O Grupo Nós e a súa influencia na literatura galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 7,91 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta o Grupo Nós, formado en Ourense en 1920 por Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada Diéguez, e a súa contribución á modernización da cultura galega. Recolle a obra de Vicente Risco e de Ramón Otero Pedrayo, tanto narrativa como ensaística, e explica conceptos como o editorial e algunhas alteracións do vocalismo átono. O estudante aprenderá as características principais de cada autor e da súa xeración.
Puntos clave
- O Grupo Nós xurdiu en Ourense en 1920 e tomou o nome da revista 'Nós', a publicación máis importante da Preguerra en Galicia.
- Vicente Risco foi un gran teórico do galeguismo e escribiu a novela 'O porco de pé' (1928), a primeira novela moderna da literatura galega.
- Ramón Otero Pedrayo é o escritor máis prolífico da xeración, coñecido polas súas novelas 'Os camiños da vida', 'Arredor de si' e 'Devalar'.
- O grupo consolidou e renovou a prosa narrativa e de ensaio, e liderou o Partido Galeguista.
- O editorial é un texto xornalístico argumentativo que reflicte a opinión dun periódico sobre un tema de actualidade.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
GRUPO NÓS
Xurde en 1920 no entorno das Irmandades da Fala (1916, labor cultural co Seminario de Estados Galegos e labor político co Partido Galeguista en 1931), en Ourense e está formado por Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada Diéguez. Estes evolucionan cara o galeguismo co cosmopolitismo e exotismo. Este grupo procede de familias acomodadas de Ourense e únese a Castelao, o que fai que xuntos entren en proxectos políticos, artísticos e culturais. Teñen unha importante e sólida formación cultural, por iso poden facer un traballo tan importante na cultura galega. Débese a eles a modernización e europeirización da nosa cultura.
O nome do grupo provén da revista ‘Nós’, da cal se imprimiron moitos números (144) por ser a publicación máis importante da Preguerra en Galicia e ocupouse de diversas facetas: literatura, xeoloxía, historia… de maneira que Galicia empeza a ser obxecto de estudo. No plano político participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista; no plano literario, o seu principal logro foi a consolidación e renovación da prosa tanto narrativa como de ensaio.
VICENTE RISCO
Gran teórico do galeguismo e un dos principais impulsores da literatura galega moderna; o seu interese pola etnografía e o folclore deulle un papel no Seminario de Estudos Galegos e fixo que viaxara por Alemaña. Únese ás Irmandades da Fala en 1918, xunto cos compañeiros do grupo ‘Nós’, e rápido pasa a converterse nun dos maiores promotores da ideoloxía galeguista. En 1931 forma con Otero Pedrayo o Partido Nacionalista Republicano, que conflúe no Partido Galeguista. En anos posteriores chegou a apoiar o réxime franquista.
Na súa producción literaria combinou aspectos de tradición popular galega con elementos simbolistas e vangardistas. Destacou como ensaísta grazas á súa Teoría do nacionalismo galego, que o converteu no gran ideólogo do galeguismo; anos máis tarde, en ‘Nós, os inadaptados’, explicou a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. En Mitteleuropa, crónica da viaxe que fixo por Alemaña, describía as cidades e xentes e fala do seu temor ante o marxismo e nazismo emerxente na Europa do momento; esta viaxe será determinante na evolución ideolóxica de Risco.
OBRAS DE VICENTE RISCO
As súas primeiras obras en galego pertencen ao xénero do relato curto; o primeiro é o relato ‘Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros’, que introduce o tema do esoterismo e a maxia na literatura galega. Conta cun humor macabro como o protagonista viaxa ao mundo dos mortos para lle devolver o movemento á momia de Tutankhamon. Despois, froito do seu interese pola etnografía, serán os seus relatos posteriores baseados en lendas populares como ‘Olobo da xente’, sobre a lenda do lobishome, ‘A trabe de ouro e a trabe de alquitrán’, onde mestura elementos das lendas de mouros coa orixe céltica de Galicia e a salvación cristiá.
A súa obra mestra é ‘O porco de pé’ (1928), unha novela satírica non realista, a primeira novela moderna da literatura galega, onde realiza unha dura crítica da burguesía ourensá, materializada na figura de don Celidonio, un comerciante de orixe castelá que ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde, e que representa a vulgaridade e materialismo fronte ao intelectual e espiritualista Doutor Alveiros.
RAMÓN OTERO PEDRAYO
Naceu en Ourense nunha familia da burguesía liberal e culta. É o escritor máis prolífico e plural da súa xeración; foi profesor de xeografía e elixido deputado polo Partido Galeguista en Ourense, e despois da Guerra foi expulsado do seu traballo no instituto. Destaca como narrador polas súas novelas e múltiples colaboracións literarias e ensaísticas que publicou nos xornais da época, aínda que tamén foi poeta, dramaturgo, xeógrafo e historiador.
Introduciuse na narrativa de ficción cunha serie de novelas curtas, entre as que destaca ‘Pantelas, home libre’, co que obtén un premio no Seminario de Estudos Galegos en 1924. Esta novela introduce dous elementos constantes: a identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente que non é quen de superar os cambios no modo de vida tradicional dos que é protagonista. A este grupo pertence tamén ‘O purgatorio de don Ramiro’, que recolle a liña do humor macabro iniciada por Risco, ou ‘Escrito na néboa’, na que fai un primeiro achegamento ao retrato da súa xeración.
Publica, ademais, tres contos no xénero da narrativa breve: Contos do camiño e da rúa, Entre a vindima e a castiñeira e Conros de Santos e Nadal.
A súa principal achega á literatura galega son as súas novelas longas, que supoñen a definitiva incorporación da prosa galega á modernidade; nelas aparecen técnicas narrativas propias da novela do século XX: o monólogo interior, estilo indirecto libre, alteración da estrutura narrativa ou mestura de xéneros. Entre elas destacan Os camiños da vida (triloxía que narra cun grande realismo o proceso de transformación que sofre a sociedade rural galega do século XIX mediante o relato da decadencia de dúas familias fidalgas), Arredor de si (magnífico retrato da evolución ideolóxica da súa xeración a través do personaxe de Adrián Solovio, que ao tempo que fai unha viaxe exterior por Europa leva a cabo unha viaxe interior na procura da súa identidade) e Devalar (realizada cunha técnica innovadora na que Galicia se erixe como protagonista colectiva).
OBRA ENSAÍSTICA DE OTERO PEDRAYO
A súa obra ensaística é ampla e variada, tendo como tema central a Galicia; os seus ensaios máis coñecidos son: Ensaio histórico sobre a cultura galega (analiza o desenvolvemento histórico e cultural de Galicia desde os tempos prehistóricos ata comezos do XX), a crónica de viaxe Polos vieiros da saudade ou O libro dos amigos (de carácter biográfico).
O EDITORIAL
Texto xornalístico argumentativo que reflicte a opinión dun periódico ou revista sobre un tema que adoita ser de actualidade, polo que amosa un carácter subxectivo. Non levan sinatura, xa que é un xornal en conxunto que se fai responsable do seu contido. Teñen unha función informativa, pero tamén pretenden valorar e interpretar os feitos que se comentan. Adoitan ir sempre nas mesmas páxinas dos xornais e pertencen ao xénero de opinión; estrutúranse igual que os textos argumentativos, aínda que teñen unha linguaxe menos directa e concisa.
A súa estrutura é: título, introdución, desenvolvemento e conclusión. Atendendo ao seu contido, poden ser: explicativos, de tese ou opinión, informativos, interpretativos, de acción e convencemento.
FRASES
- Endocéntrica (con núcleo, sen determinante): substantiva, adxectiva, adverbial.
- Exocéntrica (det+nuc/enl+termo): nominal, preposicional.
ALTERACIÓNS DO VOCALISMO ÁTONO
- Prótese: mostrar - amostrar.
- Epéntese: a auga - a iauga.
- Paragoxe: muller - mullere.
- Aférese: azucre - zucre.
- Síncope: verán - vran.
- Apócope: clase - clas.
- Asimilación: cerra - zarrar.
- Palatalización do a: marisco - merisco.
- Disimiliación: sesenta - sasenta.
ARTIGO 10 DA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
- Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
- Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, territorios, núcleos de poboación, vías de comunicación interurbanas e dos toponimos galegos.
- Estas rotulacións son as legais a todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas.
Preguntas frecuentes
Cal foi a principal obra de Vicente Risco?
A súa obra mestra é 'O porco de pé' (1928), unha novela satírica non realista e a primeira novela moderna da literatura galega. Nela critica a burguesía ourensá a través da figura de don Celidonio.
Por que se chama Grupo Nós?
O nome provén da revista 'Nós', da que se imprimiron 144 números. Foi a publicación máis importante da Preguerra en Galicia e tratou temas como literatura, xeoloxía e historia.
Que novelas longas escribiu Otero Pedrayo?
Destacan 'Os camiños da vida', unha triloxía sobre a sociedade rural galega do século XIX; 'Arredor de si', retrato da evolución ideolóxica da xeración; e 'Devalar', que presenta Galicia como protagonista colectiva.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.