Glosario de termos económicos e industriais: fontes de enerxía, industria e empresas
Glosario de Termos Económicos e Industriais
Materias Primas e Fontes de Enerxía
Materia Prima
Recursos, tanto de orixe orgánica como minerais, a partir dos cales se obteñen produtos elaborados ou semielaborados.
Fonte de Enerxía
Recurso natural ou artificial que proporciona enerxía (magnitude física que permite producir traballo mecánico, emitir luz ou xerar calor). Poden clasificarse en renovables ou non renovables segundo o proceso de formación, e en primarias ou secundarias en función do seu grao de aproveitamento.
Tipos de Enerxía
- Enerxía Hidroeléctrica: Fonte de enerxía que utiliza a auga dos ríos almacenada nos encoros para producir enerxía eléctrica ao pasar esta por unhas turbinas. En España ten importancia na zona noroccidental