La narrativa gallega de posguerra: del exilio a la Nova Narrativa
A Guerra Civil supuso que o cosmos literario galego se trasladara cara ao exilio, sobre todo a Bos Aires, onde se publicaría unha das obras máis importantes da posguerra.
En 1951 sae do prelo a primeira novela galega de posguerra, A xente na barreira, de Carballo Calero, e o galego inicia de novo a súa andaina. Así verán a luz obras de autores como:
- Fole: publica os seus libros de relatos Á lus do candil e Terra Brava, que retratan o cosmos das terras do Incio e da Terra Chá lucense.
- Cunqueiro: publica Merlín e Familia e As crónicas do sochantre, onde retrata os temas da Bretaña medieval e o sobrenatural. A súa produción complétase con Si o vello Sinbad volvese ás illas, Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Outros feirantes.
- Blanco Amor: en 1959 publica A esmorga, que constitúe a entrada definitiva da novela galega na narrativa moderna. Supón unha novidade técnica na narrativa, na estrutura, nos ambientes e nos personaxes. Relata os feitos que lles ocorren a tres esmorgantes nunha xornada de festa que acaba mal. Tamén escribe Os biosbardos e Xente ao lonxe.
- Neira Vilas: a súa produción explora o mundo da emigración e da infancia e destaca a súa obra Memorias dun neno labrego. Emigración: Camiño de Bretemoso e A muller de ferro; Infancia: Querido Tomás e Cartas a Lelo.
A partir dos anos 60, un grupo de mozos universitarios inicia un proceso de renovación da técnica da narrativa galega. Aínda que non forman xeración, presentan características similares (formación universitaria e coñecemento de idiomas, inquietudes galeguistas e introdución de técnicas e motivos inéditos a través do obxectivismo, do perspectivismo, da ruptura da linealidade, da sinxeleza sintáctica e da condensación expresiva).
- Gonzalo Mourullo, o iniciador da Nova Narrativa, coas súas obras Nasce unha árbore e Memorias de Tains, caracterizadas pola superposición de planos, o simbolismo e o subxectivismo.
- Méndez Ferrín, con Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Elipsis e outras sombras, caracterizada pola mestura de planos, o experimentalismo e os espazos pechados.
- Carlos Casares, con Vento Ferido e Cambio en tres, cunha forte pegada autorreferencial e en espazos galegos, caracterizada polo experimentalismo, o monólogo e o narrador protagonista.
- Camilo Gonsar, con Lonxe de nós e Cara Times Square, caracterizada polo discurso ambiguo, o real obxectivado e os personaxes inadaptados.