Poesía e prosa galega das Irmandades da Fala, Nós e as vangardas

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,44 KB
Actualizado el

Resumen

O documento repasa a literatura galega entre 1916 e 1936, tempo das Irmandades da Fala e das vangardas. Recolle a obra de Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e outros poetas, así como a prosa de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao e Rafael Dieste. Tamén trata o teatro galego desta etapa, co que o alumnado poderá situar autores, obras e correntes.

Puntos clave

  • As Irmandades da Fala, fundadas en 1916, defendían a lingua galega e un plan de rexeneración do país.
  • Ramón Cabanillas é un autor de transición entre a poesía decimonónica e a de vangarda, con temas sociais, líricos e míticos.
  • Manuel Antonio representa a rebeldía vangardista e publicou en 1922, con Álvaro Cebreiro, o manifesto Máis Alá.
  • De catro a catro (1928) é o único poemario que Manuel Antonio publicou en vida.
  • Vicente Risco destaca pola ironía e o humor, e a súa novela satírica O porco de pé (1928) critica a burguesía materialista.
  • Castelao escribiu Cousas, 45 contos breves con debuxos que crean un xénero novo.
  • Na época das Irmandades crearonse o Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919) e a Escola Dramática Galega (1922).

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A poesía das Irmandades da Fala

Contextualización

A poesía galega do primeiro terzo do século XX conta xa cunha apreciable tradición histórica, a diferenza da do Rexurdimento, na que os autores tiveron que partir practicamente de cero á hora de escribir en galego, pois a maioría nin sequera sabía da existencia dos cancioneiros medievais. Agora temos xa tres clásicos (Rosalía, Curros e Pondal) e o coñecemento da extraordinaria lírica medieval, que iniciará mesmo unha corrente estética propia: o Neotrobadorismo.

Ademais, créanse novas editoriais como Céltiga, Lar ou Nós para potenciar o libro na nosa lingua e ampliar o número de lectores; entre os autores percíbese, en xeral, unha actitude de ser escritores decididamente monolingües en galego. O acontecemento decisivo desta etapa é a aparición en 1916 das Irmandades da Fala, unhas asociacións que tiñan como obxectivo a defensa do idioma galego, combinada con todo un plan de rexeneración do país.

Ramón Cabanillas (1876-1959)

Un autor de transición entre a poesía decimonónica e a de vangarda. Por unha banda, o literato cambadés recolle da tradición o compromiso social de Curros, o intimismo rosaliano e o simbolismo celta de Pondal; pero, pola outra, a obra de Cabanillas supón xa unha renovación no panorama da literatura galega:

  • En primeiro lugar, porque introduce na súa poética elementos estéticos propios do movemento modernista.
  • En segundo lugar, porque co poemario Na noite estrelecida e a obra teatral en verso O Mariscal, amplía os horizontes da literatura mítica inaugurada por Pondal.

Como apuntamos, podemos distinguir tres liñas na súa poesía: a poesía social (Cabanillas foi un autor comprometido co movemento agrarista), a poesía lírica e a poesía mítica. Velaquí o máis significativo da súa obra:

  • Nos seus tres primeiros libros: No desterro, Vento mareiro e Da terra asoballada, atopamos poemas de carácter social nos que critica o caciquismo, a miseria do campesiñado ou o trato inxusto a Galicia. Sitúase na liña de Curros Enríquez, pero sen o seu anticlericalismo.
  • A rosa de cen follas (1927): Poemario de temática amorosa e intimista, de grande elegancia e sinxeleza formal, con influencias de Rosalía de Castro e Bécquer.
  • Na noite estrelecida (1926): Considérase un dos máis belidos poemas da literatura galega. A súa estética é modernista, cunha linguaxe refinada e luxo sensorial. Usa pareados alexandrinos e romances para galeguizar as lendas do rei Artur e o Santo Grial.

Outros poemarios publicados despois da Guerra Civil son Versos de alleas terras e tempos idos e Da miña zanfona.

Outros poetas das Irmandades

Podemos citar a Noriega Varela, autor de Do ermo (1920). Na súa poesía distínguense dúas etapas: unha de carácter costumista e outra paisaxista, máis culta e refinada.

A poesía de vangarda

Contextualización e características

Durante o período de 1916 a 1936, a literatura galega vive un proceso de modernización coas vangardas europeas. Unha corrente é vangardista cando busca a renovación das linguaxes de expresión, a experimentación e unha actitude de provocación e ruptura co anterior.

