A Nova Narrativa Galega: autores e características

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,44 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta o movemento da Nova Narrativa Galega, que publica entre 1954 e 1971 e renova o xénero narrativo. Recolle as características do grupo e a obra de Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán e Anxel Fole, con títulos, etapas e temáticas de cada autor.

Puntos clave

  • A Nova Narrativa Galega agrupa autores que publican entre 1954 e 1971 e renovan o xénero narrativo introducindo novas temáticas e técnicas.
  • Os seus personaxes son anónimos, marxinais e desarraigados, e as narracións adoitan ambientarse en espazos urbanos sórdidos e claustrofóbicos.
  • Empregan a ruptura da linearidade temporal, pluralidade de voces e o monólogo interior como técnica principal.
  • Xosé Neira Vilas escribe sobre a Galicia rural de posguerra, a Galicia rural adulta e a emigración, e publica literatura infantil.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín evoluciona en tres etapas: narrativa de antiheroes, obras de temática política nos anos setenta e, desde 1989, fantasía e materia de Bretaña con compromiso político.
  • Anxel Fole domina o relato curto e recolle o galego vivo e as lendas tradicionais da Galicia rural e urbana de Lugo.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A Nova Narrativa Galega

Xosé Neira Vilas

Autor cunha ampla obra literaria na que destacan a variedade de técnicas narrativas empregadas e a riqueza e calidade do léxico.

Obras:

  • A Galicia rural de posguerra, infantil e adolescente: "Memorias dun neno labrego", "Cartas a Lelo", "Aqueles anos do Moncho"
  • A Galicia rural de adultos: "A muller de ferro", "Querido Tomás", "Xente no rodicio"
  • A Galicia emigrante: a vida dos emigrantes galegos en América cos seus problemas para integrarse no medio urbano, o illamento e a saudade da terra: "Camiño Bretemoso", "Historias de emigrantes"
  • Literatura infantil: un dos primeiros autores de literatura infantil: "Espantallo amigo", "O cabaliño do Buxo"
  • Ensaio sobre a emigración galega: varios libros nos que analiza a contribución dos emigrantes galegos a América: "Galegos no golfo de México", "Castelao en Cuba", "Guerrilleiros"

Características da Nova Narrativa:

Grupo de autores que publican a súa obra a finais dos cincuenta e na década dos sesenta, entre 1954 e 1971. Mediante a introdución de temáticas e técnicas, renovan e revitalizan o xénero narrativo. Pretenden superar os modelos de literatura tradicional e inspíranse en narradores europeos e americanos que revolucionan a literatura do século XX.

Características:

  • Personaxes anónimos, marxinais, desorientados, desarraigados, con estados patolóxicos (loucura, delirio)
  • O mundo do subconsciente (traumas, pesadelos, soños)
  • Ambientados en espazos urbanos sórdidos e claustrofóbicos
  • Ruptura da linearidade, constantes avances e retrocesos no tempo
  • Pluralidade de voces narrativas
  • Predomina o monólogo interior (reproducir pensamentos tal como brotan da mente)
  • O autor actúa como unha cámara, reproducindo con obxectividade o que os seus sentidos perciben

Xosé Luís Méndez Ferrín

Inclúe contos e novelas. Tres etapas:

  1. As súas primeiras obras están dentro da narrativa galega, protagonizadas por antiheroes que se moven por ambientes sórdidos e apréciase a influencia da literatura europea e americana: "O crepúsculo e as formigas", "Arrabaldo do norte"
  2. Nos anos setenta escribe obras de temática política nas que se presenta a violencia, represión do estado e a clandestinidade: "Anton e os inocentes", "Crónicas de Nós"
  3. Desde 1989 combina a fantasía e as recreacións míticas da materia de Bretaña co compromiso político: "Amor de Artur", "No vento do silencio"

Teatro: Escribe unha peza teatral "Celtas sen filtro", un estudo sobre a nosa poesía medieval "O cancioneiro de Pero Meogo" e un ensaio sobre a poesía galega de posguerra "De Pondal a Novoneyra"

Carlos Casares

A súa actividade literaria desenvólvese no xénero da narrativa pero tamén escribiu ensaio e colaborou na prensa e en actos culturais.

As primeiras obras inclúense na Nova Narrativa Galega, de carácter autobiográfico e sitúanse en diferentes épocas da súa vida: "Vento ferido", "Cambio en tres", "Xoguetes para un tempo prohibido"

As restantes obras ambéntanse nun pasado histórico:

  • Narracións lúcidas entre os séculos X e XX: "Os escuros soños de Clio"
  • Chegada do cine a unha cidade galega nos comezos do século XX: "Ilustrísima"
  • A investigación dunha morte nos comezos da guerra civil: "Os mortos daquel verán"
  • A posición dos intelectuais galeguistas durante a ditadura franquista: "Deus sentado nun sillón azul"
  • A derradeira novela é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, lembra os veráns compartidos na nenez: "O sol do verán"

Tamén escribiu obras de literatura infantil: "A galiña azul", "Un polbo xigante" e a peza teatral "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas"

María Xosé Queizán

Obras:

  • Narrativa: "A orella no buraco", "O segredo da pedra figueira", "Amantia"
  • Teatro: "Non convén chorar máis", "Antígona ou a forza do sangue"
  • Poesía: "Metáfora da metáfora", "Despertar dos amantes", "Fora de min"
  • Ensaio: "A muller en Galicia"
  • Guión de cine: "Prisciliano"

Anxel Fole

Narrativa: Domina o relato curto. Obra narrativa formada principalmente por catro libros:

  • Os dous primeiros, "A lus do candil" e "Terra brava", están ambientados na Galicia rural, na alta montaña luguesa. Reflicten os modos de vivir da Galicia e ofrece información acerca do mundo rural e as lendas tradicionais. O obxectivo é dar a coñecer a Galicia máxica e misteriosa.
  • Os dous últimos libros, "Contos de néboa" e "Historias que ninguén cre", teñen ambientación urbana na cidade de Lugo e as vilas próximas e continúan cos temas de medo, misterio e experiencias paranormais.

A técnica narrativa baséase no conto popular de tradición oral. Recorre á técnica do conto enmarcado, ao presentar a uns personaxes que se xuntan para contarse historias.

Reproduce a lingua falada das zonas luguesas. O obxectivo é recoller o galego vivo.

Teatro: "Pauto do demo". A acción desenvólvese nunha aldea da ribeira do Sil no tempo da vendima.

Preguntas frecuentes

Cales son as características da Nova Narrativa Galega?

Os personaxes son anónimos, marxinais e desorientados, a obra explora o subconsciente e ambiéntase en espazos urbanos sórdidos. Tamén se caracteriza pola ruptura da linearidade temporal, a pluralidade de voces e o predominio do monólogo interior.

En que anos publican os autores da Nova Narrativa Galega?

Publican a súa obra a finais dos cincuenta e na década dos sesenta, entre 1954 e 1971.

Que temática tratan as primeiras obras de Xosé Neira Vilas?

As primeiras obras tratan a Galicia rural de posguerra, con títulos como "Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo".

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Entre que anos publican os autores da Nova Narrativa Galega?
2. Que técnica narrativa predomina no grupo?
3. Que ambientes adoitan aparecer nas narracións da Nova Narrativa?
4. Que temática abordan as primeiras obras de Méndez Ferrín?
5. Cal é a principal obra de Carlos Casares sobre a guerra civil?
6. Que técnica narrativa emprega Anxel Fole?
7. Con que xénero destaca Anxel Fole?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.