Teatro Galego: Posguerra, Exilio e Teatro Independente

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 6,94 KB

A Posguerra e o Teatro do Exilio

A Guerra Civil, a inmediata posguerra e o réxime ditatorial provocan unha paralización de todas as actividades culturais de signo galeguista.

A historia da dramaturxia galega nos anos da posguerra é a historia de autores que escriben illadamente.

A partir dos sesenta, as novas circunstancias sociais, económicas... van propiciar un rexurdir da actividade teatral coa aparición do que os historiadores denominan o Teatro Independente, constituído polo labor escénico de grupos afeccionados que tentan revitalizar a dramática galega.

Na década dos 40, a presenza do teatro galego dentro da propia Galicia viuse reducida apenas ás representacións que levaban a cabo as agrupacións folclóricas. Trátase de poñer en escena pezas de carácter costumista, que transcorren en ambientes rurais e que amosan tipos e costumes pintorescos.

Bos Aires aparecía ao lonxe como a única posibilidade para manter unha actividade teatral digna en lingua galega. Alí representouse a obra Os vellos non deben de namorarse.

Manuel Varela Buxán, un dos máis prolíficos creadores que traballaron desde a outra ribeira do Atlántico. O seu labor está en consonancia co teatro costumista e coas fórmulas de crítica social da dramaturxia rexionalista, ofreceu textos de calidade como O ferreiro de Santón ou Taberna sen dono.

Eduardo Blanco Amor, aínda que sexan textos traducidos ao galego polo autor, Farsa para títeres, foron pezas creadas en Arxentina durante os anos 40. Unha segunda entrega baixo a epígrafe Teatro para a xente conecta coa tradición do teatro popular e ruralista na liña de procurar un espectáculo dirixido á "xente do común". Proceso en Jacobusland ofrece un texto de crítica social a través de fórmulas que conectan co esperpento.

Luís Seoane, a recreación do drama histórico, procurando unha singular mestura dos tempos mítico e histórico, permítenlle situar no pasado os problemas que se están a vivir no presente; vémolo en A soldadeira, cuxa acción transcorre durante a revolta dos Irmandiños.

A Xeración dos 50: A "Dramática Silenciada"

Dúas liñas esenciais:

  • Continuación do teatro de posguerra, con obras que escollen o experimentalismo simbolista ensaiado por Otero Pedrayo ou o grupo dos "novos".
  • Creación de fórmulas que enlazan os intentos de renovación de antes da Guerra Civil co esforzo das novas promocións do teatro independente.

Ricardo Carballo Calero, A farsa das zocas, aplicando as técnicas que traballaran Otero Pedrayo e Castelao.

Jenaro Mariñas del Valle, leva adiante fórmulas nas que os apartados sociais e políticos cobran verdadeira dimensión, ata o punto de que algúns historiadores o consideran o verdadeiro iniciador do teatro social entre nós, A revolta ou Loucura e morte de peregrino.

Álvaro Cunqueiro, co O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca aparece o autor dunha das obras máis destacadas na historia da nosa dramaturxia.

Ademais de Don Hamlet tamén escribiu A noite vai coma un río, peza estreada en Ribadavia, presenta un forte carácter lírico que entronca co teatro que explora a potencialidade dos mitos e a dimensión e límites da propia condición humana.

Os Anos 60: O Teatro Independente

Nos anos 50 non podemos falar de verdadeiras publicacións dedicadas ao mundo do teatro; a partir de 1963 aparecen con certa frecuencia textos dramáticos.

  • 1965: Na Coruña, fundación do grupo O Facho, organizado na sociedade cultural do mesmo nome e dirixido por Manuel Lourenzo. Dous anos máis tarde, o mesmo director funda o Teatro Circo. Ademais de organizar cursos de dicción, expresión corporal... este grupo estreará obras de autores clásicos e tamén do propio Manuel Lourenzo.

Todos estes feitos significan a constitución en Galicia do "Teatro Independente", unha formulación que está enmarcada dentro do conxunto de novas formas de expresión dramática que aparecen en toda España ao longo das décadas dos 60 e 70.

Daniel Cortezón, inicia a súa andaina de dramaturgo-historiador coa publicación de Prisciliano, Pedro Madruga ou Os Irmandiños.

Manuel María, deuse a coñecer en 1957 co Auto do taberneiro, publica na década dos 60 Auto do labrego e Auto do mariñeiro onde leva a cabo un teatro poético, sen acción. Na súa primeira farsa, Barriga verde, utiliza o escenario como unha arma de axitación e propaganda sociopolítica. (Escribiu máis obras teatrais).

As Mostras de Ribadavia e o Grupo Abrente

En 1973, en Ribadavia, ten lugar a I Mostra e o I Certame Abrente de Teatro Galego, onde participan sete grupos; os premios foron para Zardigot de Euloxio Ruibal e Farsa de Bululú e O meu mundo non é deste reino de Manuel María.

Desde 1973 a 1980, as mostras de Ribadavia significan unha verdadeira inxección de vitalidade para a escena teatral galega, só comparable co que un día produciron as Irmandades da Fala.

Arredor das Mostras aparece o Grupo Abrente, primeiro conxunto de dramaturgos galegos aos que, xunto co seu interese por explorar novas tendencias, hai que atribuírlles unha concepción profesional do teatro galego. Deste grupo forman parte homes como Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Roberto Vidal Bolaño.

Manuel Lourenzo

A súa obra clasifícase en diferentes ciclos temáticos. No teatro mítico procura reflectir a denuncia do presente mediante a recreación da mitoloxía grecolatina; O perfil do crepúsculo, por exemplo. Máis esperanzada resulta a recreación que fai dos mitos galegos en obras que se poden inscribir no teatro infantil recollido no volume Forno do teatro fantástico. Próximo ao teatro experimental é o que se chama "ciclo de teatro urxente" ou "teatro mínimo", elimina o que non é esencial para a posta en escena.

Euloxio Rodríguez Ruibal

Ofrece diferentes etapas. Á visión esgazada e cruel das primeiras obras, séguelle unha ollada máis sobria tingida de ironía, denunciando os métodos mafiosos de certos persoeiros, Azos de esgueiro; ou de implacable alegoría cando quere alertarnos da política medioambiental como ocorre en Maremia.

Roberto Vidal Bolaño

A crítica social dos primeiros textos, de inspiración popular e compoñente simbólica, faise evidente en Laudamuco, señor de ningures e Ladaíñas pola morte do Meco. Do compromiso antifranquista salta máis tarde á crítica sociocultural con enfoques novidosos como o neocostumista, que mostra en Cochos, ou o realismo sucio de Saxo tenor.

Entradas relacionadas: