquez, que escribe o Cancioneiro de Monfero e que presentou como a transcrición dun manuscrito medieval. A súa habilidade na imitación filolóxica provocou que nun primeiro momento algún especialista o considerase unha obra medieval.

2. Paisaxismo

O poema céntrase na descrición da paisaxe, con diversas intencións: a) procurar salientar a marabilla da natureza, explicable polo desexo do autor de refuxiarse nun mundo belido e idealizado que lle faga esquecer a dureza do mundo creado polos homes; b) utilizar a natureza para reflectir múltiples estados anímicos e para analizarse interiormente. Nesta liña podemos situar boa parte da obra de Aquilino Iglesia Alvariño.

3. Intimismo e existencialismo

Búscase agora máis directamente a expresión dos sentimentos, que poden ser de tipo positivo (o amor), ou negativo (a anguria de existir). Con todo, predominan os poemas pesimistas que dan lugar a toda unha escola poética: a Escola da Tebra. Un bo representante desta corrente é Antón Tovar.

4. Poesía social ou comprometida

Esta poesía da posguerra comezou aparecendo en América nos anos en que en Galicia o silencio era obrigado. Foron Celso Emilio Ferreiro e Manuel María os iniciadores en Galicia, en principio de forma tímida, deste tipo de poesía crítica, que se converteu en hexemónica a partir de 1962 cando Celso Emilio publicou Longa noite de pedra. Este libro coñeceu un extraordinario éxito en Galicia e no resto do estado, sobre todo nos eidos universitarios. O contido e o propio título da obra interpretouse como un símbolo da situación de España durante a ditadura: a longa noite de pedra da opresión e falta de liberdade. A partir deste poemario, o socialrealismo estendeuse á maior parte da nosa poesía converténdose en moda hexemónica ata mediados dos anos setenta, o que para algúns supuxo un certo empobrecemento no panorama literario. Outras obras de Celso Emilio que podemos adscribir a esta liña son: Cemiterio privado ou unha obra que resultou polémica na comunidade galega do exterior: Viaxe ao país dos ananos.

A prosa galega entre 1936 e 1975

.Dende o final da Guerra Civil non se volve publicar en Galicia unha novela no noso idioma ata 1951, ano en que se edita a obra de Ricardo Carballo Calero A xente da Barreira. A partir deste momento ímonos atopar, por unha banda, cunha serie de escritores moi novos que tentarán unha modernización radical da novela galega e, por outra, con catro creadores de máis idade: Eduardo Blanco Amor, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro e Xosé Neira Vilas que seguen unhas liñas máis persoais e que constituirán verdadeiros
fitos da literatura galega.1Ánxel Fole. Salientou como escritor de contos, que publicou agrupados en catro libros: Á luz do candil, Terra brava, Contos da néboa  e Historias que ninguén cre. A súa narrativa, encadrable no"realismo popular",combina humor co misterio. Gustáballe ambientar os seus contos en lugares illados. O medo
nocturno, as aparicións de lobos ou da Santa Compaña, as premonicións, e outras experiencias parapsicolóxicas son  elementos temáticos característicos dos seus relatos.

2.Álvaro Cunqueiro Foi un escritor polivalente: cultivou con mestría todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro e ensaio. Na súa obra narrativa combínase a realidade e a fantasía, o humor e o lirismo, o mundo rural galego e os mundos exóticos. Cunqueiro foi un dos pioneiros en España do chamado “realismo máxico”, fronte ao “realismo social” ou de denuncia das inxustizas que predominaba na novela española dos anos cincuenta. O autor mindoniense apostaba por un tipo de literatura ‘terapéutica’ na que o ensoño, a esperanza, a fantasía e a ausencia de maldade nos axudasen a suspender por uns intres o noso contacto coa realidade diaria. Na vida non podemos prescindir dos soños. Merlín e familia (1955). O mítico mago Merlín vive nas terras luguesas, e en diferentes episodios, nárransenos as visitas de personaxes marabillosos que veñen pedirlle consello.As crónicas do Sochantre (1956). Trasládasenos á Bretaña francesa, onde un músico que ten que ir tocar a un enterro sobe a unha misteriosa carroza. Nela viaxan unha serie de persoas mortas que lle contan candansúa historia e a razón pola que non descansan en paz. Se o vello Simbad volvese ás illas... (1961)un clásico da literatura árabe. Ademais, Cunqueiro escribiu tres libros de semblanzas: Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes. Relatos curtos que conteñen retratos de menciñeiros, personaxes e animais imaxinarios.


