Crises baixomedievais en Galicia: Peste Negra e Revoltas Irmandiñas

HistoriaActualizado el 3,73 KB

Resumen

O texto explica as crises económica e demográfica da Baixa Idade Media en Europa e Galicia, incluíndo a fame e a Peste Negra do século XIV. Analiza tamén os problemas sociais e a violencia que xurdiron, así como as revoltas campesiñas da Península Ibérica. Por último, detalla o movemento irmandiño galego, as súas dúas guerras e as súas consecuencias.

Puntos clave

  • A partir do século XI Europa viviu unha etapa de expansión que durou ata o século XIV, seguida dunha crise económica e demográfica.
  • A Peste Negra, a mediados do século XIV, causou a morte de entre o 25 % e o 35 % da poboación.
  • A caída da produción redujo as rendas señoriais e a nobreza impuxo novas cargas aos campesiños, os chamados “malos usos”.
  • O movemento irmandiño galego foi o principal conflito social de Galicia no século XV.
  • A primeira guerra irmandiña (A Fusquenlla) ocorreu en 1431 e a Grande Revolta Irmandiña, entre 1467 e 1469.
  • As revoltas fracasaron e consolidaron a nobreza e o clero como estamentos privilexiados.

Ponte a prueba

As Crises Baixomedievais: Galicia e as Irmandiñas

A partir do século XI, Europa viviu unha etapa de expansión, tanto económica como demográfica, que duraría ata o século XIV. Desde ese momento, comezou un período de crise económica que desembocaría nunha crise demográfica e provocaría graves problemas sociais.

A Crise Demográfica: Fame e Peste Negra

A comezos do século XIV sucedéronse varios anos de malas colleitas, o que deu lugar á aparición de episodios de fame. Os corpos malnutridos estaban demasiado febles para combater as epidemias. A mediados dese mesmo século desatouse unha virulenta epidemia de peste negra que provocou a defunción de gran parte da poboación: calcúlanse entre o 25 % e o 35 % os mortos pola enfermidade. A peste penetrara a través de Mallorca e, desde alí, estendeuse a Castela e ao Oeste, co que todo o territorio sufriu perdas. O crecemento da poboación paralizouse ata ben entrado o século XX.

Problemas Sociais e Novas Formas de Violencia

Como resultado da combinación das crises demográficas e económicas, apareceron problemas sociais. A perda da poboación provocou unha caída da produción, o que levou a unha diminución das rendas señoriais. Por iso, a nobreza buscou novas fontes de ingreso. Por un lado, impuxéronlles novos impostos e obrigas aos campesiños (os chamados “malos usos”); polo outro, exerceron violencia contra outros señores, os campesiños ou incluso o rei para saquear recursos e riquezas. Tamén se intensificou a violencia contra as minorías, e os xudeus sufriron numerosos progromos, especialmente desde finais do século XIV.

Revoltas Campesiñas na Península Ibérica

En Cataluña estalou unha guerra civil entre a oligarquía catalá e o rei Xoán II de Aragón, acusado de intentar impoñer unha monarquía autoritaria. Estalou tamén a revolta dos foráneos en Mallorca.

Os campesiños reaccionaron tamén violentamente contra os señores, e por todo o territorio peninsular apareceron revoltas campesiñas. Destacan a revolta dos pagesos de remença cataláns (1462) e, sobre todo, as revoltas irmandiñas galegas.

O Movemento Irmandiño Galego: Contexto e Obxectivos

O movemento irmandiño galego foi o principal conflito social en Galicia no século XV, formado por irmandades de campesiños, vasalos, burgueses e membros da baixa nobreza e da fidalguía para enfrontarse aos abusos dos señores, que buscaban resarcirse da crise á custa dos campesiños. Este movemento protagonizou dúas guerras irmandiñas.

A Primeira Guerra Irmandiña (A Fusquenlla)

A primeira, tamén coñecida como Fusquenlla, tivo lugar en 1431, cando os vasalos de Nuño de Andrade se enfrontaron ao seu señor e mais ao arcebispo de Santiago. Axiña foron derrotados.

A Grande Revolta Irmandiña (1467-1469)

A segunda, a Grande Revolta Irmandiña, espallouse por todo o territorio galego, enfrontando uns 80.000 homes contra os seus señores e o arcebispo de Santiago, entre 1467 e 1469. Aínda que inicialmente a nobreza se viu obrigada a fuxir a Portugal e Castela pola destrución de máis de 130 fortalezas, reorganizados por Pedro Álvarez de Soutomaior recuperaron os seus territorios e someteron os campesiños. Na derrota irmandiña influíu tanto a traizón dos fidalgos, que se foron pasando ao outro bando, como a superioridade bélica dos cabaleiros. A represión foi brutal.

Consecuencias das Revoltas Irmandiñas

Foi un fracaso para a burguesía galega, que viu truncadas as súas aspiracións de desenvolver o seu propio proxecto político, e supuxo a consolidación da nobreza e do clero como estamentos privilexiados.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando ocorreu a Grande Revolta Irmandiña?

A Grande Revolta Irmandiña desenvolveuse entre 1467 e 1469 e espallouse por todo o territorio galego.

Que foi a Fusquenlla?

A Fusquenlla foi a primeira guerra irmandiña, que tivo lugar en 1431, cando os vasalos de Nuño de Andrade se enfrontaron ao seu señor e ao arcebispo de Santiago.

Por que fracasou o movemento irmandiño?

Influíron a traizón dos fidalgos, que se pasaron ao bando contrario, e a superioridade bélica dos cabaleiros. A represión foi brutal.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que século xurdiu a Peste Negra en Europa?
2. Por onde penetrou a peste na Península Ibérica segundo o texto?
3. Que eran os chamados “malos usos”?
4. Que nome recibe a primeira guerra irmandiña?
5. Que pasou coa burguesía galega tras as revoltas?
6. Canto se calcula que morreu da poboación pola Peste Negra?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.