Xentilicios de Galicia

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 39,41 KB

2. OS POBOS PRERROMANOS DA PENÍNSULA IBÉRICA (pobos do sur e do levante, meseteños e do Occidente peninsular).
·Dende finais da Idade do Bronce e durante a Idade do Ferro, desenvolvéronse na Península Ibérica varias áreas culturais (pobos
prerromanos), froito da evolución das culturas autóctonas e das influencias recibidas do exterior dos pobos colonizadores.
Destacan dúas grandes influencias que actuarán sobre os pobos indíxenas:
-Os pobos mediterráneos, como os fenicios, gregos e cartaxineses.
-Os pobos indoeuropeos, de orixe céltico que entran polos Pirineos.
·Denomínase pobos prerromanos a aqueles que habitaban a Península Ibérica e que entraron en contacto con Roma no século
III
a.C. Tiñan como trazos comúns o non formar unidades políticas homoxéneas, hábitat en núcleos fortificados, o emprego da
metalurxia e a importancia económica da agricultura e a gandaría entre outros.
·Entre os pobos peninsulares prerromanos diferéncianse os seguintes:
-Tartersos: entre finais do II milenio a.C. E a mediados do I a.C, desenvólvese en Andalucía occidental unha florecente cultura,
que xa aparece en fontes da Antiga Grecia. A súa gran riqueza baseábase na extracción de mineral e o seu posterior comercio
con fenicios e gregos; sen esquecer ademáis a importancia da agricultura, gandería e pesca. A súa organización política
baséase na monarquía. A ourivería estaba moi desenvolta, seguindo modas e tradicións fenicias. Destaca o famoso Tesoro do
Carambolo.
1. No Sur e Levante peninsular, os íberos: cultura resultante do contacto entre o substrato indíxena e as influencias fenicias,
gregas e tartésicas. Desenvolveuse a partir do s. VI a.C. Constituíron unha serie de pobos independentes, con trazos comúns: a
súa economía estaba baseada fundamentalmente en agricultura e gandería (aínda que tamén desenvolveron relacións
comerciais con gregos, fenicios e cartagineses). A sociedade tribal é moi jerarquizada en función do poder económico e militar.
Contan con poboados amurallados; a súa organización política estaba bastante desenvolvida debido á influencia do modelo de
cidade-Estado, traído por fenicios e gregos. O modelo político máis frecuente era a monarquía. O desenvolvemento cultural
ibero foi destacable (escritura, relixón...) con manifestacións artísticas desenvolvidas, como amosa a Dama de Elche ou a
Dama de Baza.
2. Pobos da Meseta: no interior peninsular, habitado por diferentes pobos independentes, desenvolvéronse culturas de tradición
indoeuropea e céltica mesturados con elementos indíxenas. Nalgunhas zonas, entre o val do Douro e do Ebro, adoptou trazos
culturais íberos, polo que adoptou o nome de celtibérica. Numerosos pobos incluídos nesta área cultural vivían en poboados
amurallados protexidos pos sistemas defensivos, dedicábanse a agriculltua e á gandería, e tiñan un elevado nivel técnico na
fundición de armas de ferro, así como na elaboración de pezas de ourivería.
3. Pobos do norte e do Occidente: a zona occidental dos Pirineos estivo habitada polos vascóns, un pobo de orixe pouco
coñecida asentado no territorio dende o Paleolítico e illado xeográficamente, pola disposición do relevo con vales pechados por
montañas; e cuturalmente, mantendo as formas culturais propias, no que destaca o poder aglutinante da súa lingua. No
noroeste penínsular desenvolveuse a cultura castrexa chamada así polo seu poboado característico, o castro. A súa área
cutural comprendía a actual Galicia e prolongábase cara o sur ata o río Douro e polo leste ata o Sella. Non tiñan escritura e a
súa economía era basicamente agraria e gandeira, alcanzando un notable desenvolvemento a minaría e a metalurxia. Elaboraron
unha rica e variada ourivería en ouro (torques, arracadas, diademas...) que contrasta coa escultura en pedra, de menor
perfección. Coñecemos pouco do seu panteón e menos dos seus ritos funerarios. Esta cultura castrexa evolucionará ao entrar
en contacto con Roma dando lugar á cultura galaicorromana. A cultura castrexa propiamente dicha desenvolveuse entre os
séculos VIII a.C e o I d.C.


3. A CHEGADA DOS ROMANOS: A ROMANIZACIÓN
·A conquista romana foi o proceso histórico de dominio e control militar do territorio da Península Ibérica por parte de Roma.
Este proceso foi bastante dilatado no tempo (uns 200 anos), e terminou coa total integración e asimilación do territorio
hispánico no Imperio romano.
·Etapas da conquista. Desenvolveuse en catro fases:
1) Enfrentamiento entre romanos e cartaxineses (218-197 a.C.). O interese de Roma pola Península Ibérica xurdiu durante o
século III aC. No contexto da segunda guerra Púnica contra Cartago. No 218 a.C., o ataque do xeneral cartaxinés Aníbal a
Sagunto, cidade aliada de Roma, fixo estalar a Segunda Guerra Púnica, tendo como escenario a península Ibérica. Nesta etapa
as tropas romanas derrotaron aos cartagineses e conquistaron toda a costa mediterránea peninsular, o val do Guadalquivir e
parte do val do Ebro.
2) A conquista do interior da Península (197-31 aC). Máis tarde, unha vez derrotados os cartaxineses na península, Roma
inicia a conquista do interior da Península. Atopáronse cunha forte oposición dos pobos peninsulares, especialmente de
celtiberos e de lusitanos. Exemplo desa dificultade foi a resistencia de cidades como Numancia. O resultado destas guerras
foi que case toda a península quedou baixo dominio romano.

3) Sometimento dos pobos da cornixa cantábrica (29-19 aC). O sometemento deste territorio (do que ata o descubrimento de
ouro nas montañas de León os romanos non se ocuparon, polo seu escaso interese económico) iniciouse coas Guerras
Cántabras, que acabaron co control máis ou menos efectivo de cántabros, astures e galaicos polo emperador Augusto. Desta
forma, a finais do I a.C. Toda a Península pasou a formar parte do Imperio romano, aínda que o grao de integración foi máis
intenso na costa mediterránea e no val do Guadalquivir.
·Paralelamente a conquista desenvolveuse a romanización foi o proceso de asimilación dos modos de vida e da cultura de Roma
por parte dos pobos dominados. Este proceso foi máis intenso no litoral levantino e nos vales do Guadalquivir e do Ebro que nos
territorios do norte onde perduraron os costumes prerromanos.
·Organización político-administrativa do territorio.
-Para asegurar o territorio, Roma fundou diversos campamentos militares, como Asturica Augusta (Astorga) ou Legio (León),
que máis tarde se converteron en cidades.
-Para administrar o novo territorio, os romanos usaron o seu tradicional criterio de delimitación: as provincias, administradas
por un gobernador designadas por Roma, pasando de dúas provincias iniciais (197 a.C, Hispania Ulterior e Hispania Cilterior) ata
seis (298 d.C, Baetica, Lusitania, Tarraconensis, Cartaginensis e Gallaecia; no 385 d. C, Balearica) cara o século III. Todas elas
formaron a Diocese das Hispanias.
-Á súa vez, cada provincia estaba dividida en conventos que eran unidades administrativas de carácter xudicial, de recaudación
de impostos e de recrutamento de tropas (con funcións xudiciais, recaudatorias e militares respectivamente).
-Os conventos a súa vez englobaba a varias civitas que eran unidades básicas do sistema romano. Estaban formadas por un
núcleo urbano e un territorio circundante e podían ser de varios tipos segundo o estatuto xurídico polo que se rexían.
Destacaban as colonias, cidades fundadas polo goberno romano con soldados licenciados, e os municipia que eran núcleos
indíxenas que adquirían o réxime xurídico do dereito romano ou latino.
·A lingua, o dereito a relixión e a arte foron as principais manifestacións da integración hispana na cultura romana. Estes catro
aspectos deixaron unha notable herdanza cultural que perdura ata a actualidade.
-O latín (orixe das linguas ROMánicas como o galego, o castelán ou o catalán) difundiuse como lingua de prestixio.
-O dereito romano estendeuse por toda a Península. O seu emprego regulaba as relacións privadas e o funcionamento das
institucións políticas.
-A dominación romana impuxo tamén as crenzas relixiosas propias do Imperio romano. Respectáronse as crenzas locais, pero
era obrigado o culto ao emperador e aos tres deuses que simbolizaban o poder de Roma: Xúpiter, Juno e Minerva. Neste sentido
a relixión utilizouse como medio de integración política. Máis tarde, a partir do século III d.C., difundiuse tamén o cristianismo
en Hispania ao igual que no resto do mundo romano.
-As manifestacións artísticas son abundantes, pero as máis relevantes achámolas na arquitectura e nos mosaicos. En
arquitectura destacan as obras de infraestrutura urbana (acueductos como o de Segovia, ou teatros como os
de Mérida), de transporte (pontes como o de Alcántara), os templos ou mausoleos e os arcos conmemorativos. Dentro deste
apartado temos que falar das vías romanas, que constitúen a primeira rede viaria peninsular. Moitas das nosas estradas e
camiños aínda seguen o trazado daquelas vellas vías. Estes vestixios, catalogados como Bens Culturais pola UNESCO, forman
parte do noso patrimonio e dotan dun elevado atractivo cultural e turístico ao noso país


4. A MONARQUÍA VISIGODA (ORGANIZACIÓN POLÍTICA)
·A partir do século III o Imperio romano comezou a padecer graves problemas que marcaron o inicio da súa decadencia. A crise
foi consecuencia dunha serie de procesos económicos, políticos e militares que debilitaron as institucións de todo o Imperio.
Entre as causas hai que resaltar a inestabilidade do poder imperial e a incapacidade do exército para conter os asaltos dos
pobos bárbaros. As provincias tiveron que enfrontarse soas aos ataques exteriores, ás guerras civís e á crise económica. Os
pobos veciños do Imperio romano aproveitaron a crise para penetrar nos seus territorios. Os emperadores, incapaces de
organizar unha defensa adecuada, víronse obrigados a dividir o Imperio e a pactar con estes pobos ou vinculalos como aliados.
Neste contexto, suevos, vándalos e alanos invadiron a Península a comezos do século V.
·Para controlar de novo Hispania, os emperadores romanos aliáronse cos visigodos ( a tribu xermánica máis romanizada
establecida no sur da Galia), que entran na Península no 418 para acabar cos bárbaros rebeldes, protexer o territorio de
novos ataques e exercer o goberno como representantes da autoridade imperial: así aniquilaron aos vándalos e aos
alanos, e desprazaron aos suevos cara o noroeste.
·A desaparición do Imperio Romano de Occidente no 476 fixo que os visigodos quedasen como donos do sur das Galias e parte
de Hispania. Tas ser derrotados polos francos no 507, os visigodos entraron masivamente en Hispania asentándose na zona
central e instalando a súa capital en Toledo. Aínda así, parte de Hispania mantívose independente ou autónomma do poder
visigodo ata finais do século VI no que as campañas militares dirixidas polos seus reis conseguiron dominar case a totalidade
da Península Ibérica.
·Entre os visigodos e os hispanorromanos foise producindo unha paulatina fusión na que contribuíu poderosamente a
autorización de contraer matrimonios mixtos e a conversión dos visigodos (arrianos) ao catolicismo co rei
Recaredo (589).

·Organización política. Ao longo da súa existencia, o reino dos visigodos caracterizouse pola súa inestabilidade política (guerras
civís, conspiracione e rebeliones nobiliarias, asasinatos dos reis) favorecidas por:
-A elección dos reis: segundo a tradición goda, a monarquía visigoda era electiva, é dicir, a asemblea de homes libres formada
pola guerreiros (nobreza) era que entregaba o poder por aclamación a un xefe. Tras a conversión ao catolicismo tamén
participaban os bispos, que defendían a idea de que o poder emanaba de Deus, quen o depositaba na persoa do rei, e que a súa
actuación estaba sometida ás leis e á disciplina da Igrexa e dan relixión.
Unha vez coroado, o rei tiña nas súas mans o poder político, militar e o da administración da xustiza. Este goberna axudado por
dúas asembleas de carácter político:
*A Aula Regia. De carácter laico, é un consello de notables que colaboran cos xefes militares e os reis. De todos xeitos, ten un
carácter consultivo, polo que o rei non está na obriga de aceptar as súas decisión.
*Os Concilios.Trátase de reunións na capital, Toledo, das autoridades da Igrexa, ás que tamén asisten rei e nobreza. Nestes
concilios, despois de tratar de temas relixiosos, debatíase sobre os asuntos da vida política do reino. Neles elaborábanse as
leis do reino, debatíase sobre as condicións do monarca e marcábanse as pautas polas que se había de rexer o reino. Por iso
non se poden considerar asembleas soamente relixiosas, pois non había outro lugar máis importante onde se tomasen
decisións respecto da política do reino. Deste xeito, na monarquía visigoda, a política e a relixión estaba íntimamente
relacionada. Iníciase unha constante na Historia de España: a alianza entre poder relixioso e poder político (altar e trono).
-A debilidade do poder dos reis, que non contaban con medios suficientes para gobernar e o excesivo poder nos nobres e dos
obispos (que posuían troupas armadas e se facían respetar no seu territorio). O rei esíxelles fidelidade e axuda militar a cambio
de beneficios e recompensas (prefeudalismo visigótico). Así mesmo, moitos homes libre se encomendaban ou se vinculaban
cos nobres a cambio de protección.
·O reino visigodo debilitouse debido ás constantes loitas pola coroa, que orixinaban frecuentes rebelións e guerras civís. No
s.VII, a nobreza visigoda dividiuse en dous clans que se disputaron o trono; unha parte de nobres que quixeron facer rei a un dos
fillos do rei Witiza, pero outro escolleu como rei a Rodrigo. A división interna favoreceu a chegada dos musulmáns, procedentes
do norte de África, no ano 711.


3. O RÉXIME FEUDAL E A SOCIEDADE ESTAMENTAL.
·Mentres se está levando a cabo o proceso de reconquista e repoboación, comenzan a afianzarse os reinos cristiáns cun
modelo político e social semellante: o modelo feudal.
3.1) A sociedade estamental. A sociedade cristiá medieval foi unha sociedade estamental na que os individuos estaban
ordenados en grupos, estados ou estamentos, de acordo coa función que desenvolvían: loitar, rezar, traballar. Nesta
sociedade predominaban os lazos de dependencia persoal fronte aos vínculos de carácter público e os seus membros eran
legalmente desiguais: uns grupos posuían privilexios e vantaxes xurídicas, e outros non.

-Os privilexiados. Os privilexiados eran os nobres e os eclesiásticos, que constituían o grupo dos señores. Posuían honores e
títulos, non pagaban tributos, tiñan leis e tribunais especiais, e exercían o poder e a xustiza sobre os demais. Os señores
tiñan vínculos de dependencia persoais (vasalaxe) que os ligaban entre si mediante a prestación de favores mútuos,
especialmente axuda milirar a cambio de terras e honores. Fundamentaban as súa posición de dominio e privilexio na
dedicación ao exercicio de armas ou á oración (consideradas como actividades e tipo de grandes patrimonios territoriales
ida superior), na defensa que realizaban da sociedade fronte aos perigos que a ameazaban e na posesión de grandes de
grandes patrimonios territoriais. Entre eles existían grandes diferenzas (honoríficas e económicas), tanto entre a alta nobreza
(duques, condes) e a baixa (fidalgos) como entre o alto clero (ábades, bispos) e o baixo (curas e monxes). Eran frecuentes os
enfrontamentos entre eles polo incremento dos seus patrimonios ou por controlar o poder, pero sempre fixeron unha fronte
común fronte aos demais membros da sociedade.
-O grupo dos non privilexiados. Estaba composto polo resto da poboación: os campesiños, artesáns, comerciantes,
burgueses...; formaban o estamento dos pecheiros, porque pagaban os pechos ou impostos. A súa situación e composición
variou co paso do tempo:
*Antes do século X estivo composto fundamentalmente polos labradores, diferenciándose entre os campesiños libres,
propietarios de pequenas parcelas, e os colonos ou servos, que estaban adscritos á terra que traballaban (non a podía
abandonar sen permiso) e debían realizar diversas prestacións e servizos aos seus señores.
*Despois do século X, co renacemento urbano e das actividades comerciais xurdiron novos grupos nas cidades e vilas:
menestrais, artesáns e comerciantes; todos eles formaron o grupo dos burgueses (habitantes dos Burgos)
Ao longo da época foi moi frecuente que moitos campesiños libres buscasen a protección dun nobre, dunha igrexa ou dun
mosteiro. Estes vínculos de dependencia coñécense co nome de relacións de encomenda. A cambio de protección e defensa,
os pequenos propietarios rurais encomendaban a súa persoa, a súa familia e os seus bens a un señor, entregándolle todas ou
parte da súas terras ou pagándolle unha taxa anual.
-Grupos marxinais: a marxinalidade estaba determinada por cuestións étnicas e relixiosas. O grupo máis destacado eran os
xudeus, dedicados a actividades artesanais, mercantís, financieiras e de préstamo. A súa consideración social pasou da
tolerancia e protección real a un crecente odio popular , sobretodo a partir do século XIV, que provocou diferentes
persecucións e matanzas. Nalgunhas zonas tamen existían minorías de mudéxares. Ambos vivían nas cidades en barrios
separados (xuderías, mourerías).
3.2) Monarquía feudal. O avance reconquistador critstiá e os matrimonios entre as distintas dinastías permitiron que nos
séculos XII e XIII se producise a concentración de reinos e señorios en mans dun reducido número de reis: as Coroa de Aragón
e de Castela e os reinos de Portugal e Navarra. A estes reinos e coroas os historiadores cualifícanos de monarquías feudais.
Caracterízase por:
-Caracter patrimonial e hereditario dos reinos: os reinos son propiedade do rei que o recibía e trasnmitía por herdanza e que
podía dividilo entre os seus herdeiros. Na Coroa de Castela, as mulleres podían reinar, pero na Coroa de Aragón e no reino de
Navarra as mulleres transmitían os dereitos reais pero non podían exercer o poder, que recaía nos seus maridos ata a maioría
de idade do seu primoxénito varón.
-Soberanía real. O rei era soberano, é dicir, o que tiña o poder supremo que, segundo a Igrexa, era concedido por Deus, pero non
tiña o poder absoluto, porque debía gobernar respectando os privilexios forais do reino.
*Na Coroa de Castela afianzouse a concepción autoritaria do poder rexio e as leis ou foros tenderon a ser comúns
para todos os seus territorios, establecendo así a homoxeneidade xurídica, agás para os señoríos vascos que tiñan
os seus propios privilexios forais.
*Na Coroa de Aragón predominou a concepción pacifista do poder rexio. De acordo con esta concepción, debía existir
un pacto entre o rei e o reino polo que se concedía o goberno ao rei a cambio de que este xurase respectar os
privilexios forais que limitaba o seu poder.
-Relación de vasalaxe como base do poder: o rei era o señor supremo dun territorio, a quen todos lle debían obediencia e
fidelidade, pero a cambio tiña que outorgar a os seus vasalos un beneficio ou feudo (terras e/ou dereitos xuridiscionais). O
sistema era moito máis complicado xa que, á súa vez, os grandes nobres empregaban este tipo de relación con outros de
inferior categoría formandose unha pirámide de dependencia (pirámide feudal). De acordo con estas obrigacións feudais, cada
nobre importante dispuña dun exército particular de vasalos ao seu servizo e o exército dos rei estaba formado pola unión
desas mesnadas particulares de nobres e eclesiásticos.
-Fragmentación de autoridade e réxime señorial: aínda que o rei tiña a autoridade suprema, compartía con nobres e
eclesiásticos a capacidade de mandar e xulgar os habitantes do reino. Estes grupos lograron, ben pola súa forza militar ou
polos favores prestados ao rei, transformar moitas das súas terras, incluídos os lugares e cidades, en señoríos, é dicir, en
territorios onde eles exercían a xustiza, nomeaban alcaldes e xuíces, establecían e cobraban taxas e impostos, autorizaban
todo tipo de actividades, posuían en exclusiva o dereito de establecer muíños e fornos e de aproveitar o monte. Dependedo de
quen mandara nun territorio, existían distintos señoríos: de reguengo (manda directamente o rei), nobiliario ou eclesiástico.

-Existencia de Cortes: o crecemento das cidades e o aumento de poder dos seus habitantes deu lugar á aparición das Cortes
ou asambleas representativas do reino, aínda que na práctica só formaban parte delas a minoría privilexiada. As cortes eran
convocadas polo rei (as primeiras en Europa foron as Cortes de León en 1188), quen solicitaba a súa aprobación para impoñer
unha loei ou recadar novos impostos; como a nobreza e a Igrexa estaban exentas de pagar impostos, nas cortes ordinarios só
se reunían os representantes das cidades que, a cambio de autorizar os impostos, esixían ao rei certas condicións. Nos
reinos da Coroa de Aragón, para vixiar o cumprimento do acordado, xurdiron a Generalitat en Cataluña e Valencia e a
Deputación Xeral en Aragón.


2. A CONFIGURACIÓN DO ESTADO ESPAÑOL NO SÉCULO XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión en
Flandres, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra)
A herdanza de Carlos.
·Tras a morte de Isabel e Fernando, o seu neto Carlos I, convértese con menos de 20 anos no monarca máis poderoso de
Occidente. Carlos asumirá a importante herdanza territorial dos Reis Católicos por parte da súa nai Xoana, e a herdanza
borgoñona por parte do seu pai Felipe ,ao que haberá que sumar a concesión da coroa de Emperador do Sacro Imperio Romano
Xermánico (confederación de Estados en Centroeuropa dirixidos por un Emperador):
-Por liña materna: Castela, Aragón, Sicilia, Cerdeña, Nápoles e as posesións americanas.
-Por liña paterna: Paises Baixos, Franco Condado.
-Do seu avó Maximiliano: Austria.
·Ademáis en 1520 foi elixido emperador do sacro Imperio Xermánico (de aí a dobre titulación Carlos I/Carlos V). Este conxunto de
territorios será moi heteroxéneo, e haberá dous instrumentos que usará Carlos para tratar de mantelos unidos:
-A unidade relixiosa ao redor do catolicismo: A reforma protestente de Lutero se extende polos seus dominios do norte de Europa
ao mesmo tempo que o Imperio Turco ameaza a súas posesión no leste.
-A idea dunha monarquía universal, idea herdada da Idade Media, que chocaba coa oposición de Francia e que foi un enorme foco
de conflictos e guerras pola hexemonía no norte de Italia.
·A defensa destes principios van a supoñer para Carlos I unha fonte continua de conflictos. O agotamento e a imposibilidade de
manter un territorio tan amplo, fai que decida abdicar e repartir os seus territorios:
-Ao seu fillo Felipe II correspondaralle os estados italianos, as coroas de Castela e Aragón, e os Países Baixos.
-Ao seu irmán Fernando, os ducados austríacos e o título de Emperador.
Os cambios en tempos de Filipe II.
·Entre 1555-56, Carlos I abdicou deixando ao seu fillo Filipe II a maior parte dos seus reinos, agás os territorios austríacos.
Durante o seu reinado a herdanza recibida foi aumentada e sufriu modificacións, sostendo numerosas guerras para manter a súa

hexemonía en Europa, especialmente contra Francia, os otománs ou turcos, os ingleses e holandeses. Entre os acontecementos
destacan:
-Rebelión en Flandres. Flandres era unha das dezasete provincias que conformaban os Países Baixos. No século XVI a doutrina
protestantes espallouse por todos eles. A intolerancia católica do rei Filipe II provocou revoltas e motíns contra a súa autoridade.
A pesar da acción represiva exercida polo duque de Alba, a rebelión non cedeu. En 1579 as provincias do norte, encabezadas por
Holanda, non renunciaron ao protestantismo e lograron sacudirse o dominio español formando as Provincias Unidas baixo o
liderado de Guillerme de Orange (Unión de Utrecht) e consolidaron a súa posición grazas ao apoio inglés. Pola contra, nas
provincias do sur, o protestantismo foi erradicado manténdose na obediencia católica e baixo a soberanía de Filipe II (Unión de
Arras).
-Incorporación de Portugal. En 1580 morreu sen descendentes directos o rei de Portugal e Filipe II reclamou o trono por ser fillo
dunha princesa portuguesa. Empregando a diplomacia e o exército, conseguiu que en 1581 as Cortes portuguesas o recoñecesen
como rei, xurando este manter as súas liberdades e institucións propias. A integración de Portugal significou, ademais da unidade
peninsular, a incorporación do seu enorme Imperio con posesións en África, Asia e América; naqueles momentos podíase dicir que
nos dominios de Filipe II non se poñía o sol.
-Guerra contra Inglaterra. Factores como os motivos relixiosos (cisma anglicano), políticos (apoio aos rebeldes protestantes dos
Países Baixos, execución da raíña de Escocia, a católica María Estuardo) e económicos (ataques dos ingleses ás colonias e
frotas americanas) decidiron a Filipe II a organizar a invasión e conquista de Inglaterra. Para logralo formou en 1580 a Gran
Armada que debía ir ata os Países Baixos para embarcar alí os terzos españois e asaltar Inglaterra, pero a operación foi un
fracaso. Como represalia, os ingleses enviaron unha flota capitaneada por Drake en 1589 que atacou A Coruña, Lisboa e as
Azores. O enfrontamento manteríase constante ata a morte de Filipe II 1598.


1. O CAMBIO DINÁSTICO E A GUERRA DE SUCESIÓN (causas de guerra, bandos en conflicto, a Paz de Utrecht)
·Durante o século XVIII ocupou a Coroa de española a disnastía Borbón, de orixe francesa. O primero monarca foi Filipe V, entre
1701 e 1746, coa pecularidade de que en 1724 cedeu o trono ao seu fillo Luis I, pero a súa morte prematura fixo que de novo
recuperase. A Filipe V sucedérono os seus fillos Fernando VI (1746-1759) e Carlos III (1759-1788) e a este Carlos IV
(1788-1808).
·En 1700, Carlos II de Habsburgo, o derradeiro Austria español, morreu sen descendencia deixando como herdeiro da Coroa de
España a Filipe de Borbón, neto de Luís XIV de Francia e emparentado por liña materna coa dinastía dos Habsburgo . Carlos II
pretende con esta alianza lograr o apoio da principal potencia continental do momento para evitar o desmembramento das
posesións da coroa.
·Guerra de Sucesión (1702-1713)
-Causas da Guerra. O novo rei Filipe V foi aceptado e recoñecido como rei polas Cortes de Castela, Aragón, Cataluña, Sicilia,
Nápoles e Milán, pero os Habsburgo de Austria non aceptaron que a Coroa de España pasase aos Borbóns e defendían o seu
propio candidato, o arquiduque Carlos de Austria, fillo do emperador Leopoldo I. Ademais, a posibilidade da unión das Coroas de
Francia e España e o papel prepotente e de control que desempeñaba Luís XIV, atemorizou os reinos europeos, que se uniron e
iniciaron un conflito bélico, tanto a nivel peninsular como a nivel internacional. A coñecida Guerra de Sucesión á Coroa de España
tivo lugar entre 1702 e 1713.
-Bandos en conflicto. En 1701, formouse una alianza antiborobónica entre Austria, Inglaterra e Holanda, á que logo se uniron
Prusia, Portugal, Savoia e a maioría dos príncipes alemáns e italianos. Uns trataban de evitar a hexemonía borbónica e defender
a candidatura ao trono de España do arquiduque Carlos de Austria. Outros buscaban a división das posesións españolas e obter
vantaxes no seu comercio colonial.
-A guerra foi tanto un conflito internacional como un conflito interno dentro da monarquía española. Gran parte dos territorios da
Coroa de Castela (incluídas as provincias vascas e o reino de Navarra) apoiaron a Filipe V. En cambio, parte dos territorios da
Coroa de Aragón (Cataluña, Aragón, Valencia e Baleares), despois de recoñecer a Filipe V, apostaron polo arquiduque Carlos de
Austria, temerosos ante a política centralizadora que representaba a monarquía borbónica e partidarios da antiga monarquía
pactista dos Habsburgo.
-O enfrontamento estendeuse por toda Europa con vitorias e derrotas para os dous bandos, pero o inicio das conversacións para
lograr a paz foi o cambio de posición das potencias europeas aliadas cando, pola morte do emperador austríaco en 1711, o
arquiduque Carlos convertíase no herdeiro do Imperio. O perigo dunha hexemonía de Austria se Carlos cinguía, ademais, a Coroa
española, era tan perigoso como a unión entre Francia e España.
·A paz asinouse nos Tratados de Utretch (1713) e Rastadt (1714), nos que co obxectivo de manter o equilibrio europeo,
estableceuse:
-Filipe V foi recoñecido como rei de España (agás por Ustria, que o recoñecerá posteriormente) con expresa renuncia á Coroa de
Francia.
-Gran Bretaña confírmase como a gran potencia marítima do mundo. A guerra permítelle apoderarse de enclaves estratéxicos
(Xibraltar e Menorca), ademáis de introducirse no comercio americano rompendo co secular monopolio español, grazas ao navío
de permiso (autorización concedida ao Reino Unido para que puidese comerciar coas colonias mediante o envío dun barco ao
ano) e o asento de negros (a exclusiva no abstecemento de ás colonias españolas de man de obra escrava).
-España concede as súas posesións europeas:
*Holanda obtivo varias prazas para a súa defensa e seguridade na fronteira cos Países Baixos españois.
-Carlos de Habsburgo, emperador de Austria, quedaba cos Países Baixos españois, Nápoles, Milán e Sardeña.
*O duque de Savoia recibía Sicilia (posesión española) e o título de rei de Piemonte Sicilia.
*Portugal obtiña a colonia de Sacramento (no actual Uruguai).
*O duque de Prusia recibía o Alto Gueldres e o título de rei.
-En Europa impúxose a política de equilibrio continental, que tende a evitar o predominio de calquera potencia sobre as demáis.
·En calquera caso, na mente de Filipe V estará intentando recuperar a influencia perdida en Europa. Asinará con Francia durante
a 1⁄2 s. XVIII os chamados Pactos de Familia (Primeiro, Segundo e Terceiro Pacto de Familia), que darán os seus froitos, xa que
consegue recuperar a influencia perdida en territorios italianos, Menorca ou a Florida.


3. O REFORMISMO BORBÓNICO EN Galicia (a matrícula do mar, o arsenal de Ferrol, a apertura do comercio colonial).
·No século XVIII, o reino de Galicia mantivo a súa importancia estratéxica como baluarte marítimo avanzado na defensa do
Imperio colonial americano, fronte ao paso das armadas inimigas, fundamentalmente inglesas. Ante esta situación, os Borbóns
e os seus gobernos interviñeron en Galicia creando novas institucións (a Intendencia do Reino de Galicia, o Real Consulado) e
servizos. Entre as súas principais realizacións destacan:
Ámbito militar:
-A matrícula do mar. Foi un sistema de recrutamento de tripulacións para os buques da Armada para garantir un persoal
competente no seu manexo nun contexto de crecentes enfrontamentos navais polo control das rutas comercias e das colonias.
O sistema rexistraba a todas as persoas dedicadas ao mar indicando a clase á que pertencías (mariñeiro, artilleiro, grumete...)
para coñecer as súas habilidades. Os matriculados quedaban libres de quintas e de impostos municipais, pero podían ser
chamados ao servizo da Armada ata cumprir 60 anos. A primeira matrícula do mar foi a establecida en 1626 por Filipe IV de
Habsburgo, pero non funcionou ben ata a posta en marcha das reformas borbónicas. En 1714 Filipe V de Borbón creou a Real
Armada unificando as numerosas armadas da época dos Austrias e os seus mandos e en 1726 estableceu a división das costas
españolas en tres departamentos marítimos (Ferrol, Cádiz, Cartaxena), así como as directrices dos comisarios de Mariña para o
rexistro da xente do mar, medidas consolidadas en 1751. A extensión do litoral de Galicia e o elevado número de xentes
relacionadas cos traballos do mar fixo que na segunda metade do século XVIII a rexión rexistrase a cuarta parte da matrícula
humana das flotas españolas.

-O arsenal de Ferrol. Galicia, pola súa situación xeoestratéxica, converteuse para os Borbóns no lugar onde recibir ou rexeitar as
frotas estranxeiras, especialmente as inglesas, que se dirixían a saquear as cidades costeiras españolas ou a capturar os
barcos cargados de mercadorías procedentes de América. Ante esta situación, a meirande parte da costa galega foi reforzada
con numerosas baterías e castelos. En 1726 Xosé Patiño, ministro de Filipe V, decidiu establecer en Ferrol a sede do