3.Eduardo Blanco Amor (1900-1979)É un dos grandes novelistas da literatura galega. Amigo de García Lorca e Rafael Alberti, viviu en Arxentina máis de 40 anos e formou parte do círculo literario bonaerense no que tamén estaban Borges, Sábato ou Dieste. A esmorga (1959) está considerada unha das mellores obras da literatura europea durante o séc. XX e foi levada ao cinema e ao teatro. Blanco Amor constrúe a súa novela cunha moi novidosa e económica técnica narrativa (“a técnica telefónica”, como logo se chamaría). Asistimos a un longo interrogatorio que lle fan ao personaxe principal, Cibrán , sobre os fatais acontecementos protagonizados por el e outros 2  compañeiros nun día de esmorga. No relato só aparece o texto de Cibrán, mais as preguntas en castelán do xuíz dedúcense doadamente a partir das respostas en galego do narrador protagonista. É este un magnífico procedemento descuberto por Blanco Amor para, por unha banda, evitar un bilingüismo pasado de moda mais ineludible nunha reprodución fotográfica da realidade como a que pretende ofrecernos, e, por outra banda, simbolizar a existencia dunha xustiza arrepiante, sen voz e rostro, distante e prepotente, que condena de
antemán. A obra inclúe moitos dos elementos dunha traxedia clásica. A obra foi prohibida en España e tivo que ser publicada en Arxentina en 1959. En 1970 a censura franquista autoriza a súa publicación en Galicia pero con 


algunhas mutilacións. Os biosbardos (1962) conxunto de 7 relatos protagonizados por nenos e adolescentes, configuran unha especie de crónica da súa aprendizaxe vital. A súa temática versa sobre a incomprensión por parte dos maiores, o desafío das normas, a descuberta do sexo...
Xente ao lonxe (1972) reconstrución novelada do Ourense de principios de século, dende a perspectiva dos diferentes membros dunha familia obreira. A través deles coñecemos o tecido social da cidade e os temas de debate sobre a educación, a pobreza, a política, a emigración... A acción está temporalmente marcada por 3 acontecementos históricos: a Guerra de Marrocos, a Semana Tráxica de Cataluña e o Motín de Oseira.4Xosé Neira Vilas Viviu gran parte da súa vida en Arxentina e en Cuba. Dentro da súa obra narrativa, podemos distinguir tres liñas: a da épica rural, a da emigración(Historias de emigrantes) e a alegórica. Memorias dun neno labrego (1961) foi a súa primeira novela e constituíu un auténtico fito nas nosas
letras, xa que resultou ser a máis vendida da literatura galega, con máis de seicentos mil exemplares. Narra a
vida da aldea galega da posguerra dende o punto de vista dun neno, Balbino. O protagonista vai escribindo
nun diario a súa vida: o traballo, a amizade, os primeiros amores..., e tamén a morte, a miseria, os abusos dos
poderosos e o desexo de emigrar. 


A NOVA NARRATIVA GALEGA.Esta etiqueta procedente do Nouveau Roman francés, sérvenos para agrupar autores que comezaron a publicar nos anos 50 sendo moi novos e que buscaron incorporar á literatura galega moitas das técnicas anovadoras aparecidas na novela universal do séc. XX. Os seus principais membros, todos eles con formación universitaria e bos coñecedores da literatura europea e americana,foron Gonzalo R. Mourullo, María Xosé Queizán,Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares. Para algúns críticos o corpus da Nova Narrativa abrangue unhas 20 obras publicadas entre 1954 e1971, pero para outros habería que incluír máis. Dende o punto de vista temático, intentaron reflectir nas súas obras a situación alienante vivida pola xente a causa da ditadura, a industrialización e a sociedade de consumo. Xurdiron entón historias nas que predominaba a sensación de soidade, terror, anguria e confusión mental. Dende o punto de vista técnico, para representar esta realidade sentida como deshumanizada, introducen bastantes cambios: a) Emprégase moito o monólogo interior. Os contidos psíquicos son presentados tal e como flúen na conciencia do individuo, sen unha organización lóxica dos mesmos. b) Rexéitase o tempo lineal á hora de contar os contar os acontecementos e óptase por un tempo subxectivo no que se funden pasado, presente e futuro.Prodúcense constantes saltos temporais 


cara ao pasado e cara ao futuro. c) O espazo deixa de ser simplemente o decorado realista da acción para cargarse tamén de subxectividade ou adquirir un senso simbólico. d) As historias xa non se contan a través dun narrador omnisciente, senón que se poñen en práctica novos puntos de vista: o narrador-cámara, narrador-protagonista , o narrador-testemuña. Ás veces, ademais, utilízanse varios narradores nun mesmo relato para mostrar a realidade dende unha perspectiva diversa.2 autores fundamentais neste período:Xosé Luís Méndez Ferrín. figura clave no panorama literario galego. Sobrancea como narrador, poeta e ensaísta. Dirixe a revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro e ten sido proposto como candidato ao Premio Nobel de literatura.Narrativa breve •Percival e outras historias. o seu 1º libro de relatos no que xa aparecen características que serán constantes en gran parte da súa narrativa: a mestura dos mundos fantástico e real, a introdución de personaxes míticos,a nominación exótica de espazos e personaxes,etc. •O crepúsculo e as formigas . Crea un ambiente inquedante onde as persoas camiñan coma formigas en ringleira, movidas por forzas cegas que impoñen un tráxico destino. •Elipse e outras sombras. Narracións nas que aparece a violencia do Estado represor e a loita dende a clandestinidade dos inconformistas. •Amor de Artur .retómanse as lendas 


artúricas para soñar coa Galicia desexada,en contraposición á real •Arraianos . O título alude á localización dos contos na raia ourensá con Portugal. Novela: •Arrabaldo do norte .O protagonista é un home perdido polas rúas dunha cidade allea•Retorno a Tagen Ata. Foi entendida como unha parábola política. •No ventre do silencio. Novela que recrea o ambiente universitario de Compostela en 1950.Carlos Casares presidente do Consello da Cultura Galega e director da editorial Galaxia. Incluímos aquí o conxunto da súa obra narrativa, aínda que só os seus primeiros libros están dentro da Nova Narrativa. Dende polo menos a publicación de Ilustrísima foi un autor realista, preocupado de que as innovacións técnicas non dificultasen a comunicación co lector.Narrativa breve:•Vento ferido .12 relatos que nos falan do sufrimento vital.•Os escuros soños de Clío. relatos que teñen como pano de fondo a historia de Galicia séc. X-XX.Novela: •Xoguetes para un tempo prohibido.Crónica dunha mocidade nacida na posguerra.•Ilustrísima. Ambientada en Ourense do séc. XX. •Os mortos daquel verán . circunstancias da morte do farmacéutico Ernesto nos primeiros días da guerra civil.•Deus sentado nun sillón azul. Presenta na época da posguerra un galeguista renegado que abrazou a causa da ditadura. Na novela reflexiónase verbo da responsabilidade dos intelectuais nos réximes totalitarios.


