Os 3 Bloques Dialectais do Galego: Trazos Fonéticos e Morfolóxicos
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,91 KB
Os Tres Bloques Dialectais do Galego
O galego divídese tradicionalmente en tres grandes bloques dialectais, cada un con trazos fonéticos e morfolóxicos distintivos. A continuación, descríbense as súas características principais.
Bloque Occidental
Abrangue a parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra e unha pequena zona no suroeste da provincia de Ourense. Algúns dos trazos que imos mencionar como propios do Bloque Occidental van máis alá dos seus límites e outros non se dan en toda a súa extensión. En xeral, estes trazos son considerados máis innovadores ca os dos outros bloques.
Trazos Dialectais
- Fonéticos:
- Gheada (ex: falo, amigo).
- Seseo implosivo (ex: lús, rapás).
- Morfolóxicos:
- Terminación en -án para masculino e feminino (ex: o irmán / a irmán).
- Terminación en -ns para masculino plural (ex: cans, pantalóns).
- Pronome ti: ti sabes.
- Pronome el: el sabe.
- Terminación verbal da 2ª persoa do pretérito de indicativo en -eches / -estes (ex: ti colliches / ti collestes).
Bloque Central
O Bloque Central é, xeograficamente, o máis amplo. Esténdese polo nordeste e interior da provincia da Coruña; polo interior de Pontevedra, e case a totalidade das provincias de Lugo e Ourense (salvo a súa franxa máis oriental). A lingua empregada neste bloque é, se cadra, a que presenta os trazos máis heteroxéneos. Este carácter pouco unitario vén dado porque é dentro dos límites do Bloque Central onde moitos fenómenos van marcando a transición de solucións entre o oeste e o leste do noso país.
Trazos Dialectais Xerais
- Fonéticos:
- Alternancia Gheada / non-gheada (ex: falo, galo).
- Ditongo -oi- (ex: moito, troita).
- Alternancia Seseo implosivo / non-seseo (ex: lus / lúz).
- Morfolóxicos:
- Terminación -ao para masculino e -á para feminino (ex: irmao / irmá).
- Plural en -s para substantivos rematados en -n (ex: cas, pantalós).
- Alternancia pronomes ti / tu (ex: ti sabes / tu sabes).
- Terminación verbal da 2ª persoa do pretérito de indicativo en -iches (ex: ti colliches).
- Terminación verbal da 4ª persoa do presente de indicativo en -des (ex: vós cantades).
Bloque Oriental
Este bloque comprende a parte máis oriental das provincias de Lugo e Ourense; e tamén o galego falado alén das fronteiras administrativas de Galicia, é dicir, a zona do chamado Galego Exterior. Esta zona inclúe a parte máis occidental de Asturias (Terra Navia-Eo), León (Ancares leoneses e Bierzo occidental) e Zamora (As Portelas). En xeral, as falas deste bloque, que supoñen xa o límite oriental do galego, presentan os trazos máis conservadores da nosa lingua.
Trazos Dialectais Xerais
- Fonéticos:
- Non-gheada (ex: galo, amigo).
- Non-seseo (ex: moza, luz).
- Ditongo -ui- ou -u- (ex: muito, muto).
- Morfolóxicos:
- Terminación -ao para o masculino e -á para feminino (ex: irmao / irmá).
- Plural en -is para substantivos rematados en -n (ex: cais, pantalois).
- Terminación en -ín en lugar de -iño (ex: camín, pasarín).
- Pronome tu: tu sabes.
- Terminación verbal da 5ª persoa do presente de indicativo en -is (ex: vós cantais).