Aquilino Iglesia Alvariño e a Lírica de Posguerra Galega

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,01 KB

Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961)

Obra:

  • 1930. Señarda:
    50 sonetos de influencias do modernismo de Cabanillas. O seu tema era a dor, recorrente na súa obra.
  • 1933. Corazón ao vento:
    Destaca o poliestrofismo e o verso culto popular, ás veces sen rima.
    Está composto por textos próximos ao hilozoísmo de Amado Carballo.
  • 1947. Cómaros verdes:
    Libro paisaxístico con influencias do hilozoísmo e do neotrobadorismo.
    Era unha paisaxe expresa coa intimidade do poeta e o desexo de regreso ao mundo da nenez.
  • 1960. De día a día:
    Presenta a paisaxe, pero aflora o ton de reflexión e de confidencia persoal.
    Poemario no que están presentes os sentimentos de desamparo, soidade e dor existencial.
  • 1961. Nenias:
    Orixinariamente sección de Cómaros verdes, publicado agora co engadido de novas poesías.
    Conxunto de poemas-homenaxe no que se reivindican autores e artistas galegos e foráneos coma Curros, Condal, Castelao, Maside ou García Lorca entre outros.

Xosé María Díaz Castro

Obra:

  • 1946. Nacida dun sono:
    Única obra publicada: Nimbos en 1961.
    Resto da obra: inédita ou espallada por xornais e revistas.
    Poeta do home e dos seus problemas transcendentais coma o amor, a vida e a morte, xunto con Galicia constitúen os núcleos da súa poesía.
    Poesía relixiosa atípica de xeito persoal.

A lírica de posguerra

1. Xeración do 36

Son autores nados entre 1910 e 1920 e as súas influencias son os homes da Xeración Nós e as vangardas.
Teñen tendencias á poesía paisaxística e á intimista, ao hilozoísmo e tamén tendencias relixiosas, clasicismo, e o social realismo de Celso Emilio Ferreiro.
Os autores máis importantes son Celso Emilio Ferreiro, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Miguel González e Álvaro Cunqueiro.

2. Promoción de enlace

Caracterízase por ter autores nados entre 1920 e 1930.
Non coñeceron a fondo a guerra aínda que si a viron de mozos.
Formación: condicionada polo illamento cultural de España.
Orixes: autores bilingües que comezaron publicando en castelán.
Tendencias: poesía intimista, existencialista e relixiosa. Preocupación social por riba da dimensión estética do poema.
Autores e obras:
Antón Tovar, Luz Pozo Garza e Manuel Cuña Novas.

3. Xeración das Festas Minervais ou dos 50

Autores nados entre 1930 e 1940, na práctica non coñeceron a guerra.
Déronse a coñecer a través de certames literarios en Santiago nas Festas Minervais de 1953.
Os seus mestres son os poetas da Xeración do 36 e as figuras históricas ligadas á Editorial Galaxia.
Danse grupos poéticos coma o Grupo Compostelán.