Evolución da poesía galega: xeracións e tendencias desde os novísimos

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,36 KB
Actualizado el

Resumen

O texto recorre a evolución da poesía galega desde os novísimos dos anos 60 ata as correntes actuais, pasando pola reconfiguración estética posterior a 1975, os colectivos poéticos e as características dos anos 80. Tamén recolle a contribución das escritoras e a pluralidade dominante na poesía actual, con autores e obras representativos de cada etapa.

Puntos clave

  • Os novísimos dos anos 60 herdan a tradición socialrealista e escriben poesía ideoloxizada sobre a lingua, a opresión nacional e as liberdades.
  • A partir de 1975 hai unha fase de reconfiguración estética, con publicacións como Con pólvora e magnolias (Méndez Ferrín) e Herba aquí ou acolá (Cunqueiro) en 1976.
  • Colectivos como O Rompente, Alén e Cravo Fondo representan distintas vías: vangardismo, obra común e unha posición intermedia entre formalismo e poesía política.
  • A poesía dos anos 80 caracterízase polo afán culturalista, o decadentismo estético, a experimentación, a recreación mítica e a recuperación do erotismo e o intimismo.
  • A partir dos anos 90 aparecen novas voces, proliferan grupos poéticos e concursos, e as escritoras introducen un imaxinario feminino reivindicativo.
  • A poesía actual é plural e articúlase en catro correntes: poética feminina, do cotián, do coñecemento e experimental.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A autonomía política e as consecuencias institucionais e sociais modificaron os vectores culturais de Galicia. Nas tendencias vese como o socialismo da obra dos novísimos dá paso ao escepticismo culturalista.

Os Novísimos da Poesía Galega

Unha mostra da poesía dos anos 60 témola na antoloxía Os novísimos da poesía galega (Victoria Moreno). Os novísimos son herdeiros da tradición socialrealista e escriben poesía ideoloxizada con temas como a lingua, a opresión nacional, as liberdades, etc., seguindo a liña de Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María.

A proposta dos novísimos disolveuse e algúns pasaron á narrativa e outros rectificaron para coincidir cos dos anos 80.

Reconfiguración Estética Post-1975

A partir de 1975 hai unha fase de reconfiguración estética e en 1976 houbo un cambio de rumbo ao publicarse:

  • Con pólvora e magnolias (Xosé Luís Méndez Ferrín)
  • Seraogna (Antón Pexegueiro)
  • Herba aquí ou acolá (Xosé Luís Cunqueiro)

Colectivos Poéticos Destacados

Hai que destacar tamén a creación de colectivos poéticos:

  • O Rompente: Formado por Antón Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño, etc., que defenderon as formas vangardistas e provocadoras.
  • Alén: Formado por Ramón Peña, Mato Fondo e Salinas Portugal, que teñen unha obra en común, Alén.
  • Cravo Fondo: Propón unha vía intermedia entre o formalismo e a poesía política. Formado por Xesús Rábade, Ramiro Fonte, Fiz Vergara, Imanol López Valcárcel, etc.

Características da Poesía dos Anos 80

As características principais da poesía dos anos 80 son:

  • Afán culturalista e decadentismo estético.
  • Gusto pola experimentación e a interdisciplinariedade.
  • Recreación mítica.
  • Recuperación do erotismo e o intimismo.
  • Preocupación polos valores lingüísticos e formais.

Autores Representativos dos Anos 80

  • Pilar Pallarés: É unha das voces máis representativas. Na obra Entre lusco e fusco alterna un ton intimista cunha visión social reivindicativa, e en Livro das devoracións atopamos intimismo e reflexión sobre o amor.
  • Ramiro Fonte: Participou no grupo Cravo Fondo antes de comezar en solitario. Nas obras As cidades da nada e Pasa un segredo temos un discurso poético interrogativo, persoal e con fondo filosófico. Os seus temas son: o tránsito cara á morte, a infancia, o tempo pasado, etc.
  • Claudio Rodríguez Fer: É un poeta de temática erótica e sensual, con obras como Poemas de amor sen morte e Febra.

Fenómenos da Poesía a Partir dos Anos 90

A partir dos anos 90 prodúcense uns fenómenos na poesía entre os que destacamos:

  1. Continuidade creativa dos poetas da xeración dos 80.
  2. Aparición de voces como Marilar Aleixandre, Ramón Caride, Xoán Neira, etc.
  3. Superación das dificultades para publicar as obras.
  4. Vontade recompilatoria de autores e colectivos.
  5. Eclosión de escritores novos chamados "poetas dos 90" cunha actitude activa e dinamizadora que publican libros individuais e colectivos (por exemplo, Cándido Duro con O xardín das matanzas, Xosé Mª Vila Ribadomar con A fraga do pericardio).
  6. Proliferación de grupos poéticos que comparten o gusto pola poesía.
  7. Proliferación de concursos poéticos e impulso á tradución directa doutros idiomas.

A Contribución das Escritoras

Un factor fundamental é a contribución das escritoras, as cales dan aos seus poemas un imaxinario do feminino no que reivindican figuras marxinadas como as bruxas, lesbianas, prostitutas, etc., sensibilidades e unha linguaxe sexualizada. Destacan:

  • Pilar Beiro (Hinterland)
  • Iolanda Castaño (Elevas as pálpebras)
  • O colectivo de mozas cambadesas.

Correntes Dominantes na Poesía Actual

A pluralidade é a tónica dominante que se dá en catro correntes básicas:

  • Poética feminina
  • Poética do cotián
  • Poética do coñecemento
  • Poética experimental

Preguntas frecuentes

Que son os novísimos da poesía galega?

Son os poetas dos anos 60 recollidos na antoloxía Os novísimos da poesía galega (Victoria Moreno). Herdan a tradición socialrealista e escriben poesía ideoloxizada sobre a lingua e a opresión nacional.

Cales son as características da poesía dos anos 80?

Destacan o afán culturalista e o decadentismo estético, a experimentación, a recreación mítica, a recuperación do erotismo e o intimismo, e a preocupación polos valores lingüísticos e formais.

Que correntes dominan a poesía actual segundo o texto?

A pluralidade é a tónica dominante, con catro correntes básicas: poética feminina, poética do cotián, poética do coñecemento e poética experimental.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que tradición herdan os novísimos da poesía galega?
2. Que obra publicada en 1976 marca un cambio de rumbo tras 1975?
3. Que colectivo propón unha vía intermedia entre o formalismo e a poesía política?
4. Cal dos seguintes elementos é característico da poesía dos anos 80?
5. Que autora é citada como representante dos anos 80 con Entre lusco e fusco?
6. Que temática reivindican as escritoras segundo o texto?
7. Cal é a tónica dominante na poesía actual?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.