Historia da poesía e o teatro galego contemporáneo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB

Xeracións da poesía galega contemporánea

O inicio do cambio (1976)

O ano 1976 marcou o inicio do cambio de rumbo da poesía galega. Publícanse obras fundamentais como Con pólvora e magnolias de Xosé Luís Méndez Ferrín e Mesteres de Arcadio López-Casanova.

A década de 1980: Diversidade e renovación

A partir desta data xorden diversos grupos poéticos como Cravo Fondo, Rompente ou De Amor e Desamor. A isto súmase a edición de revistas poéticas e a convocatoria de novos premios. Publícanse tamén antoloxías da nova poesía e deuse a coñecer unha xeración de poetas que revitalizou o xénero:

  • Pilar Pallarés
  • Manuel Forcadela
  • Miguel Anxo Fernán-Vello
  • Ana Romaní
  • Antón Reixa

Trazos comúns da xeración dos 80

  • Intimismo: céntranse nunha temática de carácter introspectivo.
  • Culturalismo e interculturalismo: numerosas referencias a outras artes.
  • Esteticismo formal: conceden grande importancia á elaboración do poema.

A década de 1990: Novas voces e promocións

Xorde unha nova promoción de autores e colectivos como o Batallón Literario da Costa da Morte ou Ronseltz. Entre os novos poetas destacan:

  • Miro Villar
  • Olga Novo
  • Yolanda Castaño
  • Marta da Costa
  • Lupe Gómez
  • María do Cebreiro

Características comúns dos poetas dos 90

  • Linguaxe directa e coloquial, aínda que elaborada.
  • Poesía próxima á vida cotiá fronte ao culturalismo da década anterior.
  • Preferencia polo verso libre.
  • Variedade de temáticas: amor, desamor, feminismo, erotismo, sociedade, etc.

O teatro galego actual

O teatro recuperouse nos anos 60 grazas ao labor de grupos como O Facho, Teatro Circo, Teatro Popular Galego e a Mostra de Teatro de Ribadavia.

En 1984, a creación do Centro Dramático Galego (CDG) foi o froito decisivo na profesionalidade do teatro en Galicia.

Autores e compañías destacadas

Entre os autores máis relevantes atopamos a:

  • Roberto Vidal Bolaño
  • Manuel Lourenzo
  • Euloxio Ruibal
  • Roberto Salgueiro (nos 80)
  • Cándido Pazó (nos 90)

A partir dos oitenta nacen novas compañías como Sarabela Teatro ou Ollomoltranvía. Asemade, convócanse premios teatrais que estimulan a creación de textos dramáticos, como o Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega.

Desenvolvemento e profesionalización

Deste modo, a actividade teatral experimenta un gran desenvolvemento e o sector vaise profesionalizando cada vez máis. O número de representacións e de espectadores aumenta tamén progresivamente. Por outra parte, hai que salientar a importancia que ten hoxe en Galicia a modalidade de teatro de monicreques.

Entradas relacionadas: