Configuración do Imperio Español no S. XVI: Austrias e Felipe II
Configuración do Imperio Español no S. XVI
A monarquía dos Austrias
Entre 1516 e 1700, a dinastía dos Habsburgo gobernou as Coroas de Castela e Aragón, así como os territorios de Europa, América e o Pacífico. Este conglomerado de reinos e pobos constituía unha monarquía católica.
A monarquía hispánica: trazos xerais
A unión das coroas, resultado do azar nas políticas matrimoniais dos Reis Católicos, fixo que fosen gobernadas por un mesmo rei. A súa orixe está nas herdanzas que recibiu Carlos de Habsburgo (1515-1519):
- Avoa materna, Sabela a Católica: Coroa de Castela, illas Canarias, cidades norteafricanas, reino de Navarra e posesións en América.
- Avó materno, Fernando o Católico: reinos da Coroa de Aragón e dominios italianos de Sardeña, Sicilia e o reino de Nápoles.
- Avoa paterna, María de Borgoña: Países Baixos e o Franco Condado.
- Avó paterno, Maximiliano de Austria: territorios patrimoniais dos Habsburgo en Austria, así como o dereito a ser elixido emperador alemán (o que ocorreu en 1519).
Configuración definitiva da monarquía hispánica
Con Felipe II (fillo), en 1555, Carlos I dividiu as súas posesións: a Herdanza austríaca ao seu irmán Fernando e a Herdanza borgoñona, hispana e italiana a Felipe II. Este núcleo sufriu cambios ao longo do tempo ata que, en 1700, faleceu sen descendencia Carlos II, o derradeiro dos Austrias españois.
A monarquía hispánica presentaba unha gran dispersión territorial. Isto dificultaba a cohesión, multiplicaba os problemas e os inimigos, e de aí a importancia estratéxica dos portos e das rutas. A distancia dificultaba a comunicación de noticias e a toma de decisións, o que favorecía a delegación do poder nas autoridades locais.
Cambios nos tempos de Felipe II
- A rebelión dos Países Baixos
Os Países Baixos eran un conglomerado de estados unidos únicamente pola obediencia ao mesmo rei, nos que se establecera firmemente a doutrina protestante. A intolerancia relixiosa de Felipe II provocou revoltas anticatólicas. En 1567 foi enviado o duque de Alba cun poderoso exército para reprimir os desórdes, pero a rebelión non cedeu, sobre todo nas provincias do norte, que non recoñecían a soberanía do rei español, defendían o protestantismo e formaron as Provincias Unidas (líder Guillerme de Orange).
- Unión con Portugal
Morreu sen descendentes directos o rei Sebastián de Portugal e Felipe II reclamou o trono por ser fillo dunha princesa portuguesa. Empregou a diplomacia para gañarse á nobreza e ao clero e invadiu Portugal cun exército mandado polo duque de Alba. En 1581, as Cortes portuguesas recoñeceron a Felipe como rei, que xurou que mantería as súas liberdades e institucións propias. A integración con Portugal supuxo a incorporación do seu imperio, con posesións en África, Asia e América.
- O problema inglés
Motivos relixiosos, políticos e económicos agravaron as diferenzas entre Isabel I de Inglaterra e o rei español. Os ataques de Francis Drake contra as colonias americanas e a execución da raíña de Escocia, católica, María Estuardo, levaron a Felipe II a organizar a invasión e conquista de Inglaterra.
Formou a Grande Armada, que se reuniu en 1588 en Lisboa, recalou na Coruña e partiu cara a Flandres para unirse alí co exército de Alessandro Farnesio. Á altura de Plymouth comezaron os primeiros combates coa armada inglesa, que dispersou a frota. Os ventos contrarios e a maior agilidade e potencia artillera das naves inglesas obrigaron á Grande Armada a entrar no mar do Norte e dar a volta ás illas Británicas para regresar. Os temporais destrozaron parte da frota. Como represalia, a frota inglesa, capitaneada por Drake, atacou a Coruña, Lisboa e as Azores. O enfrontamento continuou.