Fenómenos Fonéticos e Vocálicos do Galego

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,63 KB
Actualizado el

Resumen

Este documento estuda os principais fenómenos fonéticos do vocalismo átono do galego, como a prótese, a síncopa e a epéntese, e a metafonía nominal. Tamén explica a gheada, o seseo e as regras das vogais abertas e pechadas, con exemplos de palabras e excepcións.

Puntos clave

  • A prótese engade un /a/ antietimolóxico ao principio da palabra, como en arradio (a radio).
  • A síncopa suprime unha vogal no medio da palabra, como en broa (boroa).
  • Na metafonía nominal, a vogal final -o pecha a vogal tónica, como en novo ou medo; só afecta ás palabras con oposición de xénero.
  • A gheada é a aspiración do fonema /g/, e o seseo é a non aparición do son /θ/.
  • O e tónico é aberto en palabras rematadas en -el, -ela ou -enza, e cando está trabado por consoante oclusiva, como en técnica ou texto.
  • O o tónico é aberto en palabras rematadas en -ol, -ola, -oz ou -osa, como en sol, farola, voz ou feroz.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Fenómenos no Vocalismo Átono

Algúns dos fenómenos fonéticos que afectan ao vocalismo átono en galego inclúen:

  • Prótese: Adición dun /a/ antietimolóxico ao comezo da palabra. Exemplo: arradio (a radio).
  • Aférese: Supresión dun son ao comezo da palabra. Exemplo: inda (aínda).
  • Epéntese: Aparición dunha vogal (xeralmente /i/) no medio da palabra. Exemplo: a iauga (a auga).
  • Anaptixe (tipo especial de epéntese): Desenvolvemento dunha vogal entre consoantes. Exemplo: Ingalaterra (Inglaterra).
  • Síncopa: Supresión dunha vogal no medio da palabra. Exemplo: broa (boroa).
  • Paragoxe: Adición dunha vogal ao final dunha palabra. Exemplo: mullere (muller).
  • Apócope: Perda da última parte da palabra. Exemplo: san (santo).
  • Palatalización: Cambio dun son a un son palatal. Exemplo: queixón (caixón).
  • Harmonización vocálica por asimilación e disimilación: Influencia da vogal tónica sobre a pretónica. Exemplos: dumingo, marmurar (domingo, murmurar).
  • Labialización: Influencia dunha consoante labial sobre a vogal pretónica. Exemplo: romedio (remedio).

Metafonía Nominal

A metafonía nominal é unha influencia asimiladora regresiva que exerce a vogal da sílaba átona final dunha palabra sobre a vogal da sílaba tónica precedente desa mesma palabra.

  1. Principalmente ocorre coa vogal final -o. Pode haber casos coa vogal final -a, aínda que con certas dúbidas. Exemplos: do latín NOVU > novo [ˈnoβo], METU > medo [ˈmeðo], HORA > hora [ˈɔɾa].
  2. Non afecta a todas as palabras, só a aquelas que posúen oposición de xénero.
  3. Trátase dun mecanismo morfolóxico redundante na flexión de xénero: vogal pechada = masculino / vogal aberta = feminino. Excepcións: cego, vello, ferro, inverno, merlo, neto, certo, esta.
  4. A metafonía non é sistemática. Cúmprese en parellas como sogro / sogra, cadelo / cadela, desexoso / desexosa, pero non se cumpre en cesto / cesta, raposo / raposa, etc.

A Gheada

A gheada é a aspiración do fonema oclusivo velar sonoro /g/.

O Seseo

O seseo é a non aparición do son fricativo interdental xordo /θ/ en certas comunidades de falantes.

Tipos de seseo:

  • Explosivo ou total: Ocorre en posición inicial ou intervocálica. Exemplo: sapato.
  • Implosivo ou parcial: Ocorre en posición implosiva (ante consoante ou final de palabra). Exemplo: lus.

Vogais Abertas e Pechadas

A distinción entre vogais abertas e pechadas é fonolóxica en galego e segue certas regras e tendencias.

O E Aberto

O e tónico pronúnciase aberto nos seguintes casos:

  1. Nas palabras rematadas en -el e os seus plurais, e en xeral cando o e vai en contacto con l que trabe sílaba: papel, andel, melro, felpa, etc. Excepcións: el, aquel.
  2. Nas formas verbais do tema de perfecto irregular: viñemos, fixemos, souberon, etc.
  3. Nas palabras rematadas en:
    • -ela: cadela.
    • -elo: castelo, mantelo (non uniforme).
    • -enza, -encio, -encia: ciencia, pertenza, silencio, etc.
  4. Cando o e está trabado por consoante oclusiva (tónica ou pretónica): técnica, recto, texto, sexo, tecnoloxía, rectangular, textual, sexual. Excepción: o prefixo extra-.
  5. En todo e tónico en palabras esdrúxulas: médico, céspede, néboa, etc.
  6. En todo e inicial nos nomes das letras: ese, efe, eme, etc.
  7. En todo e tónico en palabras graves rematadas en ditongo crecente: leria, modestia, criterio, etc. Excepcións: femia, premio, medio.
  8. Na conxunción copulativa e.
  9. No verbo ser: o e do imperfecto de indicativo (era) e as formas es e é. No verbo querer: a primeira persoa do presente de indicativo (quero) é con e aberto.
  10. No e tónico radical do presente de indicativo da 2ª e 3ª conxugación dos verbos semirregulares nas persoas 2ª, 3ª e 6ª: metes, mete, meten, feres, fere, feren, etc. Excepcións: ver, deber, ler, crer e todos os rematados en -ecer, agás quecer, esquecer e anhelar, que manteñen sempre a vogal aberta.
  11. Cando temos parellas de homónimos nas que un é substantivo e outro verbo, tende a levar vogal aberta o verbo: eu rego / o rego, eu comezo / o comezo, eu pelo / o pelo, el pega / a pega, etc.
  12. O verbo levar mantén a vogal aberta cando é rizotónico. Excepción (prodúcese ao revés): os demos / nós demos, a sé / sé ti.

O O Aberto

O o tónico pronúnciase aberto nos seguintes casos:

  1. Cando provén da crase con outro o: nó, só, po, etc.
  2. No o radical do presente de indicativo da 2ª e 3ª conxugación dos verbos semirregulares nas persoas 2ª, 3ª e 6ª: moves, move, moven, corres, corre, corren, dormes, dorme, dormen, cospes, cospe, cospen, etc.
  3. En parellas de homónimos nas que o verbo contén vogal aberta e o substantivo pechada: eu acordo / o acordo, eu rogo / o rogo, eu xogo / o xogo, etc.
  4. Nas palabras rematadas en -ol (cos plurais) e -ola: caracol, mol, sol, farola, rapazola, etc.
  5. Nas palabras rematadas en -oz (cos plurais) e -osa: voz, feroz, xeitosa, desexosa, etc.
  6. Cando o o está trabado por consoante oclusiva (tónico ou pretónico): óptimo, obter, obxectar, robot, octosílabo, etc.
  7. En todo o tónico en posición esdrúxula: código, lóxico, inhóspito, etc. Excepción: cóbado.
  8. En palabras con o tónico graves rematadas en ditongo crecente: ocio, croio, odio, etc. Excepción: codia.
  9. Nos verbos obrar, votar e oír, a vogal o (átona ou tónica) é sempre aberta. O verbo tomar mantén a vogal aberta cando é rizotónico.

Preguntas frecuentes

Que é a metafonía nominal?

É unha influencia asimiladora da vogal átona final sobre a vogal tónica da mesma palabra. Ocorre sobre todo coa vogal final -o, e só en palabras que teñen oposición de xénero.

Que é o seseo?

É a non aparición do son fricativo interdental xordo /θ/. Pode ser explosivo ou total, en posición inicial ou intervocálica, como en sapato; ou implosivo ou parcial, en posición implosiva, como en lus.

Cando é aberto o e tónico?

Cando a palabra acaba en -el, -ela ou -enza, ou cando o e está trabado por consoante oclusiva, como en técnica ou texto. Tamén é aberto en todo e tónico das palabras esdrúxulas, como médico.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que fenómeno engade unha vogal /a/ ao principio dunha palabra?
2. Que é a aférese?
3. Que tipo de seseo se produce ante consoante ou ao final de palabra?
4. Como é o e tónico na palabra cadela?
5. Cal das seguintes palabras ten o o tónico aberto por rematar en -oz?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.