Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: etapas, obra e contexto
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,61 KB
Actualizado el
Resumen
O documento presenta as etapas literarias de Eduardo Pondal, con atención a Os Eoas e Queixumes dos pinos, e a obra de Manuel Curros Enríquez, como Aires da miña terra e O divino sainete. Tamén recolle conceptos de sociolingüística como a diglosia e o bilingüismo e explica o conflito lingüístico do galego co castelán.
Puntos clave
- Pondal distingue unha primeira etapa romántica (1854-1868) e unha segunda de rexionalismo e bardismo (1877-1886).
- Queixumes dos pinos (1886) é a obra máis importante de Pondal e consagra a súa figura como bardo do pobo galego.
- Os Eoas é unha epopea que ficou inédita ata 1922.
- Aires da miña terra (1880) de Curros Enríquez foi censurado pola autoridade eclesiástica.
- O divino sainete (1888) é un poema satírico inspirado na Divina Comedia de Dante.
- A diglosia é a situación en que unha lingua ten máis prestixio que outra, relegándoa a usos menos valorados.
- No caso do galego, a presión do castelán provocou diglosia e falta de autoestima lingüística.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Eduardo Pondal: Obra e Etapas
1. Primeira etapa (1854-1868)
Caracterizada polo dominio romántico, aínda que sen deixar de causar unha sensible influencia clasicista. A esta etapa, na que escribiu en galego e castelán, pertencen:
- Primeira versión da súa epopea Os Eoas (obra que o ocupou durante toda a súa vida).
- Poema A campana de Anllóns, presentado nos Xogos Florais de 1861 na Coruña.
2. Segunda etapa (1877-1886)
Correspóndese coa época do rexionalismo e a Cova Céltica. É a época do bardismo pondaliano, onde o autor asume o papel de bardo do pobo galego e difunde a ideoloxía galeguista baseada no mito do celtismo.
- Rumores de los pinos (1877): versión inicial e bilingüe.
- Queixumes dos pinos (1886): froito dun profundo labor de refundición formal.
Os Eoas
Poema épico que reflicte o pensamento dos anos mozos e a evolución cara á ideoloxía rexionalista. É unha obra memorable por:
- A consolidación do galego como vehículo de cultura.
- A conformación dunha epopea nacional que responde ás expectativas do rexionalismo.
A obra ficou inédita ata 1922.
Queixumes dos pinos
A súa obra máis importante, onde se consagra como o bardo do pobo galego. Supón un avance cara ao simbolismo idealizante.
Temática
- Poesía cívico-patriótica: Exaltación de Galicia e o celtismo (Breogán). Opón un pasado/futuro (masculino, valente) a un presente (feminino, suave).
- Poesía lírica: Natureza atemporal e visión da muller (idealizada ou como obxecto de paixón).
Estilo
- Emprego de versos de variada medida.
- Interpretación simbólica da natureza e humanización da paisaxe.
- Uso de epítetos e intención ética.
Manuel Curros Enríquez
Vida e obra
Dáse a coñecer con A virxe do cristal, O gaiteiro e Unha voda en Einibó. Publicou dous libros fundamentais:
- Aires da miña terra (1880): censurado pola autoridade eclesiástica.
- O divino sainete (1888).
Aires da miña terra
Obra de denuncia social que pretende enviar unha mensaxe libertadora, mostrando as causas do atraso do país.
- Poesía social ou cívica: Crítica á Igrexa, fidalgos e caciques.
- Poesía costumista: Continuador da liña de Rosalía.
- Poesía lírica: Expresión de sentimentos persoais e visión pesimista.
O divino sainete
Poema satírico inspirado na Divina Comedia de Dante. É unha crítica á sociedade, á Igrexa e a personaxes políticos e culturais da época.
Sociolingüística: Linguas e Conflito
- Linguas hexemónicas: Gozan de prestixio social e poder.
- Linguas minorizadas: Sometidas a procesos de dominación e políticas de asimilación.
- Bilingüismo: Capacidade de expresarse en dúas linguas con igual consideración social.
- Diglosia: Situación onde unha lingua ten máis prestixio que a outra, relegando a segunda a usos menos valorados.
O conflito lingüístico
Ocorre cando dúas linguas compiten nun mesmo territorio. No caso do galego, a presión do castelán provocou unha situación de diglosia, xerando falta de autoestima e autoodio. As alternativas son o uniformismo lingüístico ou o ecolingüismo (conservación da diversidade).
Preguntas frecuentes
Cales son as etapas da obra de Eduardo Pondal?
A primeira etapa vai de 1854 a 1868, con dominio romántico e obras como A campana de Anllóns. A segunda vai de 1877 a 1886, na época do rexionalismo e da Cova Céltica, con Rumores de los pinos e Queixumes dos pinos.
Que é Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez?
É unha obra de denuncia social publicada en 1880 que mostra as causas do atraso do país. Foi censurada pola autoridade eclesiástica e combina poesía social, costumista e lírica.
Que é a diglosia?
É a situación en que unha lingua ten máis prestixio social que outra e relega a segunda a usos menos valorados. No caso do galego, a presión do castelán provocou esta situación.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.