Funcións Sociais da Lingua e Diversidad Lingüística no Mundo
1. As funcións sociais da lingua
A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade, pero esa función comunicativa concrétase noutras funcións máis específicas. Algunhas destas funcións dependen da aprendizaxe directa, tamén chamada aprendizaxe primaria; é dicir, que se aprenden de forma espontánea durante a infancia.
As principais son:
- A función de identidade: A lingua na que artellamos os pensamentos e a forma de interpretar o mundo de xeito individual.
- A función familiar: A lingua coa que nos relacionamos a cotió coa nosa familia.
Outras destas funcións danse mediante unha aprendizaxe secundaria, é dicir, que dependen do estudo e vontade do falante ao longo da vida. As principais, neste caso, son:
- A función laboral: A lingua coa que nos comunicamos no traballo.
- A función local: A lingua de relación coas persoas do mesmo contorno, como amigos e compoñentes.
- A función institucional: A lingua empregada para se comunicar o cidadán cos diferentes estamentos políticos ou administrativos.
- A función cultural: Aquela na que se poden expresar e recibir os coñecementos culturais en xeral.
Ademais, unha lingua pode ter función internacional, cando a usan falantes de diferentes países para relacionarse (hoxe sería o inglés). Por outra banda, non debemos esquecer o concepto de lingua franca, moi próximo ao anterior pero non exactamente idéntico. Unha lingua franca é aquela que serve para que dúas persoas se comuniquen cando non coinciden as súas linguas propias, pero ambos coñecen unha segunda lingua.
Exemplo: No caso de España, un falante eúscaro e un falante galego utilizarían como lingua franca o castelán. Tamén se pode dar o caso de que a lingua franca dun deles coincida coa que ten como propia. Exemplo: Un falante galego utilizaría o castelán para se comunicar cun falante castelán (de Madrid, p.ex.), e neste caso un dos falantes (o de Madrid) usaría como lingua franca a que lle é, ademais, propia.
2. A diversidade lingüística
2.1. Familias de linguas. O indoeuropeo. As linguas románicas
Forman unha familia todas aquelas linguas que están historicamente emparentadas porque derivan da mesma lingua nai. A nosa lingua está emparentada con outras, porque todas elas derivan dunha lingua nai á que se lle chama indoeuropeo, e que se estendeu entre a India e o oeste de Europa, dando lugar a varias linguas que teñen semellanzas.
Entre esas linguas atopábase o latín, do que derivaron as linguas romances, tamén chamadas románicas ou neolatinas, todas elas emparentadas. Todas as linguas da península Ibérica pertencen a esa familia de linguas románicas, agás o eúscaro (que posiblemente sexa anterior á nosa nai, o indoeuropeo).
2.2. As linguas do mundo. Situación actual
Actualmente están censadas no mundo unhas 5.000 linguas, e delas as máis estendidas (nesta orde) son o chinés-mandarín, o inglés, o español, o hindi, o ruso e o árabe. Esta diversidade lingüística móstrase de diferentes xeitos, tanto xeográfica como politicamente. Pode haber linguas con estado (as que representan un país de forma oficial) e linguas sen estado (o galego ou o catalán, p.ex.); e pode ocorrer tamén que haxa linguas oficiais en máis dun estado (o portugués, p.ex.).
Territorialmente, podemos atopar:
- Estados unilingües: Nos que se fala unha soa lingua (moi escasos, pois para 5.000 linguas hai arredor de 200 estados), como son o caso de Islandia, O Vaticano, San Marino (Italia) e Liechtenstein.
- Estados plurilingües: Os máis comúns, nos que se falan varias linguas (fóra do caso de España, atopamos casos moito máis sorprendentes, como China, na que se empregan unhas 50 linguas, ou a India, onde se fala un cento delas).
O máis habitual é que en cada estado haxa unha soa lingua oficial, aínda que os países poden aplicar políticas lingüísticas diferentes, que poden ser:
- De recoñecimiento cara a unha soa lingua oficial (Francia, p.ex.).
- Da admisión da oficialidade de varias linguas, cada unha delas nun territorio concreto (p.ex., Suíza, que ten como oficiais o alemán, o italiano, o francés e o romanche, e cada un deles é oficial no territorio no que predomina).
- Tamén pode ocorrer que haxa unha soa lingua oficial para todo o estado e o resto das linguas sexan cooficiais con ela nos seus respectivos territorios (é o caso español).
Polo tanto, a situación oscilaría entre, por unha banda, o monolingüismo real (Islandia, onde só hai 1 lingua) e o monolingüismo ficticio (Francia, onde só se recoñece o francés e ignórase a existencia do bretón e os seus falantes).
2.3. A realidade plurilingüe da Península Ibérica
A Constitución Española de 1978 deu paso ao establecemento das Autonomías e ao recoñecemento de certas linguas (galego, catalán, eúscaro) como cooficiais nos seus territorios, xunto co castelán. Pero fóra destas linguas cooficiais, a realidade lingüística do país é moito máis rica. Vexamos as linguas que se falan no territorio español:
- Galego: A lingua máis occidental das primitivas linguas romances da Península. Cooficial no territorio galego xunto co castelán. Fálase fóra dos límites xeográficos galegos, en Asturias, León e Zamora. Os seus falantes son maiormente bilingües (polo menos a nivel de comprensión oral e escrita).
- Castelán: Lingua oficial en máis de 20 estados. Lingua oficial do territorio español, e falada en América (do Sur e Central), Filipinas e pequenas zonas de África. Nalgúns países comparte a oficialidade; sen embargo, noutros (EEUU) a súa condición achegárase á dunha lingua minorizada (concepto que veremos máis adiante).
- Catalán: Cooficial no territorio de Cataluña xunto co castelán, agás a zona do Val d'Aran. Tamén se fala nas Baleares, en certas zonas francesas, en Andorra, e na comunidade autónoma de Valencia, onde se chama idioma valenciano.
- Eúscaro: Única lingua preindoeuropea existente na Europa Occidental. Fálase no País Vasco, norte de Navarra e suroeste de Francia. É lingua cooficial co castelán no País Vasco e Navarra.
- Asturiano: Fálase no principado de Asturias. Non está recoñecida como lingua oficial, aínda que no seu Estatuto de Autonomía di que gozará de protección.
- aranés: Falada no Val d'Aran, en Lleida. Deriva do occitano, antiga lingua do sur de Francia. No Estatuto de Autonomía catalán dise que se protexará e fomentará, e de aí que se imparta nas aulas. É cooficial no Val, xunto co catalán e o castelán.