A estandarización do galego: reintegracionismo e castelanismos
A polémica reintegracionista
A corrente reintegracionista propugna a aproximación do estándar galego ao do portugués de Lisboa. Os seus defensores agrupáronse na Associaçom Galega da Lingua, que en 1983 publica o Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
Fronte a esta postura, os partidarios da normativa oficial defenden a identidade do galego como lingua autónoma e independente do portugués e toman como punto de partida o galego oral.
Entre estas dúas correntes xorde outra tendencia intermedia, partidaria dun achegamento ao portugués, que queda recollida nas Orientacións para a escrita do noso idioma, publicadas pola AS-PG en 1980.
Castelanismos léxicos
Na súa introdución tiveron un papel fundamental a Igrexa, a Administración e o ensino. Noutras ocasións, a entrada destes débese á ruptura co mundo tradicional, coa chegada de obxectos máis modernos con nome castelán (por exemplo, escoba). Moitos castelanismos adaptáronse á fonética galega; pola contra, non adoita haber adaptación fonética nos termos técnicos (por exemplo, geografía). A penetración dos castelanismos chegou ata o punto de que, en moitos casos, os falantes galegos non recoñezan palabras tradicionais como estoxo.
Na interferencia do castelán distinguimos varios graos:
- Prodúcese cando existen no galego dous termos total ou parcialmente sinónimos.
- A forma galega, aínda que se mantén, vai restrinxindo o seu significado a uns ámbitos de uso moi específicos. Nestes casos, o termo galego asóciase con matices rústicos, tradicionais, etc.
- Ten lugar cando se dá unha substitución total da forma tradicional galega pola súa correspondente castelá.
Castelanismos semánticos
Prodúcense cando a unha forma castelá lle corresponden dous termos en galego e estes non se utilizan adecuadamente.
Características lingüísticas: primeiro terzo do século XX
A aplicación do galego a novos ámbitos de cultivo e usos facía necesario dotalo dun nivel de elaboración do que carecera ata o momento. Por outra parte, a ideoloxía nacionalista provocou que os escritores da época buscasen un idioma galego máis puro. Este afán purista levounos a rexeitar en moitos casos formas galegas lexítimas para substituílas por arcaísmos, lusismos, estranxeirismos, hipergaleguismos ou vulgarismos innecesarios. A pesar de todo, os castelanismos non desaparecen.
Da elaboración dunha norma unificada encárganse as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos. Previamente á publicación das normas do Seminario, saen á luz outras, as promovidas polas Irmandades nunha obra titulada Compendio de gramática galega, pero non son moi aceptadas. Destaca, ademais, a obra Gramática do idioma galego e o estudo de Couceiro Freijomil. Este último publica en 1929 o segundo intento de unificación ortográfica, que constituíu a base das normas do Seminario.
Características lingüísticas: finais do XX e comezos do XXI
As primeiras normas da época democrática son as Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego. Estas respondían á necesidade de dispoñer dunha variedade codificada. Trátase dun texto froito dun amplo diálogo, aberto e participativo, no que formaron parte desde membros da RAG ata defensores de posturas reintegracionistas.
Pero un pequeno grupo rexeitounas e, co fin de superar esta situación, en 1982 sácase á luz as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Lei de normalización lingüística converte a RAG na autoridade en cuestións normativas. A partir de 1982 publícanse gramáticas amplas e sistemáticas. Estas foron reformadas en 1995 e en 2003, dando como resultado a denominada normativa de concordia, vixente na actualidade.