A Ecoloxía das Linguas: Orixe, Diversidade e Conflito Lingüístico
A Orixe do Multilingüismo e a Ecoloxía das Linguas
A diversidade lingüística aséntase na forma específica que cada sociedade ten de relacionarse co medio natural que a rodea e xera unha cultura material adaptada a este. A globalización presenta tendencias uniformizadoras que petan coa realidade dun mundo plural. A diversidade é a característica que define as manifestacións culturais e lingüísticas da humanidade. Cada unha das linguas en que se plasma esta diversidade corresponde á expresión dunha identidade colectiva, unha maneira específica de estruturar e aprehender a realidade.
A ecoloxía das linguas chama a atención sobre dous aspectos: a relación das linguas co contorno e a riqueza de conceptos que se expresan a través dos distintos idiomas que a humanidade posúe. Esta corrente valoriza a lingüodiversidade como un ben que a humanidade debe preservar. A necesidade de salvagardar esa diversidade como un patrimonio histórico e cultural está fundamentada no valor das linguas atendendo aos seguintes argumentos: son expresión de identidade individual e colectiva, son depositarias da historia das comunidades que as orixinaron, contribúen á suma do coñecemento e do saber humano, constitúen un obxecto de estudo e interese en si mesmo.
Conflito e Diglosia
A sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e de analizar as relacións entre estas e o medio social.
O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. Nacen na estrutura dunha sociedade e non poden ser explicados nin estudados descoñecendo os factores históricos, políticos, sociais, económicos... que motivan esa situación. A discriminación lingüística é unha manifestación da situación xeral dun pobo ao que non se lle permite o seu normal e pleno desenvolvemento. Unha situación de conflito ten dúas saídas antagónicas:
- A substitución lingüística: proceso que consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante. Tres fases:
- Implantación dunha lingua foránea nun territorio con lingua propia.
- Uso diglósico da lingua propia e da lingua foránea, sendo esta segunda os usos máis prestixiosos e importantes.
- Abandono total do uso da lingua propia e completa asimilación á lingua de fóra.
- Normalización lingüística: proceso que consiste na recuperación paulatina de usos e funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación.
BILINGÜISMO: capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas, a súa propia e outra distinta.
DIGLOSIA: prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen individuos que empregan dous idiomas: un propio e outro pertencente a un grupo lingüístico diferente.
LINGUA MAIORITARIA: linguas europeas como o inglés, francés sufriron un fenómeno de expansión debido á súa acción colonial noutros continentes. A nosa lingua está entre as 160 máis faladas do mundo.
LINGUA MINORITARIA: aquela que conta cun número reducido de falantes. Lingua que ten menos dun millón de falantes.
LINGUA MINORIZADA: aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos e privados. A vitalidade das linguas depende de diversos factores. As linguas minorizadas presentan distintos graos de vitalidade: