Liberalismo e República en Galicia: Século XIX
1. Liberalismo doutrinario: moderados e progresistas
Establece o liberalismo doutrinario no que destacan a monarquía constitucional, a soberanía compartida, sufraxio censitario, limitación dos dereitos individuais e o catolicismo de Estado.
2. O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal. 1833-1836
Ó morrer Fernando VII, queda a súa muller rexendo no nome da súa filla que era menor de idade, pero para asegurar o trono apoiouse nos moderados (realistas e liberais) e permitiu que retornasen os exiliados liberais. A reforma provincial dividiu España en 49 provincias e cada unha cun xefe provincial.
Mª Cristina viuse obrigada a nomear xefe de Goberno a Martínez de la Rosa e facer concesións políticas como o Estatuto Real.
As revolucións de 1835 e 1836
En 1835 producíronse en España revoltas, motíns e pronunciamentos de carácter popular e formáronse xuntas locais que asumiron o goberno e restableceron a Constitución de 1812. Mª Cristina cedeu o goberno a Mendizábal, pero a súa actuación orixinou unha desconfianza en Mª Cristina e os moderados sendo substituído entón por Istúriz que tamén provocou protestas. En 1836 houbo novos levantamentos populares e a raíña viuse obrigada a xurar e restaurar a Constitución de 1812, confiou o poder ós progresistas nomeando a Calatrava xefe de Goberno.
En 1833, é cando se proclama raíña a filla de Fernando VII pero ó mesmo tempo en España hai levantamentos ultrarrealistas nos que se recoñecía como rei a Carlos V, igual que o facían o clero e a fidalguía rural.
A Primeira Guerra Carlista (1833-1839) enfrontou a carlistas e isabelinos, practicouse a guerra de guerrillas que foi longa debido á resistencia dos carlistas e a debilidade das tropas isabelinas. Establécense 3 fases:
- Primeira fase (setembro 1833-xullo 1835) na que triunfan os carlistas nas provincias vascas, Navarra e determinados lugares do norte de Castela, A Rioxa, o Maestrazgo e Cataluña.
- Segunda fase (xullo 1835-outubro 1837) na que os carlistas amplían as súas accións cara Galicia, Andalucía, Extremadura e Madrid fracasando.
- Terceira fase (outubro 1837-xullo 1840): gañan isabelinos e prodúcese nos carlistas unha división interna entre os partidarios dun pacto co goberno de María Cristina, que asinaron en 1839 o Convenio de Vergara que recomendaba ó goberno a modificación dos foros e recoñecían os empregos dos graos dos militares do exército carlista aceptando a cambio os carlistas a Constitución de 1837 e recoñecían a Sabela II, e os partidarios de seguir loitando. Pero a guerra continuou porque Carlos de Borbón non aceptou o acordo, que foi abandonado polas súas tropas.
Iniciouse a desaparición do Reino de Galicia en 1808, cando a Xunta do reino se mostrou ineficaz para dirixir a guerra contra os franceses, quedando organizada en 4 provincias.
3. O réxime progresista de 1837. 1836-1843
En 1836 acceden ó Goberno os progresistas. Restauraron a Constitución de 1812 e as leis do Trienio Liberal e convocaron Cortes constituíntes co obxectivo de establecer as novas bases do sistema político. Elaboraron así unha nova constitución en 1837 gobernando tanto moderados como progresistas.
Segunda fase da rexencia de María Cristina de Borbón. 1836-1840
Primeiro gobernaron os progresistas pero foron desprezados polo que pasa ós moderados, pero as protestas dos progresistas e da Milicia Nacional queren corrixilo, Mª Cristina négase á limitación dos seus poderes o que fai que renuncie a rexer e exíliase a Francia.
Quedou rexendo entón Espartero, que tamén tivo que renunciar e exiliouse a Londres. Agora o goberno é formado por progresistas e moderados, desaparece entón a Milicia Nacional, renóvanse os mandos militares e adiántase a maioría de idade ós 13 anos de Sabela II iniciando o seu reinado en 1843.
4. O réxime moderado de 1845. 1843-1868
Sabela casou con Francisco de Asís pero mantiña relacións extramatrimoniais polo que protagonizou numerosos escándalos, a vida política entón foi repercutida polo seu carácter. Favoreceu a Igrexa xa que os seus conselleiros eran eclesiásticos e apoiouse nos moderados. A Constitución de 1845 e a lei de Concellos incrementaron o poder da Coroa provocando tres períodos: a Década Moderada 1843-1854, o Bienio Progresista 1854-56, e o período de goberno moderado-unionista 1856-68. En 1868 a acción da oposición expulsou a Sabela II do trono de España.
A finais de 1843 gobernaban moderados, dirixidos por Narváez. As novas Cortes elaboraron a Constitución moderada que foi aprobada en 1845.
A Década Moderada. 1843-1854
Desde o comezo do reinado de Sabela II, os moderados actuaron de acordo cos seus intereses (alta burguesía e aristocracia) beneficiándose do control político do Estado.
Os sectores máis radicais dos progresistas por non ter o poder organizaron pronunciamentos que fracasan.
En Galicia, os progresistas realizaron en 1846 un pronunciamento encabezado por Miguel Solís. Rapidamente sumáronse diversas cidades galegas (agás A Coruña e Ourense), os revolucionarios estableceron en Santiago unha Xunta Superior de Galicia. As tropas sublevadas foron derrotadas e Solís e once oficiais foron fusilados en Carral, son os Mártires de Carral.
