Ejemplos de dobre,mordobre, finda y atafinda

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,06 KB

3. A lírica relixiosa

3.1 Alfonso X, o Sabio


A pesar de ter unha vida privada pouco feliz e gobernar con escasa fortuna, Alfonso X, foi xunto co seu neto don Dinís, o gran mecenas de cultura medieval peninsular. Criouse na fortaleza de Maceda, onde tería aprendido o idioma galego. Pola súa corte pasaron grandes trobadores e xuntou un equipo de sabios e artistas que participaron na elaboración da maior parte das obras que se lle atribúen. Foi un gran impulsor do castelán, que converteu en lingua oficial da monarquía. Como autor atribúenselle 44 cantigas, na súa meirande parte de escarnio e maldicir.

3.2 As Cantigas de Santa María


As Cantigas de Santa María están destinadas a ser cantadas e consisten en 427 composicións en louvanza da Virxe escritas en galego-portugués. Nacen como unha obra de propaganda do Rei Sabio que pretendía mostrar o prestixio e o poder da corte toledana. Non son obra de Alfonso X, senón que este supervisaba e dirixía o labor dun equipo ao seu servizo. As fontes que inspiraron cancioneiro relixioso son variadas: narracións orais, coleccións marianas, experiencias persoais do rei e dos seus colaboradores, etc. Estas cantigas chegaron a nós a través de 4 códices: 

- Códice TO:

Contén 128 cantigas con notación musical. 

- Códice E:

Está composto por 417 cantigas.

- Códice T:

Composto por 193 cantigas con notación musical e moitas miniaturas. 

- Códice F:

Está incompleto e figuran nel 104 cantigas.

AMOR CORTÉS É cando o poeta xura fidelidade a dama ainda que esta o rexeite.

4. A prosa literaria medieval

A prosa galega tivo menor relevancia cá lírica, posuímos mostras de considerable importancia. Pódense distinguir 2 grandes grupos: a prosa de ficción, integrada por obras que a maioría son traducións ou versións de textos literarios europeos; e a historiografía, constituída por obras de carácter histórico, xurídico, didáctico, etc.

4.1 A prosa de ficción


Está integrada por 2 ciclos narrativos, a Materia de Bretaña e a Materia de Troia, así como diversos textos haxiográficos.


A materia de Bretaña (ciclo artúrico)


Formada por textos baseados en lendas bretoas que circularon con grande éxito por Europa. Comprende historias en torno ao rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda. Na nosa literatura é coñecido como Demanda do Santo Graal, e consta de 3 partes. - Xosé de Arimatea, S.XVI. Narra a historia deste personaxe, segundo a tradición, recolleu o sangue de Xesús na copa utilizada na Derradeira Cea. - Merlín, S.XVI. Narra as profecías do mago, nas que se anuncia a chegada de tempos novos. - Demanda do Santo Graal, S.XV. Cóntanse as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Graal. Só 3 dos 150 cabaleiros serán elixidos: Boorz, Perceval e Galaaz. Figura que representa a xustiza divina.

A materia de Troia


Está formada por textos que derivan do Roman de Troie. Foron creados a partir de lendas que narran episodios aos heroes da guerra de Troia e ao asedio e destrución desta cidade. Os textos da materia de Troia ofrécennos unha visión medieval e imaxinaria da Grecia clásica. - Crónica Troiana, tradución do castelán rematada a finais do XVI, que ten un gran valor lingüístico, pois coñecemos o estado da nosa lingua no S.XIV. -Historia Troiana, tamén traducida do castelán a finais do S.XIV. Trátase dun texto bilingüe con partes en galego e partes en castelán. Consta de 220 folios, dos cales 140 están en castelán e 80 en galego.

Haxiografía


O texto galego máis salientable é unha versión do Códice calixtino, que se coñece como Miragres de Santiago. Neste texto inclúense diversos milagres, a expedición de Carlomagno a Hispania, a morte de Roldán en Roncesvalles, etc.

4.2 Historiografía Está formada por textos traducidos do castelán:

- Crónica xeral galega:

tradución ao galego da Crónica general e da Crónica de Castilla.

- Crónica galega de 1404:

escrita orixinariamente en galego.

- Crónica de Santa María de Iria:

tradución ao galego de 2 textos latinos. Nela fálase do traslado do corpo de Santiago desde o porto de Iria, dos distintos bispos destas diocese e de diversas tribos.

- General estoria:

versión galega da obra castelá de Alfonso X que narra a historia desde a aparición do home ata o reinado deste monarca.

- Libros de liñaxes:

xenealoxía das principais familias nobres de Portugal. Son 4 libros, o último dos cales contén tamén referencias a trobadores e outras personalidades galegas.


5. Cantiga de amor

1. Xénero Voz poética masculina e tema amoroso

2. Personaxes

· Monologadas:

fala solo/consigo mesmo

· Dialogadas:

diríxese ao amor, a Deus, á dama, aos amigos...

3. Temas

· O amor do poeta:

non correspondido ou platónico.

· Coita do amor:

ollos que choran, sandece, non durmio, morrer de amor... (sufrimento).

· Rexeitamento:

enfado da dama.

· Louvanza da dama:

bo semelhar, ben talhado, ben falar, ben sen, bo siso...

4. Recursos·

Palavra perduda:

verso que non rima co resto da estrofa.

· Dobre:

na mesma estrofa repítese a mesma palabra en lugares estratéxicos.

· Mordobre:

na mesma estrofa repítese a mesma palabra, pero con modificacións morfolóxicas.

· Finda:

estrofa mais breve que se pon ao final da cantiga a modo de resumo.

· Ata finda:

conecta as estrofas co conxuncións.

5. Resumo

6. Cantigas de escarnio e maldicir


- Sátira relacionada co sexo


- Sátira social


- Sátira xograresca


- Sátira política


- Sátira moral


- Sátira literaria

Entradas relacionadas: