Funcións da Linguaxe e Historia do Galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,78 KB

A intención comunicativa

A función principal da linguaxe é a comunicativa, pero ten outras funcións:

  • Función representativa ou referencial: é a principal e a máis usada, a función obxectiva por excelencia. O elemento no que se centra a atención do emisor é o referente. Serve para expresar ideas ou conceptos, enunciar datos e nomear as cousas, isto é, para transmitir unha información de maneira obxectiva.
  • Función expresiva ou emotiva: é eminentemente subxectiva, serve para manifestar os sentimentos do emisor.
  • Función apelativa ou conativa: serve para chamar a atención do interlocutor e influír no seu comportamento. O interese céntrase no receptor.
  • Función fática ou de contacto: serve para iniciar, manter ou suspender a comunicación sen engadir ningún dato. Úsase para comprobar a operatividade da canle.
  • Función poética ou estética: centra a atención na forma da mensaxe. É a función máis característica da lingua literaria, pero non é exclusivamente desta.
  • Función metalingüística: informar sobre o código lingüístico.

Os estratos

  • Substrato: influencia dunha lingua nativa ou indíxena sobre outra lingua implantada no mesmo territorio. O substrato galego fórmano as linguas que se falaban en Galicia antes da chegada dos romanos, e que desapareceron coa implantación do latín.
  • Adstrato: recíproca influencia entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio. Por exemplo, a influencia do castelán sobre a fala e a do galego sobre o castelán que se fala en Galicia.
  • Superestrato: influencia exercida sobre unha lingua autóctona por unha lingua invasora. Por exemplo, a influencia das linguas xermánicas ou árabes sobre o latín vulgar de Galicia entre os séculos V e IX.

O período prerromano

Englóbanse os séculos previos á chegada da cultura e da lingua, o que vén ser a nosa prehistoria.

As súas linguas reciben o nome xenérico de linguas prerromanas ou prerrománicas.

A chegada do latín á Península marca o comezo dun proceso de asimilación cultural, a posterior unidade lingüística promovida pola imposición do latín.

O substrato prerromano é o conxunto de trazos que deixaron as linguas autóctonas prerromanas.

As linguas prerromanas deixaron vestixios fundamentalmente na toponimia e no léxico común referido a certos aspectos materiais e a esferas elementais da vida cotiá (nomes de plantas, accidentes orográficos, útiles rudimentarios...).