O Bienio Progresista. 1854-1856
En 1854, os progresistas e os moderados descontentos protagonizaron un pronunciamento militar. A raíña, atemorizada e sen apoios, nomeou a Espartero xefe de Goberno e a O’Donnell ministro de Guerra. As novas Cortes elaboraron unha nova Constitución, que non chegou a promulgarse.
Na actuación dos gobernos progresistas destacan: a Lei de desamortización xeral e a Lei de ferrocarrís.
A década moderada-unionista e a fin do reinado. 1856-1868
Entre 1856 e 1868 alternáronse no poder os moderados e os membros da Unión Liberal. A Constitución de 1845 foi restaurada, lográndose unha estabilidade política.
A política da Unión Liberal propiciou o desenvolvemento de empresas militares fóra de España para prestixiar a monarquía española e lograr a exaltación patriótica e a unión de todas as forzas políticas nunha causa común.
En 1866, as discrepancias entre a raíña e o xefe de Goberno O’Donnell, remataron cunha profunda crise política e a súa expatriación a Francia. Narváez asumiu a presidencia, gobernando de forma case ditatorial.
No exilio, progresistas e demócratas, acordaron unir as súas forzas para derrocar a Sabela. Tras a morte de O’Donnell, os unionistas contactaron coas forzas antiborbónicas; pouco despois faleceu Narváez. A raíña estaba soa. En 1868, unionistas, progresistas e demócratas destronaron a Sabela II.
3. Sexenio Democrático 1868-1874
En 1868, os Borbóns foron expulsados do trono de España e configurouse un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.
1. Liberalismo democrático: demócratas e republicanos
Os demócratas derivan dos progresistas e xorden no 1840, é un grupo reducido e subdivídense en monárquicos e republicanos.
2. A Revolución de 1868
Debido ás malas colleitas e ás dificultades económicas prodúcese un malestar social e todos os políticos se uniron polas actuacións da raíña.
A Revolución Gloriosa
Iniciouse en 1868 en Cádiz cun pronunciamento das tropas da Mariña. Pouco despois, os sublevados venceron as tropas da raíña na batalla de Ponte de Alcolea. Ó mesmo tempo, estimuladas polas progresistas, demócratas e republicanos, xorden xuntas revolucionarias. O triunfo revolucionario obrigou a Sabela II a abandonar España cara ó exilio en París, formándose un Goberno provisional formado por unionistas e progresistas e contaba co apoio dos demócratas (unionista). Este Goberno asumiu os principios defendidos polas xuntas e puxo en marcha numerosas reformas, tanto políticas como económicas e convocou Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal. Gañaron as eleccións os monárquicos.
A Constitución de 1869
Inspirada nos principios do liberalismo democrático, logo Serrano foi nomeado rexente provisional de España mentres non atopaban o adecuado, que foi Amadeo de Savoia.
3. A Monarquía democrática de Amadeo I. 1871-1873
Savoia aceptou a Coroa e xurou a Constitución en 1871. Non tivo apoio do pobo en xeral, co único apoio que contaba, que era o do xeneral Prim, esvaeceuse coa súa morte. Ademais, o seu reinado presentaba inestabilidade política que lle ocasionou moitos problemas e logo a súa renuncia á Coroa. Entón, o Congreso e o Senado formaron unha Asemblea Nacional proclamando a República.
4. A Primeira República. 1873-1874
A Asemblea Nacional Republicana asumiu todos os poderes e nomeou presidente do poder executivo a Figueras.
Pero os republicanos estaban en desacordo e provocaron inestabilidade política, convocáronse entón eleccións para formar unha Asemblea Nacional constituínte, que foron gañadas polos federais. Esta proclamou a república federal tendo como presidente a Pi i Margal. A axitación social e política incrementouse en toda España e houbo folgas e protestas. Tamén, os federais comezaron a proclamar a independencia de cantóns que provoca a dimisión do presidente da república.
O Goberno republicano estivo presidido por Nicolás Salmerón que se tivo que apoiar nos militares para restablecer a orde pero tamén tivo que dimitir. Sucedeulle Castelar, que conseguiu poderes para facer fronte ás guerras e poder gobernar varios meses por decreto apoiado polos militares conservadores, pero pronto se disolve a Asemblea Nacional.
Agora asume o poder executivo da República Serrano pero prodúcese inestabilidade, medo e revolución social favorecendo os intentos de Cánovas de restaurar a monarquía de Afonso de Borbón. En 1874, o xeneral Martínez Campos pronunciouse a favor de Afonso XII rematando coa España republicana.
5. O republicanismo en Galicia durante o Sexenio
En Galicia prodúcese a organización da República, comezando por vilas e cidades e espallándose e os republicanos foron asinando pactos polas provincias de España
A oposición republicana:
En 1869, tiveron lugar insurreccións contra a Monarquía. Os federais galegos celebraron en Santiago (1873) a Asemblea Cantonal de Galicia na que acordaron a creación do Partido Republicano Federal de Galicia e a súa independencia con respecto ós organismos centrais do Partido Federal existentes en Madrid.
A Primeira República en Galicia
A defensa da república federal, da creación do Cantón de Galicia e da necesidade de levar a cabo distintas reformas sociais, deron ós federais un rotundo éxito electoral. Durante a Primeira República os federais galegos lograron materializar algunhas vellas aspiracións dos galegos. No entanto, as divisións internas, os crecentes problemas sociais e cantonalistas debilitaron a República ata a súa desaparición.