Obra literaria de Castelao: teatro, novela e ensaio

Lengua y literaturaActualizado el 2,5 KB

Resumen

O texto presenta a obra literaria de Castelao en tres xéneros: o teatro, coa peza "Os vellos non deben (de) namorarse"; a única novela, "Os dous de sempre", con dous personaxes constantes; e o ensaio "Sempre en Galiza". Achega datos sobre a estrutura, os personaxes e o contexto de escritura de cada obra.

Puntos clave

  • "Os vellos non deben (de) namorarse" estreouse en Buenos Aires en 1941 e ten tres lances cos seus vellos namorados.
  • "Os dous de sempre" é a única novela de Castelao, composta por 44 relatos con Pedriño e Rañolas como personaxes constantes.
  • Rañolas evoluciona de humilde mendigo a reloxeiro, mentres Pedriño é un home sen vontade nin ambición.
  • "Sempre en Galiza" é o seu traballo ensaístico fundamental e inclúe un prólogo con 14 textos escritos en Badaxoz en 1935.
  • Nos tres últimos libros de "Sempre en Galiza" defende Galicia fronte á República.

Ponte a prueba

Teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Os vellos non deben (de) namorarse

Estreada en Buenos Aires en 1941, esta obra outorga unha gran importancia aos decorados, ás roupas e ás máscaras.

O motivo do vello namorado repítese nos tres lances da obra. En cada un hai un vello namorado dunha moza e un mozo rival nas súas pretensións amorosas. A morte aparece como personaxe advertindo ao vello dos perigos do seu namoramento, acompañada por un grupo de mulleres.

  • 1º lance: Don Saturio non atura a falcatruada de Lela e mátase con solimán da súa botica.
  • 2º lance: O fidalgo D. Ramón, que por un bico de Micaela morre no esterco.
  • 3º lance: O vinculeiro D. Fuco, que morre de felicidade por casar con Pimpinela.

A obra remata cun epílogo no que os vellos se encontran mortos no cemiterio. Láianse do seu imprudente namoramento e coñecen as noticias das súas mozas. Sabela é unha narración da súa época de deputado nas Cortes, que trata o contraste entre unha moza nova, compañeira de baile nos anos mozos, e o estado no que a encontra anos máis tarde (irrecoñecible).

Os dous de sempre

É a única novela de Castelao, composta por 44 relatos con dous personaxes constantes: Pedriño e Rañolas. A obra é unha biografía paralela de dous amigos da infancia:

  • Rañolas: Parte da adversidade (é moi humilde) e vai mellorando a súa condición de mendicante a reloxeiro.
  • Pedriño: É un home sen vontade e sen ambición.

Castelao adopta a posición de narrador omnisciente, aínda que tamén utiliza a terceira persoa.

Ensaio: "Sempre en Galiza"

Representa o labor ensaístico fundamental de Castelao:

  • Prólogo (ADRO): Escrito en Badaxoz no 1935. Contén 14 textos onde compara a realidade estremeña coa galega. É a parte máis interesante literariamente.
  • O libro primeiro: Escrito en Barcelona e Valencia no 1937. Trata de convencer aos republicanos da causa galeguista.
  • O libro segundo: Escrito en 1940 en Nova York e no Atlántico.
  • O libro terceiro: Escrito en 1943 en Buenos Aires.
  • O libro cuarto: Escrito no paquebote Campana, que o leva de Marsella a Buenos Aires.

Nestes últimos tres libros, defende a Galicia fronte á República.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando se estreou a obra "Os vellos non deben (de) namorarse"?

Estreouse en Buenos Aires en 1941. A obra outorga unha gran importancia aos decorados, ás roupas e ás máscaras.

Cantos relatos ten a novela "Os dous de sempre"?

A novela está composta por 44 relatos, cos personaxes constantes Pedriño e Rañolas. É unha biografía paralela de dous amigos da infancia.

Que é "Sempre en Galiza"?

É o labor ensaístico fundamental de Castelao. Inclúe un prólogo escrito en Badaxoz en 1935, que compara a realidade estremeña coa galega, e varios libros escritos entre 1937 e 1943.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que cidade se estreou "Os vellos non deben (de) namorarse"?
2. Cantos lances ten a obra "Os vellos non deben (de) namorarse"?
3. Cantos relatos compoñen a novela "Os dous de sempre"?
4. Que personaxe evoluciona de mendicante a reloxeiro?
5. Onde se escribiu o prólogo de "Sempre en Galiza"?
6. Que defende Castelao nos tres últimos libros de "Sempre en Galiza"?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.