Rosalía de Castro: vida e obra en galego no Rexurdimento

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,57 KB
Actualizado el

Resumen

Este documento presenta a vida de Rosalía de Castro, figura clave do Rexurdimento galego, e analiza a súa obra poética en galego: Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). Explica os temas, a estrutura e a lingua destes poemarios, así como o significado da súa obra para a literatura galega.

Puntos clave

  • Rosalía de Castro naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885.
  • Cantares gallegos (1863) foi o primeiro libro publicado integramente en galego e inaugurou o Rexurdimento das letras galegas.
  • Cantares gallegos contén 36 poemas con temática costumista, amorosa, intimista e de denuncia.
  • Follas novas (1880) é o segundo e derradeiro libro de poemas en galego, con 136 poemas organizados en cinco apartados.
  • Follas novas combina unha liña continuadora de inspiración popular cunha liña renovadora de temática metafísica e existencial.
  • A lingua de Rosalía baséase na fala oral e presenta castelanismos, dialectismos como o seseo e vulgarismos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Rosalía de Castro: Figura clave do Rexurdimento

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento e conta cun gran recoñecemento popular.

Vida

Naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Rexistrada como filla de pais descoñecidos, viviu ata a adolescencia coa súa madriña nunha aldea cerca de Padrón. Na adolescencia viviu en Santiago coa súa nai e participou no Liceo da Xuventude. En 1856 mudouse a Madrid, onde coñeceu ao seu esposo, Manuel Murguía. En 1875 trasladouse á Casa da Matanza, en Padrón, onde faleceu en 1885.

Obra en galego

Poesía

A súa obra literaria en galego consta de tres títulos, entre os que destacan especialmente dous poemarios: Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).

Prosa

Rosalía deixou inédito un conto de tipo popular, Conto gallego, que sería publicado postumamente no ano 1923 en Bos Aires, no «Almanaque Gallego» que dirixía Manuel de Castro. Ademais, debemos considerar tamén dentro da súa produción en prosa galega os proemios das dúas obras poéticas que publicou na nosa lingua.

Cantares gallegos

O 17 de maio de 1863 sae do prelo do vigués Juan Compañel a primeira edición de Cantares gallegos, o primeiro libro que se publicaba escrito integramente en galego. A súa publicación ficará na historia de Galicia como o fito co que se inaugura o Rexurdimento das letras galegas.

Esta primeira obra de Rosalía en galego responde a dúas motivacións:

  • Compromiso: O compromiso explícito da autora coa terra e a xente de Galicia e o desexo de contribuír á dignificación do seu idioma.
  • Tradición: A intención de glosar poeticamente unha serie de coplas populares (incorporadas aos poemas a xeito de refrán), dun modo parello ao que fixera o poeta biscaíño Antonio Trueba no Libro de los cantares en 1851.

Trátase dunha colección de 36 poemas onde se abordan distintos temas:

  • Temática costumista-folclórica: Desenvólvese en poemas nos que se describen tipos e costumes galegos (o gaiteiro, as devocións populares, as romarías, etc.).
  • Temática amorosa: Adoita darse en poemas nos que a muller ou o home expoñen a súa coita amorosa.
  • Temática intimista: Aparece en dúas composicións que aluden á saudade ao evocar a terra ou os antergos.
  • Temática de denuncia: Dáse naquelas composicións que tratan problemas de índole social, como a emigración ou a marxinación do país.

Formas e recepción

A obra utiliza versos de arte menor e rima asonante, empregando recursos como a aliteración, a anáfora e comparacións poéticas. A súa recepción foi de gran entusiasmo dentro e fóra de Galicia.

Follas novas

En 1880, Rosalía de Castro publica Follas novas, o seu segundo e derradeiro libro de poemas en galego. No limiar do libro, a autora dá testemuño da súa decisión de non volver escribir en galego, debido a razóns como o fracaso na política ou as críticas recibidas.

Se o comparamos con Cantares gallegos, en Follas novas atopamos dúas liñas:

  • Liña continuadora: Poemas de inspiración popular e temática costumista ou crítica, nos que predomina a visión obxectiva.
  • Liña renovadora: Novidosa na poesía galega, con poemas de temática metafísica e existencial, cunha visión subxectiva marcada pola saudade e o pesimismo.

Estrutura e contido

Os 136 poemas que compoñen esta obra aparecen organizados en cinco apartados: «Vaguedades», «Do íntimo», «Varia», «Da terra» e «As viúdas d'os vivos e as viúdas d'os mortos».

  • Intimismo: En «Vaguedades» e «Do íntimo» predomina a subxectividade (saudade, desacougo, angustia).
  • Social e costumista: En «Da terra» e «As viúdas d'os vivos e as viúdas d'os mortos» predomina a obxectividade (denuncia das inxustizas, solidariedade, feminismo).
  • Varia: Trátanse temas diversos desde diferentes perspectivas.

O galego de Rosalía

A súa lingua baséase na fala oral, chea de castelanismos infiltrados na fala popular, dialectismos como o seseo e vulgarismos. Con Cantares gallegos consolidou de maneira definitiva o renacer da moderna literatura galega e con Follas novas elevou o discurso poético.

Preguntas frecuentes

Cal foi o primeiro libro de Rosalía de Castro escrito integramente en galego?

Cantares gallegos, publicado en 1863, foi o primeiro libro publicado integramente en galego. A súa aparición é considerada o inicio do Rexurdimento das letras galegas.

Cantos poemas contén Cantares gallegos?

Cantares gallegos é unha colección de 36 poemas que abordan temas costumistas, amorosos, intimistas e de denuncia social.

En que se diferencia Follas novas de Cantares gallegos?

Follas novas, publicado en 1880, inclúe unha liña renovadora de temática metafísica e existencial, cunha visión subxectiva marcada pola saudade e o pesimismo. Ademais, está formado por 136 poemas organizados en cinco apartados.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano se publicou Cantares gallegos?
2. Onde naceu Rosalía de Castro?
3. Cantos poemas contén Follas novas?
4. Que motivación de Cantares gallegos responde á intención de glosar coplas populares?
5. Que liña de Follas novas presenta temática metafísica e existencial?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.