A muller no Antigo Réxime: sociedade, dereitos e crítica ilustrada

HistoriaActualizado el 4,58 KB

Resumen

O documento analiza a situación das mulleres no Antigo Réxime, marcada polo patriarcado e a limitación dos seus dereitos, e variaba segundo o estamento social. Tamén recolle as primeiras críticas en defensa da educación feminina durante a Ilustración. Inclúe ademais definicións de conceptos clave da época, como o Antigo Réxime, a Paz de Utrecht, os Decretos de Nova Planta, o Despotismo Ilustrado e o Motín de Esquilache.

Puntos clave

  • No Antigo Réxime as mulleres estaban sometidas á autoridade do pai ou do marido e tiñan dereitos moi limitados.
  • A situación da muller variaba segundo o estamento: grupos non privilexiados, familias burguesas e nobreza.
  • A nobreza tiña maior acceso á educación, que se impartía no fogar, e as mulleres eran usadas como moeda de cambio en alianzas matrimoniais.
  • Algunhas mulleres podían acadar poder dentro do clero, como abadesas, aínda que a Igrexa estaba dominada polos homes.
  • A Ilustración, a partir do século XVIII, deu lugar ás primeiras críticas en defensa da educación e da participación das mulleres na vida pública.
  • O Antigo Réxime caracterizouse por unha economía agraria, sociedade estamental e monarquía absoluta, trazos que desaparecen coa Revolución Francesa.

Ponte a prueba

A Situación da Muller no Antigo Réxime

O Rol Social e as Limitacións

Nunha sociedade fortemente patriarcal e misóxina, as mulleres cargaban co peso das familias e das economías domésticas, pero os seus dereitos estaban moi limitados, sendo consideradas inferiores aos homes e estando sometidas á autoridade dos pais ou dos seus maridos. O seu rol social básico era o do ámbito doméstico ou de coidadoras, fundamentalmente para que outras actividades reservadas aos homes puidesen desenvolverse. A moralidade da época facía que unha das cuestións máis importantes fose a da súa reputación, na observación destas ríxidas normas, o cal as sometía a unha privación da súa liberdade de movementos realmente opresiva.

A Muller Segundo o Estamento Social

Dependendo do estamento e grupo social ao que pertencían, a súa situación variaba:

Grupos Non Privilexiados

  • Tiñan como obxectivo o matrimonio e apenas tiñan capacidade de decisión na familia.
  • Tiñan que colaborar no traballo familiar na agricultura, a artesanía ou como servizo doméstico de familias nobres.

Familias Burguesas

  • Podían permitir de maneira excepcional ás mulleres acceder a unha educación básica.
  • Nesa época, o seu acceso de por si era moi limitado e as taxas de analfabetismo eran elevadas.

A Nobreza

  • Tiñan maior acceso á educación, que era no ámbito do fogar.
  • Eran excepcionais os casos das mulleres que, por ausencia da figura varonil, xestionaban o patrimonio da casa.
  • Eran empregadas como moeda de cambio nas redes de alianzas entre as casas ou con fins económicos a través dos casamentos.
  • Outra opción era ingresar no clero como monxas. Algunhas podían chegar a obter certo poder e influencia se chegaban a escalar na xerarquía eclesiástica, chegando a abadesa dalgún mosteiro, aínda que a estrutura eclesiástica era dominada polos homes, onde a relevancia das mulleres era marxinal.

Mulleres Destacadas e Excepcións

Temos mulleres con especial relevancia como Beatriz Galindo ou Francisca de Pedraza. No campo das letras destacan Santa Teresa de Xesús e na pintura Sofonisba Anguissola. Na política, a Princesa de Éboli ou María Luísa de Parma.

O Inicio da Crítica e a Ilustración

Pensadores e as Súas Propostas

Será a Ilustración, a partir do século XVIII, cando xurdan as primeiras críticas en defensa das mulleres. Exemplos como os ensaios de frade Benito Feijoo, Josefa Amar y Borbón, e Inés Joyes y Blake, nos que se defende o dereito á educación para as mulleres similar á dos homes, a capacidade das mulleres para a vida pública e se culpa aos homes da ignorancia feminina.

Conceptos Clave do Antigo Réxime

Definicións Históricas

Antigo Réxime: Período que se iniciou en Europa no século XVI e que acadou a súa plenitude no século XVIII. Caracterizouse por unha economía agraria, permanencia das estruturas feudais, sociedade estamental e monarquía absoluta. Estes trazos desapareceron como consecuencia dos cambios introducidos pola Revolución Francesa.

Paz de Utrecht: Tratado asinado en 1713 entre as potencias europeas que puxo fin á Guerra de Sucesión e foi complementado co de Rastatt en 1714. Co obxectivo de manter o equilibrio europeo, recoñecíase a Filipe V de Borbón como rei de España a cambio de concesións a Gran Bretaña e cesións territoriais a Austria.

Decretos de Nova Planta: Conxunto de decretos promulgados por Filipe V, entre 1707-1716, que impuñan nos territorios da Coroa de Aragón a organización político-administrativa de Castela, eliminando os seus privilexios, debido ás súas rebelións na Guerra de Sucesión. Permitiron a implantación dun modelo de Estado centralista e uniforme en España.

Despotismo Ilustrado: Sistema político da segunda metade do século XVIII que defendía o incremento do poder absoluto do rei para que impulsase as reformas necesarias para incrementar a riqueza do reino e o benestar dos seus súbditos.

Motín de Esquilache: Revolta popular en 1766 provocada polo decreto de Esquilache, ministro de Carlos III, que prohibía o uso de capas longas e sombreiros de aba ancha. Orixinouse no descontento social pola carestía do pan, a oposición dos privilexiados ás reformas do rei e a xenofobia ante a abundancia de ministros italianos.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que dereitos tiñan as mulleres no Antigo Réxime?

Tiñan dereitos moi limitados e eran consideradas inferiores aos homes, estando sometidas á autoridade do pai ou do marido. O seu rol social era fundamentalmente doméstico.

Como variaba a situación da muller segundo a clase social?

Nos grupos non privilexiados tiñan como obxectivo o matrimonio e colaboraban no traballo familiar. Nas familias burguesas podían acceder excepcionalmente a unha educación básica, e na nobreza tiñan maior acceso á educación no fogar.

Que foi a Ilustración en relación coas mulleres?

A partir do século XVIII apareceron as primeiras críticas en defensa das mulleres, como os ensaios de Benito Feijoo, Josefa Amar y Borbón e Inés Joyes y Blake, que defendían o dereito á educación feminina.

Que foi o Motín de Esquilache?

Foi unha revolta popular en 1766 provocada polo decreto de Esquilache, ministro de Carlos III, que prohibía as capas longas e os sombreiros de aba ancha. Tamén respondía ao descontento pola carestía do pan e á xenofobia ante os ministros italianos.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Como eran consideradas as mulleres no Antigo Réxime?
2. Que grupo social tiña maior acceso á educación das mulleres?
3. Que nova corrente de pensamento xurdiu a partir do século XVIII en defensa das mulleres?
4. Que tratado puxo fin á Guerra de Sucesión en 1713?
5. Que buscaban os Decretos de Nova Planta?
6. Cal era o obxectivo principal do Despotismo Ilustrado?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.