Fundamentos da Teoría Política Moderna e Empirismo: De Hobbes a Locke

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en español con un tamaño de 3,85 KB

Moderna teoría política

A partir do Renacemento tómase conciencia de que o poder político non ten un carácter divino, senón que é un pacto entre humanos. Esta é a base da nova política, o contractualismo, asociado ao nacemento da burguesía como clase; aparece o desexo da liberdade e aquela visión inamovible do poder empeza a desintegrarse. Os seres humanos nacen libres e racionais, e son eles os que deciden pactar o poder a partir destas características. A sociedade é, polo tanto, convencional. A teoría política que dá inicio ao novo Estado é descrita por Tomás Hobbes e John Locke.

Hobbes: O Leviatán e a seguridade

Hobbes parte de que o poder é froito da vontade humana. Os seres humanos nacen esencialmente iguais, non nacen predestinados a nada; todos temos igualdade para conseguir os nosos obxectivos. Pero Hobbes únelle a isto a matriz egoísta do ser humano, que fai imposible a convivencia salvo que poidamos conseguir unha autoridade que nos guíe.

  • Estado de natureza: É o estado anterior ao pacto, onde non hai lei nin autoridade. Establécese a lei do máis forte (guerra continua), polo que non é posible o progreso.
  • O pacto: Para superar ese estado de natureza, Hobbes identifícao coa renuncia a ser libres a cambio de seguridade.
  • O soberano: Traspasamos o poder a un soberano que acapara todo o poder, converténdose no Leviatán. A visión política de Hobbes é moderna, pero ten un enlace nun Estado autoritario.

Locke: O nacemento do Estado liberal

Locke responde aos ideais da burguesía inglesa da súa época, xustificando o Estado liberal. No seu estado de natureza, os individuos son suxeitos de dereito e son libres.

  • O pacto: Para Locke, este pacto non debe supor unha renuncia aos dereitos fundamentais; o Estado debe estar supeditado ao interese persoal.
  • Institucionalización: Non todo o mundo respecta os dereitos naturais, polo tanto, temos que institucionalizalos para preservalos. O soberano é un funcionario ao que se lle paga para que defenda os nosos dereitos.
  • División de poderes: Esta visión conleva unha división de poderes para evitar o absolutismo. Os poderes serán: lexislativo, executivo e federativo. O poder xudicial atópase dentro do executivo.

Teoría do coñecemento

Todas as filosofías a partir do empirismo comezarán cunha teoría do coñecemento. O coñecemento é un proceso que se produce a partir da relación entre tres elementos: suxeito (persoa), obxecto (o que sae do suxeito) e discurso (independente do coñecemento).

O empirismo deriva a filosofía unicamente do suxeito. Por iso dicimos que se basea na psicoloxía, xa que parte dos nosos propios sentidos. A teoría do coñecemento é un intento de demostrar que as nosas capacidades psíquicas son adecuadas para dicir como son as cousas; os nosos sentidos non nos enganan.

John Locke e a orixe das ideas

Cando Locke irrompe no panorama filosófico, predomina a filosofía cartesiana (a realidade tripartida: res cogitans infinita, res cogitans e res extensa). Locke pregúntase pola orixe do coñecemento humano:

  • Tese: O noso coñecemento é un conxunto de ideas; calquera vivencia psíquica ou afirmación da vontade é unha idea.
  • Crítica ao innatismo: Locke non cre nas ideas innatas, xa que a orixe destas sitúase como consecuencia dunha sensación ou dunha reflexión. Acadamos as ideas, non nacen connosco. Desta maneira, Locke rompe co racionalismo.