Estereotipos e prexuízos lingüísticos: Impacto no galego

Lengua y literatura2,41 KB

1. Estereotipos e prexuízos

Resulta fundamental analizar os estereotipos e prexuízos existentes para comprender o bilingüismo dunha sociedade. Os prexuízos son un tipo de actitude que, en moitos casos, é o motivo da substitución dunha lingua por outra. Un exemplo son os pais galegofalantes que non lle falan galego aos seus fillos porque cren que pode pechar portas á hora de estudar e buscar traballo. Para inverter estes comportamentos, un camiño é buscar os prexuízos e eliminalos.

A súa repercusión nos usos

Na formación dun prexuízo, o primeiro paso é a creación dun estereotipo, que ocorre dividindo un grupo social en determinadas clases en oposición unhas con outras (con diferentes características). Este proceso coñécese como categorización e é unha xeneralización, unha simplificación da realidade. Este proceso é útil e necesario para o coñecemento humano; os estereotipos sempre reflicten a realidade, pero dun modo simplificado.

O prexuízo aparece cando se interpreta mal un estereotipo e é causado por dous motivos:

  • Non se aceptan as excepcións: En lugar de concibir os estereotipos como o que son, interprétanse de maneira tallante e categórica. Ao non aceptar as excepcións, estas interprétanse de maneira negativa. Por exemplo, no caso do galegofalante típico (estereotipo), o prexuízo crearíase cando un individuo non encaixa nesa condición, como é o caso dunha rapaza nova galegofalante en Vigo.
  • Percepción errónea: No caso dos galegofalantes, non quere dicir que falar galego sexa de ignorantes, senón que foi unha lingua falada polas clases máis atrasadas cultural e economicamente, mentres que os que tiñan axudas escribían e estudaban en castelán.

Estas circunstancias provocarán a separación das linguas segundo a clase social dos seus falantes. Nos prexuízos, o estereotipo vai acompañado dunha tendencia á discriminación que ten unha función defensiva, co fin de manter a imposición dominante de certos grupos sobre outros.

No caso de Galicia, o grupo dominante eran os que falaban castelán, que tiñan o privilexio de poder ser monolingües, mentres que os galegofalantes estaban obrigados a utilizar o castelán nalgunhas situacións. Isto denomínase bilingüismo asimétrico. Este privilexio desaparece coa normalización.

Descargar

PDF Word HTML