Liberalismo democrático e doutrinario en España e Galicia: principios e diferenzas

HistoriaActualizado el 3 KB

Resumen

O texto explica as dúas grandes correntes do liberalismo español do século XIX: o liberalismo democrático, defendido polos demócratas e republicanos, e o liberalismo doutrinario, maioritario en España e Europa, representado polos moderados e progresistas. Achega os principios de cada corrente, como a soberanía popular, a separación de poderes, a monarquía constitucional ou a limitación dos dereitos individuais, e as diferenzas entre moderados e progresistas.

Puntos clave

  • Os demócratas xurdiron na década de 1840 como disidencia dos progresistas ante a súa crecente moderación, e formaban unha minoría radical.
  • O liberalismo democrático defendía a soberanía popular, o sufraxio universal masculino e a participación do pobo na xustiza (xurado) e na defensa das liberdades (milicias).
  • No liberalismo democrático a separación de poderes era ríxida: o lexislativo correspondía en exclusiva ás Cortes e o executivo podía ser exercido polo rei ou polo presidente da República.
  • O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e Europa durante o século XIX e estableceu unha monarquía constitucional con soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes.
  • Os moderados aplicaron plenamente o liberalismo doutrinario, con sistema electoral restritivo e control municipal polo Goberno central.
  • Os progresistas moderaron as súas reivindicacións na segunda metade da década de 1830 e reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei, a descentralización municipal e unha interpretación ampla das liberdades.

Ponte a prueba

Liberalismo Democrático: Demócratas e Republicanos

Os demócratas xurdiron como grupo organizado na década de 1840, como unha disidencia dos progresistas ante a súa crecente moderación. Constituíron unha minoría radical, á súa vez dividida entre os partidos da monarquía e os partidos da república. En España e en Galicia, o liberalismo democrático defendía:

  • A soberanía popular, o principio básico sobre o que debían asentarse todas as institucións políticas. A fonte do poder é a nación, pero identificada co pobo.
  • A participación popular nas institucións ao considerar que todos os homes - sufraxio universal masculino - teñen dereitos políticos iguais. Así mesmo, considerábase que o pobo debía participar na administración da xustiza, mediante a institución do xurado, e na defensa das liberdades e do sistema político, mediante a creación de milicias urbanas e provinciais (a Milicia ou Garda Nacional).
  • A ríxida separación de poderes. O poder lexislativo está reservado en exclusiva para as Cortes; o poder executivo podía ser exercido polo rei ou polo presidente da República.
  • Os dereitos e liberdades son inalienables e inherentes á natureza humana, por iso debían figurar, da forma máis ampla posible, na Constitución. Especial recoñecemento debían ter a liberdade de expresión e os dereitos de reunión e asociación.
  • A libre alternancia política no goberno debía ser froito da vontade popular.

Liberalismo Doutrinario: Moderados e Progresistas

O liberalismo doutrinario foi a corrente maioritaria en España e toda Europa durante o século XIX.

  • Monarquía constitucional como forma de Estado e de goberno na que:
  • Todas as institucións do Estado, incluída a Coroa, exerceron os seus poderes de acordo coa Constitución.
  • O poder executivo e a dirección política é exercida polo rei, quen nomea e cesa libremente os ministros do Goberno.
  • A Coroa comparte o poder lexislativo coas Cortes, de modo que as leis xorden da vontade conxunta de ambas institucións.
  • Soberanía compartida. A fonte de todo o poder é a nación, que se identifica coas institucións políticas tradicionais: a Coroa e as Cortes. Restrición da participación política (goberno oligárquico).
  • Limitación dos dereitos individuais.

Forma de organizar o territorio:

  • Os moderados ou conservadores asumiron plenamente a defensa dos principios do liberalismo doutrinario, impoñendo un restritivo sistema electoral; a través do control da vida municipal polo Goberno central.
  • Os progresistas seguiron unha liña ambigua. Procedentes dos exaltados das Cortes de Cádiz e do Trienio Liberal, na segunda metade da década de 1830 moderaron as súas reivindicacións. Aceptaron a maioría dos principios do liberalismo doutrinario, pero reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei, a descentralización municipal e unha interpretación ampla das liberdades.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que defendía o liberalismo democrático?

Defendía a soberanía popular, o sufraxio universal masculino, a participación do pobo na xustiza e na defensa das liberdades, unha ríxida separación de poderes e a libre alternancia política.

En que se diferencian os moderados dos progresistas?

Os moderados aplicaron plenamente o liberalismo doutrinario, con sistema electoral restritivo e control municipal polo Goberno central. Os progresistas aceptaron a maioría dos principios doutrinarios, pero reclamaban a primacía das Cortes sobre o rei e a descentralización municipal.

Que é a monarquía constitucional do liberalismo doutrinario?

É unha forma de Estado e de goberno na que todas as institucións, incluída a Coroa, actúan segundo a Constitución; o rei nomea e cesa libremente os ministros e comparte o poder lexislativo coas Cortes.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que década xurdiron os demócratas como grupo organizado?
2. Que principio básico defendía o liberalismo democrático?
3. Quen exercía o poder lexislativo segundo o liberalismo democrático?
4. Cal era a corrente maioritaria en España e Europa durante o século XIX?
5. Que rasgo caracterizaba o sistema político do liberalismo doutrinario?
6. Que reclamaban os progresistas respecto ao rei?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.