Crise dos Séculos XIV e XV e a Revolta Irmandiña
Ao longo dos séculos XIII e comezos do XIV houbo un gran crecemento económico que ocasionou un aumento da poboación. Co tempo, grandes zonas de Europa coñeceron unha superpoboación, producíndose fames.
Durante a crise, os problemas políticos e sociais agraváronse. Os nobres viron diminuídas as súas rendas, polo que comezaron a impor gravosos tributos aos campesiños ou a loitar con outros nobres por causa dos señoríos. As implicacións políticas foron relevantes, xa que se formaron faccións nobiliarias que apoiaban a un pretendente ao trono ou a outro dependendo dos seus intereses, producíndose cruentas guerras civís nos distintos reinos.
- Por outra banda, os enfrontamentos sociais entre os distintos grupos foron constantes. Exemplos disto serían as revoltas urbanas en Barcelona.
- Un conflito social que cabe destacar polas súas implicacións e pola súa orixe foi a Revolta dos Irmandiños en Galicia.
Causas da Revolta
- Relacións de produción que amosan sinais de esgotamento, xa que non hai terras dabondo.
- Guerra Civil Trastámara de finais do século XIV, que traerá un cambio de liñaxes nobiliarias.
- Enfrontamento entre o rei Enrique IV, xa no século XV, e o aspirante, Alfonso. Os irmandiños abrazarán a causa de Enrique. Este último apartado foi o detonante das revoltas.
- Ao longo da Idade Media, as irmandades servían para garantir a orde pública en tempos de inseguridade.
- Os seus obxectivos diferían, pois non tiñan os mesmos intereses os campesiños, os fidalgos ou os burgueses, pero, en xeral, pode dicirse que tentaron acabar cos abusos dos nobres terratenentes, os cales cobraban impostos abusivos debido á necesidade de diñeiro para sufragar as súas liortas e manter un alto nivel de vida.
Conclusión
Como conclusión, cabe dicir que no momento en que en Europa emerxe a burguesía, o desenvolvemento desta clase frústrase en Galicia, fracasando unha primeira experiencia embrionaria do capitalismo e perdendo os burgueses calquera significación política.