Vangarda e lingua galega: movementos, autores e trazos literarios

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 10,43 KB
Actualizado el

Resumen

O documento repasa os principais movementos vangardistas internacionais e galegos, con indicación dos seus trazos e autores representativos. Tamén recolle as etapas da obra de Manuel Antonio e os trazos da narrativa de Rafael Dieste. Inclúe ademais a situación e as características lingüísticas do galego no primeiro terzo do século XX.

Puntos clave

  • O cubismo recorre aos caligramas, ao xeometrismo e ao fragmentarismo; o futurismo exalta a ciencia, a industria e a técnica e destrúe a sintaxe.
  • O creacionismo concibe o poema como obxecto autónomo; o ultraísmo caracterízase pola deshumanización, a innovación tipográfica e a ausencia de puntuación e rima.
  • O surrealismo baséase na escrita automática, o inconsciente, o humor negro e as imaxes irracionais.
  • En Galicia destacan o hilozoísmo/imaxinismo de Luís Amado Carballo e o neotrobadorismo de Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey.
  • A obra vangardista de Manuel Antonio inclúe Con anos do meu interior, Foulas e De catro a catro, con rompemento temático e imaxes autónomas.
  • Nos anos 20 e 30 o galego era a lingua de case o 90 % da poboación, pero o castelán avanzaba pola urbanización, os medios e a alfabetización.
  • A narrativa de Rafael Dieste mestura relato oral e culto, con relatos breves, misteriosos e de final impactante, e convive o real co marabilloso.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Características do texto dialogado

  1. Importancia da linguaxe non verbal: elementos paralingüísticos (volume, intensidade, énfase, silencio, ton, ritmo...) e extralingüísticos (movementos corporais, posturas, miradas...).
  2. Continuas referencias ao contexto extralingüístico: por medio de deícticos, en relación co marco espazo–temporal (adverbios, verbos, conectores).
  3. Predominio da función expresiva: da 1.ª e 2.ª persoas gramaticais, referidas ao emisor e receptor; expresións enfáticas ou diminutivos.
  4. Emprego das tres modalidades oracionais: enunciativa, interrogativa e exclamativa.
  5. Importante uso de interxeccións, pronomes interrogativos e exclamativos.
  6. Frases breves, incompletas, espontáneas e fáticas: do tipo ¡vale!, bah!, non sabes?, non si?, entendes?
  7. Estilo sinxelo, natural e áxil.

Movementos vangardistas: trazos e artistas

  1. Cubismo: os caligramas (poemas visuais en que os propios versos compoñen deseños), o xeometrismo, o fragmentarismo e o instantaneísmo. Artistas: Apollinaire, Picasso.
  2. Futurismo: a exaltación do mundo da ciencia, industria e técnica; a destrución da sintaxe e a supresión gramatical e ortográfica. Artista: Marinetti.
  3. Expresionismo: a reivindicación da subxectividade artística e a presentación dunha realidade agresiva, distorsionada e tortuosa. Artista: Munch.
  4. Dadaísmo: a destrución estética, a negación da creación artística, a escrita ao azar, o absurdo e a primaria expresividade infantil. Artistas: Duchamp, Tzara.
  5. Creacionismo: o poema non é unha imitación da natureza senón un obxecto autónomo; o poeta como deus; os poemas son un conxunto de versos cunha libre configuración e sen rima, sen nexos temáticos fixos nin signos de puntuación. Artista: Huidobro.
  6. Imaxinismo: a riqueza de imaxes e ritmo; a sensación sobre o concepto; unha poesía animicamente fría pero moi plástica, de grande beleza e perfección formal. Artistas: Eliot, Pound.
  7. Ultraísmo: a deshumanización artística; a innovación tipográfica do poema moi breve; a importancia da imaxe poética e da metáfora; a ausencia de puntuación e de rima; os espazos en branco. Artista: Gómez de la Serna.
  8. Surrealismo: a escrita automática e o inconsciente; o mundo dos soños, das alucinacións e dos delirios; a mestura de realidade e fantasía; o humor negro; o absurdo, as imaxes irracionais e os símbolos. Artistas: Breton, Aragón, Éluard, Miró, Dalí.

Movementos vangardistas galegos: trazos e artistas

  1. Creacionismo: procura dunha arte que non imite a realidade mediante imaxes e metáforas; presenza de elementos do mundo mecanizado; rupturas temporais. Artista: Manuel Antonio.
  2. Hilozoísmo / Imaxinismo: presenza dunha natureza humanizada e animada mediante personificacións e imaxes suxestivas e xustapostas, combinadas con elementos auditivos e visuais; poesía caracterizada pola brevidade, a sinxeleza e a permanencia de esquemas de rima e métrica tradicionais/populares (rima regular asonante e arte menor). Artistas: Luís Amado Carballo (Proel, 1927; O galo, 1928).
  3. Neotrobadorismo: mestura de elementos da poesía popular (versos octosílabos, pareados, tríades...) cos elementos temáticos (o amor), formais (paralelismo, leixaprén, refrán...) e ambientais (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...) da poesía trobadoresca galego-portuguesa. Artistas: Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira, 1933; Dona do corpo delgado, 1950) e Fermín Bouza Brey (Nao senlleira, 1933; Seitura, 1955).
  4. Cubismo: Álvaro Cunqueiro (Mar ao norde, 1932).
  5. Surrealismo: Álvaro Cunqueiro (Poemas do si e non, 1933).

Etapas da obra de Manuel Antonio

  1. Formación / Modernista: combinación de elementos tradicionais (patriotismo, presenza de rima...), modernistas (ton melancólico, ritmo...) e vangardistas (imaxes suxestivas, innovacións na disposición gráfica e na puntuación...) e temas (a noite, o mar, a morte, as tebras, o fatalismo...).
  2. Vangardista: obras como Con anos do meu interior (hilozoísmo), Foulas (cubismo) e De catro a catro (1928) (creacionismo, cubismo e futurismo).
  3. Retroceso na audacia vangardista: exemplo: Viladomar (modernismo).

Trazos xerais da obra de Manuel Antonio

A ruptura temática coa poesía galega anterior; a ausencia de “argumento” no poema; a creación de imaxes autónomas respecto da realidade; a presenza constante dun referente mariño e o fondo existencial dos poemas.

Influxos creacionistas na obra de Manuel Antonio

Uso de estranxeirismos; procura da imaxe poética polipétala, impresionante e orixinal; introdución de discursos non poéticos (clave Morse, fórmulas químicas, sons onomatopeicos, cantigas populares...); uso de termos da linguaxe científica e tecnolóxica da época; ausencia de ritmo e rima, heterosilabismo dos versos; parodia de certos elementos románticos.

Influxos cubistas e futuristas na obra de Manuel Antonio

Valor dos espazos en branco e disposicións peculiares dos versos que presentan os seus textos.

Situación da lingua galega no primeiro terzo do século XX

Era a lingua única de case o 90 % da poboación. Acelerouse o proceso de substitución polo castelán motivado polo aumento da urbanización, pola aparición de diferentes medios de comunicación e pola alfabetización realizada, na súa maior parte, en castelán. En canto á lingua escrita, aínda non existía unha normativa que marcara o canon, malia que se publicaran xa algúns dicionarios e gramáticas, como Algunhas normas pra unificazón do idioma galego (1933) e Engádega pra unificazón do idioma galego (1936), ambas promovidas polas Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos.

Cabe engadir que en 1922 publícase a primeira revista infantil en galego, As Roladas, por iniciativa de Ramón Cabanillas; en 1932 aparecen os primeiros materiais pedagóxicos para a aprendizaxe do galego, como o Método de lectura, de Xosefina Iglesias Vilarelle, e, en 1936, o Libro das primeiras letras, de Xosé Ramón Fernández Oxea.

Trazos lingüísticos do galego no primeiro terzo do século XX

  1. Grafía e fonética: uso do i latino e rexeitamento do grego (ex.: lei, maio); emprego dos grafemas ll, ñ, x para representar /ʎ/, /ɳ/, /ʃ/.
  2. Conservación etimolóxica: uso etimolóxico do h (ex.: hoxe, Hespaña; fronte a formas como orfo, irmán), mantemento de grupos consonánticos cultos (ex.: apto, obviar) e plurais do tipo animás, caravés.
  3. Arcaísmos e adaptacións: substitución de formas lexítimas por arcaísmos (ex.: vegada, nascemento, door…) e diminución (que non desaparición) ou adaptación de castelanismos (ex.: lexos, ánxel).
  4. Influxos e variantes: emprego de lusismos (terminación «-zon», embora...), hipergaleguismos (ex.: zoa, ambente, carreteira, adourar) e aceptación de vulgarismos (ex.: língoa, númaro).
  5. Fenómenos fonolóxicos: adicións e supresións vocálicas (ex.: amore, idea, espranza, esprito), simplificación de grupos cultos (ex.: alunos, costantes, efeito, ouxetos) e metátese (ex.: *drento, presoas).

Trazos característicos da narrativa de Rafael Dieste

  1. Relatos breves e independentes: próximos ás lendas e supersticións, cun ambiente de misterio, tensión e suspense e cun final de impacto único e rotundo.
  2. Plasmación do carácter do home galego: sinxelo, bondadoso, nostálxico, orgulloso, fiel aos seus valores, sen caer na antropoloxía dos modelos narrativos tradicionais.
  3. Mestura de tradición e cultura culta: combinación do relato popular co culto e de elementos líricos e humorísticos.
  4. Recursos do relato oral: apelacións ao auditorio, autoxustificacións do narrador, referencias espazo–temporais concretas, constantes digresións e historias encaixadas dentro do argumento principal.
  5. Recursos do relato culto: descricións plásticas impresionistas de ambientes e personaxes, rica adxectivación, numerosas roturas no plano temporal, implicación activa do lector, feitura lírica nalgunhas historias, comezos in media res e finais abertos.
  6. Preferencia por temas misteriosos ou extraordinarios: combinación de relatos realistas con outros fantásticos, con elementos macabros, terroríficos ou de ciencia ficción.
  7. Convivencia do real e do marabilloso: presenza do mundo real xunto ao imaxinario (mouros, Santa Compaña, a morte...), suxerindo un clima sobrenatural sen apartarse da natureza.
  8. Eventos ambivalentes: acontecementos posibles, dubidosos, ambiguos, problemáticos e ordinarios cunha dimensión máis profunda; experiencias metafísicas (dúbida, medo, nada, liberdade, soidade, escepticismo).
  9. Orixe popular dos argumentos: historias destinadas a ser contadas a un público, cunha presentación evocadora dunha situación espacial ou caso.
  10. Personaxes e contornos: personaxes propios dos ambientes do Rianxo natal de comezos de século, que enfróntanse a adversidades diversas (pobreza, morte, retorno, crueldade, soidade, desilusión, emigración, marxinación) e que descubren valores como a dignidade e a solidariedade.
  11. Constitución do sentido: o sentido do texto compete ao lector; admite varias interpretacións e presenta pluralidade de voces narrativas.

Preguntas frecuentes

Que son os caligramas do cubismo?

Son poemas visuais nos que os propios versos compoñen deseños. Son unha das características do cubismo literario, xunto co xeometrismo, o fragmentarismo e o instantaneísmo.

Cales son os trazos do creacionismo galego de Manuel Antonio?

Procura unha arte que non imite a realidade, con imaxes e metáforas, presenza de elementos do mundo mecanizado e rupturas temporais. Tamén inclúe estranxeirismos, discursos non poéticos e ausencia de ritmo e rima.

Que características tiña o galego no primeiro terzo do século XX?

Era a lingua de case o 90 % da poboación, pero estaba en substitución polo castelán. Non existía aínda unha normativa que marcara o canon, aínda que xa circulaban algunas gramáticas e dicionarios.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que movemento vangardista exalta o mundo da ciencia, a industria e a técnica?
2. Quen é o artista representativo do creacionismo galego?
3. Que obra de Álvaro Cunqueiro se asocia ao cubismo?
4. Que característica define o ultraísmo?
5. Como se describe a narrativa de Rafael Dieste?
6. Que fenómeno lingüístico cita o texto para o galego de comezos do século XX?
7. Que obra de Manuel Antonio pertence á etapa de retroceso na audacia vangardista?
8. Que publicación infantil en galego apareceu en 1922 por iniciativa de Ramón Cabanillas?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.