Argumento de o mariscal de Ramón cabanillas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,67 KB
4.-Teatro:As tendencias 1.- O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto de produción
2,. O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala, que viron no teatro un instrumento eficaz para galeguizar a sociedade, estender as ideas nacionalistas e dignificar a lingua e a cultura popular. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.
3.- O teatro renovador, que concilia a temática popular galega coas técnicas da vangarda artística
As dificultades iniciais: O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais e dun público asiduo e formado, entón non se poderá falar dun teatro galego desenvolto
Os inicios: En 1903 inaugúrase na Coruña a Escola Rexional de Declamación que tiña como obxectivo consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego. O primeiro drama galego en prosa é A ponte de Manuel Freire.
O teatro das Irmandades da Fala: - Características xerais: o intento de sentar as bases para desenvolver un teatro galego e a utilización do teatro como arma político-ideolóxica cara á recuperación de conciencia nacional.
- A consolidación do teatro galego: Rubén Cabanillas, Vilar Ponte, Quintanilla, etc. Comezan a escribir un teatro urbano. Fuxindo do ruralismo, introducen temas, como a reivindicación social, a recuperación cultural ou a dignificación da lingua e da cultura popular ou a recreación de episodios singulares da nosa historia.- O teatro como arma político-ideolóxica: As Irmandades da Fala interesáronse por este xénero debido ás posibilidades que ofrecía de galeguización da sociedade. O teatro galego converteuse nun instrumento ideal para espallar o ideario nacionalista polas vilas e cidades de Galicia.
- Autores representativos: 1.Ramón Cabanillas: rompe co preconcepto realista dos fidalgos a falaren castelán e escribe un teatro para amplos sectores. ᛫ A man de Santiña (1921): é unha obra en prosa e de asunto contemporáneo; o argumento, a acción e o diálogo son un tanto moratinianos. Nesta obra destaca a novidade de presentar a xente refinada utilizando a lingua galega. Esta peza significou a inauguración do Conservatorio Nacional de Arte Galega ᛫ O mariscal:
Obra histórica en verso. Trátase dun drama ROMántico, pertencente ao teatro modernista de evocación histórica. Converte o Mariscal en símbolo da resistencia galega contra os Reis Católicos.
2
Antón Vilar Ponte: animador e teórico do teatro como forma de proselitismo. 3.Outras obras e autores: -Leandro Carré Alvarellos, editou en ̈Lar ̈ textos teatrais de Cabanillas ou Cotarelo Valledor. Tamén escribiu teatro costumista, de ambiente rural ou burgués. Dirixiu a Escola Dramática Galega. -Xavier Prado que deixou catorce obras, maiormente cadros costumistas da vida rural. -Cotarelo Valledor é un autor realista que se preocupa pola psicoloxía dos personaxes e polo ambiente, entre as súas obras destacan o Trebón, un drama rural en prosa con situacións efectistas; Hostia, unha traxedia histórica; e Mourenza, drama mariñeiro.