Manuel Antonio (1900-1930)

Representa a rebeldía vangardista. En 1922 publica, con Álvaro Cebreiro, o manifesto Máis Alá, un texto polémico que atacaba o pasado poético e aos clásicos (Rosalía, Pondal e Curros). Manuel Antonio defendía a orixinalidade radical e a renovación permanente.

Publicou en vida un único poemario, De catro a catro (1928), subtitulado Follas sen data dun diario de abordo. Representa unha travesía marítima e unha viaxe iniciática cunha visión pesimista. As súas innovacións inclúen:

  • Importancia do elemento visual no poema.
  • Vocabulario científico e estranxeirismos.
  • Uso da metáfora e imaxes desconcertantes (creacionismo).
  • Creación de ritmos novos.

Outros autores de vangarda

  • Luís Amado Carballo: Inaugura o hilozoísmo con Proel e O galo, caracterizado pola personificación da paisaxe.
  • Álvaro Cunqueiro: Introduce o surrealismo con Poemas do si e non e destaca no neotrobadorismo con Cantiga nova que se chama ribeira.
  • Fermín Bouza Brey: Iniciador do neotrobadorismo con Nao senlleira (1933).
  • Roberto Blanco Torres: Autor de Orballo da media noite.

A prosa do primeiro terzo do século XX

Vicente Risco (1884-1963)

Líder das Irmandades e mestre da súa xeración. Responsable da modernización literaria, o seu estilo destaca pola ironía, o humor e a carga intelectual. Entre as súas obras de ficción destaca a novela satírica O porco de pé (1928), que critica a burguesía materialista.

Na súa obra ensaística salientan Teoría do nacionalismo galego, o libro de viaxes Mitteleuropa e o artigo "Nós, os inadaptados".

Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)

Introduciu elementos anovadores grazas á súa vasta cultura. O seu estilo é intuitivo e barroco. Obras principais:

  • Os camiños da vida: Sobre a decadencia da fidalguía.
  • Arredor de si (1930): Novela autobiográfica sobre a conversión ao galeguismo.
  • A romaría de Xelmírez: Novela histórica.
  • Peregrinaxes: Ensaio sobre unha viaxe a San Andrés de Teixido.

Castelao (1886-1950)

Clásico da cultura galega e figura política clave. A súa narrativa está chea de humanismo e solidariedade cos débiles. Obras destacadas:

  • Un ollo de vidro: Relato de humor negro.
  • Cousas: 45 contos breves con debuxos, creando un xénero novo.
  • Os dous de sempre: Novela sobre o materialismo e o idealismo.
  • Retrincos: Cinco relatos autobiográficos.

Rafael Dieste (1899-1981)

Autor de Dos arquivos do trasno, colección de contos de misterio e técnica depurada onde o desenlace é fundamental. O seu estilo mestura o real co fantástico cun pouso filosófico.

O teatro galego

Contextualización

Na época das Irmandades créase unha infraestrutura estable co Conservatorio Nacional de Arte Galega (1919) e a Escola Dramática Galega (1922). O teatro era visto como un medio para dignificar a lingua.

Correntes teatrais

  • O teatro das Irmandades: Destacan Antón Vilar Ponte e Ramón Cabanillas con O Mariscal.
  • O teatro do Grupo Nós: Vicente Risco con O Bufón de El-Rei (simbolista) e Otero Pedrayo con A lagarada. Castelao escribiu Os vellos non deben de namorarse, estreada no exilio.
  • O teatro das vangardas: Rafael Dieste destaca con A fiestra baldeira (1927) e o seu labor nas Misións Pedagóxicas co Teatro Guiñol.

Preguntas frecuentes

Cando se fundaron as Irmandades da Fala?

As Irmandades da Fala apareceron en 1916. Eran asociacións que tiñan como obxectivo a defensa do idioma galego, combinada cun plan de rexeneración do país.

Que publicou Manuel Antonio en 1922?

Manuel Antonio publicou, con Álvaro Cebreiro, o manifesto Máis Alá. Era un texto polémico que atacaba o pasado poético e aos clásicos como Rosalía, Pondal e Curros.

De que trata a novela O porco de pé?

É unha novela satírica de Vicente Risco, publicada en 1928, que critica a burguesía materialista.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano apareceron as Irmandades da Fala?
2. Cal é o único poemario que Manuel Antonio publicou en vida?
3. Que obra de Ramón Cabanillas se considera un dos máis belidos poemas da literatura galega?
4. Que xénero novo creou Castelao con Cousas?
5. Que ensaio de Vicente Risco se menciona no documento?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.