Departamento Marítimo do Norte e unha das bases das Armadas reais. A partir de 1746, co marqués da Ensenada, ministro de
Fernando VI, iniciouse a construción dos estaleiros e do arsenal que converteron a Ferrol na principal cidade de Galicia e en
obxecto de admiración polos estranxeiros. Para a formación dos mandos militares da Armada creouse, en 1776, a Academia de
Gardamariñas. A chegada masiva de xente obrigou a engadir ao núcleo orixinario, o Ferrol vello, os novos barrios de Esteiro, para
acoller aos traballadores, e o da Magdalena, ocupado principalmente polos oficiais
da Armada; no seu deseño seguíronse trazados urbanísticos a base de cuadrículas (plano hipodámico) moi do gusto dos
arquitectos ilustrados.
Ámbito económico:
-A apertura do comercio colonial. A eliminación do monopolio do comercio colonial exercido por Sevilla- Cádiz favoreceu a Galicia,
especialmente á Coruña. En 1764, o goberno de Carlos III estableceu nesa cidade o Servizo de Correos Marítimos, unha
compañía estatal de buques encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e (desde 1767) a Bos Aires, e que tamén
podía transportar persoas e mercadorías, agás nos períodos bélicos nos que se transformaban en navíos de guerra. En 1765 o
porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América. Ambas concesións contribuíron a favorecer o
crecemento comercial e a renovación urbanística e portuaria da cidade (destacando a restauración da Torre de Hércules en
1791).
4. IDEAS FUNDAMENTAIS DO PENSAMENTO ILUSTRADO.
·A Ilustración foi un movemento cultural e ideolóxico característico da Europa do século XVIII que defendía tanto a capacidade da
razón humana para descubrir a verdade e as leis da natureza, como a necesidade de propoñer e realizar reformas co obxectivo
de incrementar o benestar material do país, mellorar a sociedade e alcanzar a felicidade persoal.
·Tanto en España como en Galicia, as novas ideas da Ilustración tiveron un desenvolvemento tardío. Na súa concreción pódense
distinguir dúas etapas. A primeira, durante os reinados de Filipe V (1700-46) e de Fernando VI (1746-59), denominada de
protoilustración, estivo encabezada polos chamados proxectistas (por elaborar proxectos para o goberno) e os anovadores ou
novatores (por querer innovar no pensamento e na ciencia) entre os que destacaron Feixoo e Mayáns. A segunda, plenamente
ilustrada e de apoxeo, desenvolveuse durante o reinado de Carlos III (1759-88) e nela que destacaron os ilustrados
Campomanes, Floridablanca, Olavide...; en Galicia cómpre destacar a Xosé Cornide.
·Estas ideas ilustradas foron aceptadas e promovidas por unha minoría culta formada por nobres, clérigos, oficiais da
Administración e burgueses que tiveron unha enorme influencia política. En liñas xerais, o seu pensamento e as súas propostas
caracterizáronse pola moderación reformista, tentando compaxinar a crítica e a renovación co pragmatismo e o mantemento da
orde socio-política establecida; só uns poucos foron evolucionando cara a posicións máis radicais preliberais.
·En síntese o seu pensamento caracterizouse por:
-A crítica á realidade vixente, á ignorancia e á falta de cultura, ao atraso técnico e económico, aos prexuízos sociais e aos
abusos dos poderosos.
-O fomento da educación e da renovación científica (as ciencias útiles) para superar o atraso existente e modernizar España.
Estes ideais concretaríanse na fundación de escolas técnicas (como a Escola de Náutica e a de Comercio na Coruña) e na
creación das Academias (da Lingua, Medicina, Historia, Belas Artes...).
-O predominio das preocupacións económicas, tentando fomentar e mellorar, con numerosos proxectos e reformas, todos os
sectores produtivos (en especial o artesanal e comercial) co obxectivo de incrementar a riqueza do reino e o benestar e a
felicidade da poboación. Co propósito de contribuír á difusión dos avances científicos e técnicos e de potenciar a economía
dunha determinada zona ou rexión crearon as Sociedades Económicas de Amigos do País (a primeira foi a Real Sociedade
Bascongada fundada en 1765); en Galicia destacou o Real Consulado da Coruña (1785). Tamén a prensa (como El Censor e El
Pensador) contribuíron á divulgación destas ideas e proxectos.
-O recurso ao poder do rei para alcanzar as reformas pretendidas e afastar tanto os atrancos existentes como a oposición dos
sectores tradicionalistas, maioritarios na Igrexa e na sociedade. Por iso defenderon unha nova concepción do poder coñecida
como despotismo ilustrado: os monarcas debían exercer un poder absoluto, pero este debía empregarse, impulsando e
encabezando as reformas o propio rei, en lograr aumentar a riqueza e o benestar (resumido no lema: todo para o pobo pero sen o
pobo). Este apoio ao poder real fixo que moitos ilustrados formasen parte dos gobernos, en especial durante o reinado de Carlos
III (Ensenada, Aranda...).
·A mayoría das reformas eran económicas, políticas e administrativas e tiveron un carácter moderado que non alteraba as bases
do
sistema vixente (monarquía absoluta, sociedade estamental). Os seus resultados foron irregulares pero sentaron as bases para
una maior transformación da sociedade durante os procesos de cambio que afectarán a coroa española do século XIX.

Entradas relacionadas: