O galego e a poesía das Irmandades e da vangarda no primeiro terzo do século XX
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 11,14 KB
Actualizado el
Resumen
O documento describe a situación do galego no primeiro terzo do século XX: a diglosia co castelán, o movemento galeguista (Irmandades da Fala, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos e Partido Galeguista) e os prexuízos lingüísticos. Tamén repasa a poesía das Irmandades, con Ramón Cabanillas e Antonio Noriega Varela, e a poesía de vangarda, con Manuel Antonio como figura máis innovadora. A lectura permite entender o contexto social e literario desta etapa.
Puntos clave
- O castelán era a lingua máis prestixiada e o galego vivía unha situación de diglosia.
- As Irmandades da Fala (1916) defendían a dignificación e expansión do galego e fundaron o periódico A Nosa Terra.
- O Partido Galeguista conseguiu un Estatuto de Autonomía aprobado en referendo en 1936, que o alzamento militar impediu aplicar.
- Os prexuízos lingüísticos vencellaban o galego co mundo rural e a pobreza, e rexeitaban o galego normativo por ser «artificial».
- Ramón Cabanillas é o poeta máis sobresaínte da etapa e pasa por varias fases, desde a intimista ata a madurez.
- A vangarda en Galicia foi difundida pola Xeración Nós e Manuel Antonio, con De catro a catro (1928), representa a vangarda plena.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O galego no primeiro terzo do s. XX
Situación de diglosia: o castelán é a lingua máis prestixiada.
Proceso de recuperación do galego: iniciado no Rexurdimento; importante avance agora.
Logros: movemento galeguista e organizacións
- Irmandades da Fala (1916): obxectivo de defensa, dignificación e expansión do idioma. Editaron o periódico A Nosa Terra; potenciaron o teatro; fixeron proxectos para a galeguización do ensino e doutros ámbitos; fundaron editoriais.
- Grupo Nós: modernizaron os xéneros menos desenvolvidos e crearon o ensaio galego. Estenden a lingua galega a todas as formas de relación que ata entón a excluíran.
- Revista Nós: publicaron traballos literarios e doutras temáticas, demostraron a validez do galego para o tratamento de todo tipo de temas.
- Seminario de Estudos Galegos (SEG): fundado por alumnos e profesores universitarios en 1923, o seu obxectivo é estudar Galicia. Intentan sentar as bases histórico-culturais da identidade galega e con eles nace o ensaio en galego.
- O Partido Galeguista: formado polos membros máis coñecidos das Irmandades e o Grupo Nós. O seu obxectivo era a consecución do autogoberno a través dun Estatuto de Autonomía, aprobado en referendo en 1936. Promulgábase a cooficialidade do galego, introducíndoo no ensino e na Administración, pero o alzamento militar impediu poñelo en práctica.
Características lingüísticas
Galego enxebrista: caracterizado por intentar diferenciarse do castelán. Acoden ao portugués ou ao galego antigo. Uso de arcaísmos, vulgarismos e hiperenxebrismos.
Real Academia Galega (1906): non se acadou unha norma estándar. Moitos dos aspectos daquelas normas mantéñense na actualidade.
Publicación das normas do Seminario, elaboráronse algunhas gramáticas e dicionarios de interese.
Os prexuízos lingüísticos
Lingua en expansión: castelán. Lingua minorizada: galego.
Prexuízos lingüísticos: valoracións e actitudes negativas sobre o galego e sobre os seus falantes co obxectivo de provocar o seu rexeitamento.
- Prexuízos vellos: o galego é unha lingua vinculada co mundo rural, a pobreza, a ignorancia e o atraso.
- Prexuízos novos: rexéitase o galego normativo porque é un “invento” artificial, non é “auténtico”, pero, asemade, din que é mellor non falalo que facelo mal; considérase unha lingua con poucos falantes.
Graves consecuencias: afectan moi negativamente ao autoconcepto individual e colectivo, son discriminatorios, manteñen os usos diglósicos, provocando o abandono da lingua e a ruptura da transmisión xeracional.
Tipos de prexuízos lingüísticos
- Estéticos.
- Socioeconómicos.
- Sociopolíticos.
Poesía das Irmandades (1889-1939)
A etapa das Irmandades divídese en tres períodos: Restauración Borbónica (finais do XIX-1931), a II República (1931-1936) e a Guerra Civil (1936-1939), que coinciden co Posrexurdimento e a Época Nós.
Contexto socio-histórico
- Agrarismo: movemento social máis representativo do primeiro terzo do século XX. Obxectivo: procurar melloras nas condicións de vida dos campesiños. Primeiro a través de Solidaridad Gallega (1907-1915) e máis tarde coa constituída en 1912 Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez.
- Nacionalismo: superados os movementos provincialista e rexionalista do s. XIX, desenvólvese a terceira fase do galeguismo, o nacionalismo, que nace coa creación das Irmandades da Fala en 1916. Reivindicaba a autonomía integral para Galicia e a cooficialidade dos idiomas galego e castelán. O proxecto inicial converteuse despois nunha plataforma política, sen éxito debido aos malos resultados obtidos nas eleccións de 1918. En 1922 fractúrase en dúas liñas, cultural e política; triunfa a primeira, defendida por Risco.
- Emigración: forte incremento a partir de 1850 polas dificultades económicas do país. As consecuencias foron a fractura social e o despoboamento do territorio de orixe.
- Movemento obreiro: primeiras décadas do s. XX, aparición das primeiras organizacións de traballadores influídas pola Internacional. A economía era a fonte de riqueza (sector primario), cunha escasa industrialización e atraso nas comunicacións.
Panorama cultural
- Fundación da RAG (1905), promovida desde a Habana por Fontenla Leal e Curros Enríquez.
- Revista Nós, publicada en Ourense desde 1920.
- Seminario de Estudos Galegos, en Santiago (1923), co fin de formar investigadores e divulgar a realidade galega.
Autores principais da poesía
Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959)
Poeta máis sobresaínte. A crítica coincide en sinalar a dificultade de adscribilo a un grupo ou xeración determinada.
Obra: atopamos o alento social de Curros, a liña intimista de Rosalía e o ton épico de Pondal. Influencia do Modernismo na súa obra.
Vida: naceu en Cambados en 1876. Estudou no Seminario Menor de Santiago. Entre 1910 e 1916 reside en Cuba, onde comeza o seu labor literario. En 1916 regresa a Galicia e desempeña labores burocráticos. Pasa os últimos anos no mosteiro de Samos e morre en 1959.
Produción poética
- Poesía lírica: poemas intimistas, amorosos, con recreacións da natureza e a evocación do pasado. A rosa de cen follas (1927); poemas cívicos como Da terra asoballada (1917), onde recolle postulados agraristas e o ideario das Irmandades da Fala; e poemas costumistas, onde recrea tipos e costumes rurais desde unha perspectiva crítica e humorística.
- Poesía narrativa: recrea un pasado cheo de esplendor e augura un futuro esperanzador para Galicia. Na noite estrelecida (1926), longo poema narrativo dividido en tres sagas: A espada de Escálibur, O Cabaleiro do Santo Grial e O soño do rei Artur.
Evolución literaria
- Etapa de formación (1910-1915): (pregaleguista/agrarista). Influencia de intelectuais galeguistas. Temática intimista e social. Influencias modernistas. No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
- Etapa decisiva (1916-1920): (galeguista). Influenciado polas Irmandades da Fala, trata de achegar as ideas galeguistas ao pobo mediante poemas de carácter didáctico. É un poeta civil. Da terra asoballada (1917) e a obra teatral A man da santiña (1921).
- Etapa mítico-saudosista (1920-1931): (nacionalista). Influencia pondaliana nunha poesía empeñada en reconstruír o pasado mítico de Galicia. Na noite estrelecida (1926) e o drama O mariscal (1926).
- Etapa de madurez (1939-1959): (intimista). Caracterizada polo afastamento do compromiso ideolóxico, últimos anos de reclusión no mosteiro. A poesía é intimista e autorreflexiva, segue unha liña de pesimismo existencial cun ton poético grave e contemplativo e o uso do verso clásico. Camiños no tempo (1949).
Lingua e estilo: na 1ª etapa, lingua dialectal. A partir dos anos 20 vólvese culta.
Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947)
Comezou estudos eclesiásticos en Mondoñedo que non rematou; logo estudou Maxisterio. Obras principais: Montañesas (1904/1910) e Do ermo (1920/1929/1946).
- Poesía costumista e ruralista: influída polos autores do s. XIX, motivos paisaxísticos, costumes, tradicións e vida dos campesiños de Mondoñedo.
- Poesía modernista e saudosista: influencias de Rubén Darío, Teixeira de Pascoaes e dos clásicos latinos. Poesía culta e refinada, toma como motivo as paisaxes portuguesas. O franciscanismo é unha manifestación da profunda relixiosidade do autor, que concibe a obra como un canto á grandeza de Deus.
Outros autores
- Gonzalo López Abente: autor de sete poemarios. A crítica destaca o poemario Do outono.
- Victoriano Taibo: discípulo de Cabanillas. Destaca o seu poemario Abrente.
Poesía de Vangarda
Desenvólvese en Europa entre 1900 e 1930 a través de varias correntes estéticas:
- Futurismo: exalta a mecánica e a técnica. Suprime adxectivos e adverbios e elimina a puntuación.
- Cubismo: relacionado coa pintura, descomposición en liñas xeométricas. Caligramas.
- Dadaísmo: postula a irracionalidade e a rebeldía. Libre asociación de conceptos.
- Surrealismo: fluxo libre do inconsciente e psicoanálise de Freud.
Vangardismo en Galicia
As Irmandades da Fala e a Xeración Nós foron os principais difusores. Coñécese como Novecentistas, Xeración do 25 ou Xeración de 1922.
- Vangarda matizada: mestura tradición e modernidade. Inclúe o hilozoísmo (Amado Carballo) e o neotrobadorismo (agroma tras o descubrimento dos cancioneiros).
- Vangarda plena: rompe coa tradición. Ultraísmo, surrealismo e creacionismo. Máximo expoñente: Manuel Antonio.
Vangarda pura: O creacionismo
Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930): a figura máis innovadora. Defende o monolingüismo e simboliza a modernización literaria. É un creador rebelde e radical.
Vida: estudou Náutica en Vigo. A súa relación con Vicente Risco infórmao sobre os "ismos". Entre 1926 e 1927 embarca no paquebote Constantino Candeira, onde escribe De catro a catro.
Obra: destaca o manifesto Máis Alá! e o poemario De catro a catro (1928). Inicia a vangarda plena polo seu carácter rupturista. Disposición topográfica e metáforas innovadoras ligadas á ciencia. Ofrece unha visión do mar insólita, como unha viaxe interior e simbólica.
Vangardas matizadas: Hilozoísmo e Neotrobadorismo
- Hilozoísmo: destaca Amado Carballo (Proel, O galo). Mestura elementos tradicionais con imaxes sensoriais e unha visión humanizada da natureza.
- Neotrobadorismo: influencia da lírica medieval. Destacan Fermín Bouza Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Mar ao norde, Poemas do si e do non, Cantiga nova que se chama riveira).
Preguntas frecuentes
Que era a diglosia no galego do primeiro terzo do século XX?
Era unha situación na que o castelán era a lingua máis prestixiada e o galego quedaba minorizado. O documento sinala que o proceso de recuperación do galego iniciado no Rexurdimento avanzou nesta etapa.
Quen fundou as Irmandades da Fala e cando?
Fundáronse en 1916 e tiñan como obxectivo a defensa, dignificación e expansión do idioma galego. Editaron o periódico A Nosa Terra e fixeron proxectos para a galeguización do ensino.
Quen foi Manuel Antonio?
Foi un poeta de Rianxo (1900-1930) considerado a figura máis innovadora da vangarda galega. Defendía o monolingüismo e a ruptura coa tradición, e o seu poemario De catro a catro (1928) inicia a vangarda plena.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.