O Movemento Galeguista e a Cultura durante o Franquismo (1936-1975)
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,41 KB
Actualizado el
Resumen
O documento analiza como o movemento galeguista, durante a ditadura franquista, optou por centrarse na cultura en lugar da confrontación política. Recolle iniciativas como a editorial Galaxia, o recoñecemento académico e institucional da lingua, e os factores sociais e educativos da desgaleguización. Tamén describe as características lingüísticas e ortográficas do galego no período 1936-1975.
Puntos clave
- O movemento galeguista evitou a confrontación coa ditadura e centrouse no ámbito cultural.
- A editorial Galaxia, creada en 1950, tivo un papel destacado na recuperación cultural.
- En 1965 a lingua e a literatura galegas pasan a ser obxecto de estudo na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago.
- En 1971 créase o Instituto da Lingua Galega (ILG).
- Na década de 1960 créanse o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Pobo Galego (UPG).
- O ensino, a Igrexa e os medios de comunicación foron axentes castelanizadores durante o franquismo.
- No período 1936-1975 consolídanse trazos básicos da ortografía moderna, eliminando diacríticos como o apóstrofo, o guión e os acentos grave e circunflexo.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Movemento Galeguista e a Cultura (1936-1975)
Os continuadores do movemento galeguista trataron de evitar a confrontación coa ditadura e centráronse no movemento cultural. Nesta recuperación cultural tivo un papel destacado a editorial Galaxia, que se creou no ano 1950.
Iniciativas culturais destacadas
Outras iniciativas importantes foron:
- A Revista Grial e a Revista de Economía de Galicia.
- A colección poética Benito Soto.
Na década dos 60 publicáronse gramáticas e dicionarios, e comezan a proliferar asociacións culturais que desenvolven un labor importante a prol do galego e de Galicia.
Recoñecemento académico e institucional
- En 1965, a lingua e a literatura galegas son obxecto de estudo na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago.
- En 1971, créase o Instituto da Lingua Galega (ILG).
Incremento da Actividade Política e Desgaleguización
Na década de 1960 incrementouse a actividade política e creáronse dous partidos nacionalistas:
- O Partido Socialista Galego (PSG).
- A Unión do Pobo Galego (UPG).
O Fenómeno da Desgaleguización Social
O fenómeno da desgaleguización social avanza a un ritmo máis acelerado que na primeira fase do século. A desgaleguización na xeración que nace arredor de 1940 é mesmo superior á que se vai producir en xeracións posteriores, debido á acción dos axentes castelanizadores.
Axentes Castelanizadores e Factores Sociais
Alteracións no tipo de hábitat
Fronte ás primeiras décadas do século, nas que se detecta un certo crecemento da poboación urbana, na etapa franquista constátase unha tendencia de carácter reruralizador. Con todo, a partir dos anos sesenta vólvese a notar un incremento poboacional nas zonas industriais galegas, co conseguinte proceso migratorio da poboación rural. Nestes anos, o galego mantíñase na sociedade rural e nas clases populares das cidades. Cando se produciu o éxodo do campo ás cidades, a maioría dos novos cidadáns adaptouse ao esquema diglósico castelán-galego.
O Ensino
O ensino vaise conformar nesta fase nun dos principais focos de castelanización e de desprezo pola lingua do país. Ademais, o emprego do galego era considerado como unha falta máis ou menos grave. Porén, dous datos moi importantes e interrelacionados actuaron como freo á castelanización: o atraso da escolarización en Galicia e os altos índices de analfabetismo.
A Igrexa
Durante a etapa da ditadura franquista, a Igrexa e a inmensa maioría dos sacerdotes non empregaban a lingua galega. O momento clave para a reivindicación dunha Igrexa en galego presentouse en 1963, cando o Concilio Vaticano II aproba a introdución das linguas vernáculas na liturxia. Mais o Arcebispado deu por suposto que a lingua vernácula de Galicia era o castelán.
Os Medios de Comunicación
Na etapa da ditadura, os medios de comunicación de masas experimentaron un desenvolvemento descoñecido ata o momento, incrementando dunha maneira espectacular a súa influencia social, en particular a radio e a televisión. Da man do desenvolvemento e da expansión dos medios de comunicación, o castelán incrementou considerablemente a súa presenza na vida cotiá dos galegos.
Características Lingüísticas (1936-1975)
No período 1936-1975 consolídanse algúns dos trazos básicos da convención ortográfica moderna. Suprímense a maioría dos diacríticos que enchían os textos de preguerra. Desta maneira, os seguintes signos foron sendo eliminados ata chegar á ortografía que caracteriza a escrita actual:
- O apóstrofo.
- O guión.
- O acento grave.
- O acento circunflexo.
No relativo á morfosintaxe, aínda que existe a variación dialectal, xa hai certa preferencia polas formas que a RAG proporá como normativas en 1971.
Léxico e Galego Protoestándar
Canto ao léxico, ao igual que na época anterior, continúa a presenza de:
- Arcaísmos.
- Lusismos.
- Hiperenxebrismos.
- Xeneralizacións ao rexistro culto de termos de uso máis popular.
O galego escrito neste período recibe o nome de galego protoestándar.
Preguntas frecuentes
Que papel tivo a editorial Galaxia na recuperación cultural galega?
A editorial Galaxia, creada no ano 1950, tivo un papel destacado na recuperación cultural durante o franquismo. Formou parte das iniciativas que os continuadores do movemento galeguista impulsaron para evitar a confrontación directa coa ditadura.
Que factores favoreceron a desgaleguización social durante o franquismo?
O ensino, que consideraba o uso do galego unha falta, a Igrexa, que non empregaba a lingua, e os medios de comunicación de masas, especialmente a radio e a televisión, actuaron como axentes castelanizadores. O éxodo rural cara ás cidades tamén contribuíu a este proceso.
Que cambios ortográficos se producen entre 1936 e 1975?
Durante este período suprímense a maioría dos diacríticos dos textos de preguerra, como o apóstrofo, o guión e os acentos grave e circunflexo, ata chegar á ortografía que caracteriza a escrita actual.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.