Funcións Sociais da Lingua e Diversidad Lingüística no Mundo
1. As funcións sociais da lingua
A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade, pero esa función comunicativa concrétase noutras funcións máis específicas. Algunhas destas funcións dependen da aprendizaxe directa, tamén chamada aprendizaxe primaria; é dicir, que se aprenden de forma espontánea durante a infancia.
As principais son:
- A función de identidade: A lingua na que artellamos os pensamentos e a forma de interpretar o mundo de xeito individual.
- A función familiar: A lingua coa que nos relacionamos a cotió coa nosa familia.
Outras destas funcións danse mediante unha aprendizaxe secundaria, é dicir, que dependen do estudo e vontade do falante ao longo da vida. As principais,...