O Grupo Nós e a figura de Castelao na cultura galega

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,02 KB
Actualizado el

Resumen

O documento presenta o Grupo Nós (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada Diéguez), a revista Nós fundada en Ourense en 1920 e o papel de Castelao como figura central da cultura galega do século XX. Inclúe tamén unha lista de obras principais e algunhas notas sobre cheísmo, teísmo e vocabulario xurídico.

Puntos clave

  • O Grupo Nós estaba formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez, todos nados cara a 1885.
  • O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920, da que se publicaron 144 números ata 1936.
  • A revista Nós foi a publicación máis importante da Galicia da preguerra e tratou arqueoloxía, etnografía, historia e literatura.
  • Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) destacou como debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista.
  • Castelao dirixiu artisticamente a revista Nós desde 1920 e foi elixido deputado no Partido Galeguista.
  • Desde 1984 os restos de Castelao repousan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Grupo Nós

  1. Castelao
  2. Grupo Nós
  1. O Grupo Nós está formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez. Todos eles nacen en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á Xeración das Irmandades da Fala. Comparten ademais unhas características comuns que os diferencian doutros escritores da época: a súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.


Revista Nós

O nome do grupo procede da revista Nos, fundada en Ourense en 1920 e da que, ata a súa desaparición en 1936, se publicaron un total de 144 números. Foi a publicación máis importante da Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía, historia, literatura, etc. Galicia comeza deste modo a ser obxecto de estudo e investigación.

Contribución de Castelao

A gran preparación intelectual que estes autores tiñan permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.

No plano político, participaron das teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.

No plano literario, o seu principal logro foi a consolidación e renovación da prosa, tanto a narrativa como o ensaio.


Principais obras

Obra

Autor

Xénero Literario

O porco de pé

Vicente Risco

Novela

Os camiños da vida

Ramón Otero Pedrayo

Novela histórica

Retrincos

Castelao

Narrativa

A trabe de ouro e a trabe de alcatrán

Vicente Risco

Literatura

A lagarada

Ramón Otero Pedrayo

Teatro

Os dous de sempre

Castelao

Novela

Nós, os inadaptados

Vicente Risco

Ensaio

Os vellos non deben (de) namorarse

Castelao

Teatro

Arredor de si

Ramón Otero Pedrayo

Novela

Teoría do nacionalismo galego

Vicente Risco

Narrativa


  1. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) é a figura máis destacada da cultura galega do século XX. Nel fundense as facetas de pintor debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista.

Castelao nace en Rianxo no seo dunha familia mariñeira. Entre os 10 e os 14 anos reside na Pampa arxentina, onde emigrara seu pai. De volta en Galicia estuda o Bacharelato e a carreira de Medicina en Santiago. Desde novo amosa unha grande habilidade como debuxante e caricaturista.

Durante estes anos participa no sindicato Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala, iniciando un intenso labor político que continuará ata a súa morte. Comeza tamén a súa relación co grupo ourensán de Risco, Otero e Cuevillas, e en 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. Paralelamente desenvolve unha ampla actividade como conferenciante, presenta exposicións dos seus debuxos e colabora na prensa como caricaturista e narrador. En 1926 é elixido membro da Real Academia Galega.


Tras o remate da ditadura de Primo de Rivera incrementa a súa actividade política. Participa na creación do Partido Galeguista, polo cal en 1931 foi elixido deputado en 1931 e 1936. É un dos principais promotores do Estatuto de Autonomía para Galicia que será aprobado en plebiscito en 1936.

Ao remate da Guerra Civil exíliase, primeiro en Nova York e logo en Bos Aires, e continúa a súa defensa da causa republicana. Crea en Bos Aires o Consello de Galiza, unha especie de goberno galego no exilio, do que é presidente ata a súa morte en 1950.

Desde 1984 os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

  1. A revista Nós foi fundada por Vicente Risco o 30 de outubro do ano 1920 en Ourense, tiña sede en A Coruña, Santiago e Lugo.

Esta revista tiña contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamentos políticos. Buscou colaboración de Otero Pedrayo, entre outros...


  1. CHEÍSMO: fenómeno dialectal consistente na utilización do pronome CHE. Dase cheísmo por exemplo na oración chameiche polo teléfono e non me contestaches. O cheísmo é característico da área fisterrá.

TEÍSMO: fenómeno dialectal consistente na utilización do pronome TE. Dase teísmo por exemplo na oración: se te moves non te podo facer a foto. É característico do Baixo Miño pontevedrés e de falas do leste de Ourense, de Zamora e da comarca de Bierzo de León.

  1. Cidadán, Tratado, Estado
  1. Procurador, Atenuante, Testemuño, Agravante, Querela, Testemuña, Litixio
  1. Birrete, Veredicto, Tribunal, Delito, Fiscal, Reo, Estrado, Xuiz, Citación, Testemuña

Preguntas frecuentes

De onde procede o nome do Grupo Nós?

O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Dela publicáronse 144 números ata a súa desaparición en 1936.

Quen era Castelao?

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un pintor debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista, considerado a figura máis destacada da cultura galega do século XX. Naceu en Rianxo en 1886 e morreu en Bos Aires en 1950.

Onde repousan os restos de Castelao?

Desde 1984 repousan no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal era a procedencia da revista Nós?
2. Cantos números se publicaron da revista Nós ata 1936?
3. Que xénero literario se atribúe a Retrincos?
4. En que ano foi elixido Castelao membro da Real Academia Galega?
5. Onde morreu Castelao?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.