O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1975:1936 supón un corte violento na nosa historia e se a literatura galega ten dificultades para sobrevivir en Galicia, moitas máis terá o teatro, un espectáculo público de difusión directa que sempre amolou os poderes establecidos cando non foron quen de controlalo. A partir da década dos 50 publícanse obras de autores da xeración anterior á Guerra Civil, como Carballo Calero ou Álvaro Cunqueiro. O exemplo dos maiores serviu de estímulo a outra promoción de autores máis novos que algúns estudosos denominan "Xeración dos 50", entre os que podemos salientar a Daniel Cortezón, Xohana Torres e Manuel María. Daniel Cortezón especializouse en obras de temática histórica, tanto medieval como contemporánea, para as que realiza un gran traballo previo de investigación e documentación. Xohana Torres aborda o drama social. Manuel María escribiu varias pezas teatrais para rapaces, obras de crítica ao réxime franquista e outras con certo carácter didáctico. En 1965 xorde na Coruña o grupo de teatro"O Facho"e despois o "Teatro Circo",os 2 da man dun dos homes clave da escena galega, Manuel Lourenzo.O seu desexo era crear un teatro independente que se achegase ao pobo con compañías itinerantes, como acontecera na 2º República. Había que conseguir salas estables para representacións, forma actores e técnicos,e pór a andar escolas de teatro.


O 1973 é importante porque é cando a Agrupación Cultural Abrente convoca por1ºvez a Mostra de Teatro de Ribadavia,ata o ano 1980. Destes encontros nacerá o teatro profesional, con compañías como "Antroido" ou "Artello", e unha serie de dramaturgos premiados no concurso teatral que tamén se convocaba e que coñecemos como Grupo Abrente ou Grupo de Ribadavia: Euloxio R. Ruibal: a súa obra Zardigot gaña o Premio Abrente da1ºMostra de Teatro de Ribadavia. Nela, unha nai busca ao seu fillo no medio do horror dunha guerra.Roberto Vidal Bolaño: deuse a coñecer tamén nas mostras de Ribadavia e para algúns representa a figura +importante do teatro galego do último cuarto sécXX. Foi un dos pioneiros do teatro profesional e fundou "Antroido" e "Teatro do Aquí". De entre a súa produción teatral, podemos citar: Criaturas , na que o mito de Frankenstein se traslada á sociedade actual,e Animaliños,unha comunidade de veciños que viven nunha urbanización de chalés acaroados están tan obsesionados coas cousas materiais que esquecen o+importante e se deshumanizan.Manuel Lourenzo (1943). exerce case todos os oficios que teñen que ver coa arte dramática. funda con Francisci Pillado a Escola Dramática Galega  e publican os Cadernos desta. Actualmente dirixe, "Casahamlet".Como dramaturgo, escibiu+100obras, nas que podemos distinguir2 liñas:"mítica"e "teatro inmediato

Preguntas frecuentes

Cal foi o papel da Editorial Galaxia na literatura galega?

A Editorial Galaxia, fundada en 1950, representou o primeiro paso importante para o despegue da cultura galega, dentro dunha estratexia de resistencia cultural. Tamén editou ensaios e publicacións periódicas.

Que características tiña a poesía social ou comprometida?

Era unha poesía crítica con temas sociais e políticos, que se fixo hexemónica a partir de 1962 cando Celso Emilio Ferreiro publicou Longa noite de pedra. Manterase como moda dominante ata mediados dos anos setenta.

Que é a técnica narrativa de A esmorga de Blanco Amor?

A novela constrúese como un longo interrogatorio: só aparece o texto de Cibrán, mentres que as preguntas do xuíz dedúcense a partir das súas respostas. Este procedemento é coñecido como a técnica telefónica.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Onde se desenvolveu gran parte da cultura galega entre 1936 e 1950?
2. En que ano se funda a Editorial Galaxia?
3. Que libro de Celso Emilio Ferreiro inaugurou a hexemonía da poesía social a partir de 1962?
4. Que novela de Eduardo Blanco Amor está considerada unha das mellores obras europeas do século XX?
5. Que movemento narrativo de Cunqueiro se opón ao realismo social?
6. Que xeración teatral se denomina a partir da década dos 50?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.