Xente ao lonxe resumen
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,67 KB
A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1836 E 1976: POESÍA. PROSA E TEATRO,
POESÍA:Tras a represión que sofre a Salida interior, os exiliados e emigrantes en América Latina van retomar a tarefa de crear plataformas de continuidade da cultura galega e da concienciación galeguista. Por seren referentes éticos e pola súa achega literaria destacamos:
- LUÍS SEOANE, exiliado en Bos Aires, e converteríase nun dos máis importantes artistas plásticos da (Salida contemporánea. Desenvolvería un importante labor editorial e xornalístico e correrá coa dirección das revistas Galicia e Galicia emigrante. Na década dos 50 publica a maior parte da súa obra literaria, como un novo paso co seu compromiso coa realidade galega.
A obra poética iniciase con Fardel do eisi/iado, un libro que significa o arrinque da poesía socialrealista e que busca reconstruir a memoria da emigración desde parámetros críticos. Na brétema, Sant-Iago está constituido por pequeños poemas artellados como un gran mosaico no período esplendoroso da Idade Media. Seoane volve sobre un tema preferido, a reapropiación da memoria histórica e o compromiso con Galicia.
Conciencia e denuncia irrompen con máis forza en As cicatrices; sobre a temática do exilio e a emigración, esta vez en forma de crónica da nova emigración e da fuxida cara a Europa que comeza nos anos
50, volverá en A maior abondamento.
-LORENZO VARELA, membro do Partido Comunista, estivo exiliado en Bos Aires, colaborou con Luís Seoane en múltiples tarefas culturáis. Con Catro poemas para catro gravados inicia a súa obra en galego para o álbum de xilografías de María Pita e tres retratos medievais de Luís Seoane; nos que se celebran nun ton épico e cun perfecto dominio das formas as figuras de María Balteira, María Pita e o xefe irmandiño Roí Xordo e o bispo Adaúlfo.
Coa publicación de Lonxe manten as características da anterior produción e así non falta a forza épica nos poemas dedicados á exaltación de héroes da guerrilla antifranquista, nin a preocupación formal; pero o poeta, que senté a ausencia da térra, deixa unha visión menos alentadora e optimista.
-EDUARDO BLANCO AMOR] coñece unha prjmeira etapa de preguerra con Romances galegos e Poema en catro lempos, influenciada polos modelos vangardistas. Despois edita en Bos Aires Cancioneiro, unha miscelánea que recolle os poemas escritos ao longo de vinte anos e na que Blanco Amor se move entre a ruptura e o rigor formalista. Os críticos destacan a riqueza léxica, a elegancia rítmica e a vehemencia apaixonada.
Entre outros poetas destaca'EMILIO PITA con Jacobusland poemario de temática civil cheo de doridas referencias aos galeguistas mortos e FLORENCIO DELGADO GURRICÁN que f oi un dos promotores no exilio mexicano da revista Vieiros.
PROSA:A represión política durante os anos da guerra e a inmediata posguerra obriga a que un número elevado de militantes ou simpatizantes da causa galeguista tivesen que marchar ao exilio. Bos Aires foi o principal núcleo desta forzada Galicia exterior. Rafael Dieste, Lorenzo Várela ou Luís Seoane residían na capital arxentina, lugar onde se fundan editoriais que levan a cabo diversas iniciativas culturáis e políticas.
Neste espazo xorde unha nova narrativa, non moi numerosa, que se nutre, dunha banda, da crónica realista, mesmo autobiográfica, arredor da infancia e adolescencia dos propios autores e doutra das peripecias vividas durante a Guerra Civil ou os anos próximos a ela
Por mor das circunstancias políticas, estes textos amosan un evidente desfase cronolóxico entre o momento en que foron compostos e o da súa efectiva publicación; tan só [SÍAMÓN VALENZUELÁ publica a primeira das súas novelas en data próxima á súa redacción, Non alarde/ por ninguén no caso da segunda Era tempo de apandar, non aparece ata 1980.
SILVIO SANTIAGO, manifestó máis preocupación por narrar acontecementos históricos que por construir un texto literario, vese en O silencio redimido ou tamén no seu libro de relatos Vilardevós.
TEATRO:Na década dos 40, a presenza do teatro galego dentro da propia Galicia viuse reducida apenas ás representacións que levaban a cabo as agrupacións folclóricas. Trátase de poner es escena gezas de carácter costumista, que transcorren en ambientes rurais e que amosasen tipos e costumes pintorescos.
Bos Aires aparecía ao lonxe como a única posibilidade para manter unha actividade teatral digna en lingua galega. Alí representouse a obra Os vellos non deben de namorarse.
"MANUEL VARELA BUXÁN, un dos máis prolífi eos creadores que traballaron desde a outra ribeira do Atlántico. O seu labor está en consonancia co teatro costumista e coas fórmulas de crítica social da dramaturxia rexionalista, ofreceu textos de calidade como O ferreiro de Santón, ou Taberna sen dono.
^EDUARDO BLANCO AMOR> aínda que sexan textos traducidos ao galego polo autor, Farsa para títeres, foron pezas creadas en Arxentina durante os anos 40. Unha segunda entrega baixo a epígrafe Teatro para a xente conecta coa tradición do teatro popular e ruralista na liña de procurar un espectáculo dirixido á "xente do común". Proceso en Jacosbuland, ofrece un texto de crítica social a través de fórmulas que conectan co esperpento.
LUÍS SEOANE, a recreación do drama histórico, procurando unha singular mestura dos tempos mítico e histórico, permítenlle situar no pasado os problemas que se están a vivir no presente; vémolo en A soldadeira, cuxa acción transcorre durante a revolta dos Irmandiños.