Edafoloxía: a ciencia dos solos
A edafoloxía é a ciencia que estuda no seu conxunto os solos, as súas tipoloxías, os seus estratos, o humus, as rochas e os tipos destas. Galicia ten no seu solo moito humus (materia orgánica), ten solos de tipo ranker e, en xeral, unha rocha granítica. A frondosidade e a alta humidade de Galicia provocan un solo moi rico e unha vexetación espontánea e unha silvicultura moi rica.
O solo de Galicia
O solo galego ten como extrato edafolóxico máis profundo a rocha granítica nai. O granito está formado por feldespato, mica e cuarzo. O solo galego ten moito sílice e, dado que hai moitos ríos subterráneos (manantiais), Galicia ten moita acidez e humidificación. Os incendios afectan directamente o solo...