A diversidade lingüística na Península Ibérica: situación actual e retos

Lengua y literaturaActualizado el 3,74 KB

Resumen

O texto presenta a situación lingüística dos estados da Península Ibérica (Portugal, España e Andorra), co foco na pluralidade de linguas e no seu recoñecemento legal. Analiza o caso español, os casos específicos de recoñecemento, as linguas fóra da península en Ceuta e Melilla e os graos de vitalidade das linguas minorizadas. Tamén recolle algúns efectos das políticas lingüísticas en Cataluña, País Vasco e Galicia.

Puntos clave

  • A Península Ibérica divídese en Portugal, España e Andorra, con grande diversidade lingüística.
  • Andorra é oficialmente monolingüe en catalán, aínda que conviven varias outras linguas.
  • En España coexisten oito linguas, e o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado.
  • Outras linguas só son cooficiais se están recoñecidas nos estatutos de autonomía de cada comunidade.
  • As linguas minorizadas presentan graos de vitalidade distintos: normalización, substitución ou procesos simultáneos.
  • Ceuta e Melilla teñen falantes de árabe e tamazight, linguas non recoñecidas polas autoridades locais.

Ponte a prueba

A Diversidade Lingüística na Península Ibérica

A Península Ibérica divídese en tres estados (Portugal, España e Andorra), que constitúen un bo exemplo da diversidade lingüística existente en Europa.

Situación Lingüística por Estado

  • Andorra: É oficialmente monolingüe en catalán, pero presenta unha importante variedade de linguas (francés, castelán, portugués, etc.).
  • Portugal: Conta con dúas linguas: o portugués e o mirandés (falado en Miranda do Douro).
  • Estado español: Coexisten oito linguas cun recoñecemento legal moi distinto: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán, aranés e valenciano. Todas son románicas agás o éuscaro, de orixe descoñecida.

Recoñecemento Legal das Linguas en España

España é un estado plurilingüe. Máis do 40% da poboación vive en territorios nos que o castelán convive con outras linguas.

Tal e como establece a Constitución española, o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado. Os outros idiomas, para seren considerados cooficiais, teñen que ser recoñecidos nos seus estatutos de autonomía. De aí que a súa situación legal varíe moito. Unha mesma lingua falada en varias comunidades pode ter recoñecemento legal nunha e non noutra.

Casos Específicos de Recoñecemento

  • Galego: Goza dun certo recoñecemento en Castela e León, pero Asturias e Estremadura nin o nomean nos seus respectivos estatutos, e os seus falantes nestes territorios están totalmente desprotexidos.
  • Aranés: Tamén se fala en Francia e alí non está recoñecido, como tampouco o catalán que se fala en Murcia ou no sur de Francia. O mesmo acontece co éuscaro.
  • Mirandés: Mentres que o Estado portugués recoñece o mirandés no territorio onde se fala, o asturleonés non é recoñecido como cooficial nin en Asturias nin en Castela e León.
  • Aragonés: Tampouco está recoñecido na súa comunidade e é unha lingua que está nun grave perigo de desaparición pola perda de falantes.

Linguas Fóra da Península: Ceuta e Melilla

Debemos mencionar dúas linguas máis que se sitúan fóra da península, pero nas cidades autónomas norteafricanas de Ceuta e Melilla. Nestes territorios hai un importante número de falantes de árabe e de tamazight, que son idiomas non recoñecidos polas autoridades destas cidades.

Graos de Vitalidade das Linguas Minorizadas

A consecuencia de todo isto é que na Península abundan as linguas minorizadas, aínda que presentan distintos graos de vitalidade:

  • Linguas en proceso de normalización: Están a recuperar ámbitos sociais de uso (ex. catalán).
  • Linguas en proceso de substitución: (ex. aragonés).
  • Linguas con procesos simultáneos: Viven simultaneamente procesos de normalización e de substitución (ex. galego).

Políticas Lingüísticas e os seus Efectos

  • Cataluña: A recuperación do idioma en todas as funcións da vida social é unha realidade, debido a unha activa política lingüística de inmersión.
  • País Vasco: A política lingüística vasca conseguiu que se incrementase o número de persoas con competencia lingüística en éuscaro.
  • Galicia: A política lingüística levada a cabo a partir do ano 2010 co denominado "Decreto do Plurilingüismo" favoreceu a continua perda de falantes, sobre todo nas zonas urbanas e nas idades máis novas, o que supón un perigo para a supervivencia da lingua.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cantas linguas coexisten en España?

Coexisten oito linguas: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán, aranés e valenciano. Todas son románicas agás o éuscaro, de orixe descoñecida.

Cal é a única lingua oficial en todo o Estado español?

Segundo a Constitución española, o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado. As demais só poden ser cooficiais se están recoñecidas nos estatutos de autonomía.

Que linguas se falan en Ceuta e Melilla?

Nestas cidades autónomas norteafricanas hai un importante número de falantes de árabe e de tamazight, que non están recoñecidos polas autoridades locais.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é a única lingua oficial en todo o Estado español segundo a Constitución?
2. Cal é a lingua oficial de Andorra?
3. Cantas linguas se falan en Portugal segundo o texto?
4. Que tipo de proceso viven simultaneamente as linguas como o galego?
5. Que lingua se fala en Ceuta e Melilla sen estar recoñecida polas autoridades?
6. Que política lingüística favoreceu a continua perda de falantes de galego segundo o texto?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.