Economía e Sociedade na Galicia dos Austrias (XVI-XVII)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,56 KB

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

A economía e sociedade na Galicia dos Austrias segue sendo de Antigo Réxime: economía agraria de subsistencia, réxime demográfico primitivo e sociedade estamental.

Máis do 80% da poboación vivía no rural durante os séculos XVI e XVII. Na distribución demográfica non había tanto desequilibrio entre a Galicia occidental e a do interior.

Crise e transformación do sistema produtivo

Ata 1560-1580 mantívose o sistema tradicional de produción feudal baseado no cultivo de cereais e no barbeito, que permitiu o crecemento da poboación. A partir destas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición de malas colleitas, fames e peste, que provocaron a diminución da poboación.

Estas dificultades estimularon a transformación do sistema de cultivo. Foise estendendo o cultivo de millo, que alterou o sistema de rotacións, diminuíndo o barbeito. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da poboación; esta situación contrastaba co panorama negativo do século XVII no resto de Europa.

A actividade pesqueira e o comercio marítimo

A actividade pesqueira mantívose no século XVI no Mediterráneo e o Atlántico. Por exemplo, Pontevedra tiña o control da pesca na ría e o monopolio do peixe salgado. Vilas como Pontevedra, Baiona, Vigo e Redondela pescaban gran cantidade de sardiña e pescada que vendían en Galicia e en Castela.

Se a actividade pesqueira foi moi importante no XVI, durante o século XVII diminuíu debido ás trabas impostas aos barcos. Así, as vilas e cidades costeiras perderon poboación no século XVII.

A sociedade estamental e o ascenso da fidalguía

Aínda que perdura o esquema medieval de sociedade estamental, esta faise máis complexa ao longo destes séculos.

O poder dos grupos privilexiados estaba na extracción de rendas grazas á propiedade da terra e da fincabilidade urbana. O absentismo da alta nobreza galega, que estivo asociada ás empresas políticas e militares dos Austrias, e a dirección dos mosteiros galegos fóra de Galicia, fixo que emerxese unha nobreza segundona: a fidalguía.

Esta actúa na percepción das rendas a través do cobro dos foros. Toda Galicia quedou sementada desta fidalguía que perdurará ata ben entrada a Idade Contemporánea, motivada pola persistencia dos foros.

Entradas relacionadas: