Edafoloxía e Ecoloxía en Galicia: Solos, Ecosistemas e Medio Ambiente

Geografía4 KB

Edafoloxía: a ciencia dos solos

A edafoloxía é a ciencia que estuda no seu conxunto os solos, as súas tipoloxías, os seus estratos, o humus, as rochas e os tipos destas. Galicia ten no seu solo moito humus (materia orgánica), ten solos de tipo ranker e, en xeral, unha rocha granítica. A frondosidade e a alta humidade de Galicia provocan un solo moi rico e unha vexetación espontánea e unha silvicultura moi rica.

O solo de Galicia

O solo galego ten como extrato edafolóxico máis profundo a rocha granítica nai. O granito está formado por feldespato, mica e cuarzo. O solo galego ten moito sílice e, dado que hai moitos ríos subterráneos (manantiais), Galicia ten moita acidez e humidificación. Os incendios afectan directamente o solo galego.

Ecoloxía

A ecoloxía é unha ciencia que estuda os ecosistemas, os biotopos, a biocenose, o medio ambiente, as paisaxes naturais e a evolución contaminante do efecto invernadoiro, do cambio climático, do burato da capa de ozono e de moitos máis problemas. No século XX naceu a conciencia ecolóxica.

O nacemento da conciencia ecolóxica

No século XX comezou o coidado polo medio ambiente, porque o home se deu conta de que a Terra está sobreexplotada. Na década de 1960 nacían os partidos verdes na política, e o naturalista e xeógrafo Richard fundou a empresa National Geographic. Hoxe en día, as paisaxes rurais do mundo desenvolvido occidental están moi desenvolvidas e humanizadas, pero a industria contamina moito.

Tipos de árbores

Poden ser:

  • Perenifolias: non lles cae a folla. Abondan en climas máis secos. Un exemplo é a aciñeira.
  • Caducifolias: danse en climas máis húmidos (oceánico). A estas árbores cáelles a folla en outono. Estas árbores son as freteiras.
  • Tipo conífero: piñeiro, abeto, cipreste, carballo.

No outeiro dun monte non hai árbores, pero si nos vales e en pisos como o colino ou o alpino. As árbores necesitan auga para realizar a fotosíntese. No monte tamén hai vexetación menor, como as matogueiras e as herbas.


A vexetación das montañas

A vexetación diminúe según imos subindo do val ata o cumio. As árbores ou vexetación alta atópase en zonas baixas, porque buscan auga e un afastamento das frías ventiscas. Segundo subimos, nunha zona media está a vexetación media de matogueiras e toxos, a que se lle pode chamar sotobosque. A vexetación baixa dase nos pisos máis altos dunha montaña: herbas pequenas, musgo e líquenes.

Causas da sobreexplotación dos ecosistemas

  • Contaminación do aire e da auga: o aire, polo cambio climático, está contaminado con CO2. O efecto invernadoiro quenta o aire e moitas cidades teñen smog. As augas están contaminadas, sobre todo as mariñas, por accidentes de buques como o Prestige, e moitos ríos reciben vertidos de restos.
  • Destrución dos hábitats naturais: hai unha enorme deforestación debida á tala abusiva de árbores, como na selva amazónica. Tamén se empregan moitos insecticidas.
  • Reservas da biosfera: son lugares protexidos da contaminación medioambiental.

Descargar

PDF Word HTML