Glosario de termos económicos e industriais: fontes de enerxía, industria e empresas

EconomíaActualizado el 8,56 KB

Resumen

Este glosario recolle os termos básicos da economía e da industria: materias primas e fontes de enerxía, procesos e sectores industriais, localización industrial, conceptos macroeconómicos, comercio exterior e tipos de empresa. Ofrece definicións breves de cada concepto, algúns con datos sobre España, para que o estudante poida repasalos rapidamente.

Puntos clave

  • Materia prima: recurso orgánico ou mineral a partir do cal se obteñen produtos elaborados ou semielaborados.
  • As fontes de enerxía clasifícanse en renovables ou non renovables segundo o seu proceso de formación, e en primarias ou secundarias segundo o seu grao de aproveitamento.
  • A industria básica ou pesada transforma materias primas en produtos semielaborados (siderometalúrxica, petroquímica).
  • A reconversión industrial consistiu no peche de empresas pouco competitivas e provocou o aumento do paro.
  • O PIB é a suma dos valores monetarios dos bens e servizos producidos nun país durante un exercicio.
  • Nas PEMES (menos de 500 traballadores) se concentra máis do 90% das empresas en España, pero ocupan só unha terceira parte dos traballadores.
  • As grandes empresas (máis de 500 traballadores) representan o 5% en España e ocupan o 75% dos traballadores.

Ponte a prueba

Glosario de Termos Económicos e Industriais

Materias Primas e Fontes de Enerxía

Materia Prima

Recursos, tanto de orixe orgánica como minerais, a partir dos cales se obteñen produtos elaborados ou semielaborados.

Fonte de Enerxía

Recurso natural ou artificial que proporciona enerxía (magnitude física que permite producir traballo mecánico, emitir luz ou xerar calor). Poden clasificarse en renovables ou non renovables segundo o proceso de formación, e en primarias ou secundarias en función do seu grao de aproveitamento.

Tipos de Enerxía

  • Enerxía Hidroeléctrica: Fonte de enerxía que utiliza a auga dos ríos almacenada nos encoros para producir enerxía eléctrica ao pasar esta por unhas turbinas. En España ten importancia na zona noroccidental e nororiental da península.
  • Enerxía Térmica: Fonte de enerxía que utiliza o calor da combustión do carbón para a produción de enerxía eléctrica en centrais térmicas. En España produce máis da metade da electricidade e o seu principal problema é a contaminación atmosférica que provoca.
  • Enerxía Nuclear: Fonte de enerxía que utiliza o uranio para producir enerxía eléctrica por medio da fisión dos seus átomos en centrais nucleares. O principal problema é a súa potencial perigosidade e o almacenamento dos residuos que provoca.
  • Enerxías Alternativas: Conxunto de fontes de enerxía, renovables e non contaminantes polo xeral, que pretenden reducir a excesiva dependencia enerxética do petróleo: eólica, biomasa, solar, xeotérmica...

Procesos e Sectores Industriais

Industrialización

Proceso polo cal a industria cobra un maior protagonismo, adquirindo unha maior participación na xeración do P.I.B. e de postos de traballo vencellados ao sector secundario. Históricamente este proceso comeza coa chegada da revolución industrial que marca o paso do obradoiro á fábrica e do artesán ao fabricante.

Reconversión Industrial

Proceso que adoptaron os países da OCDE a finais dos 70 (en España nos 80) para resolver a crise económica e industrial. Basicamente consistiu no peche de empresas pouco competitivas e non rendibles, con desaxustes entre a oferta e a demanda, de sectores maduros e provocou o incremento do paro.

Tipoloxía da Industria

  • Agroindustria: Industria que se encarga da transformación de materias primas de orixe agrícola, gandeira, pesqueira ou forestal en produtos elaborados.
  • Industria Básica: É aquel tipo de industria que transforma as materias primas en produtos semielaborados, non acabados. Identifícase coa industria chamada pesada, de primeira elaboración (siderometalúrxica, petroquímica). Tradicionalmente situábanse en zonas ben comunicadas e próximas ás materias primas.
  • Industria Manufactureira: Industria que transforma, mediante procesos físicos ou químicos, materiais ou compoñentes en produtos novos, independentemente de que se faga con máquinas ou a man, na fábrica ou no domicilio, ou que os produtos se vendan polo miúdo ou o por xunto.
  • Industria Siderúrxica: Industria que se encarga da transformación do ferro e os seus derivados en produtos semielaborados. Ten moita importancia na primeira revolución industrial.
  • Industria Petroquímica: Industria de base ou pesada que se encarga de transformar o petróleo e o gas natural en produtos químicos semielaborados de alto valor e aplicacións en moitos eidos.
  • Industria Lixeira: Aquel tipo de industria que fabrica bens de uso e consumo particular utilizando materias primas e produtos elaborados que proveñen doutras industrias. En xeral localízanse próximas aos mercados de consumidores.

Localización Industrial

Polígono Industrial

Espazos industriais situados próximos ás vías de comunicacións e promovidos pola acción estatal a través de subvencións, onde se instalan industrias coa finalidade de acceder a solo barato, de axudar ao desenvolvemento dunha área ou rexión ou de descongestionar o espazo urbano.

Parque Tecnolóxico

Espazos industriais propios da 3ª revolución industrial onde se localizan as industrias punteiras. Combínanse as industrias lixeiras cos servizos e o D+I+i, dándose procesos de terciarización da industria. Posúen boas comunicacións e gran calidade medioambiental.

Conceptos Macroeconómicos e Empresariais

Economía Sumerxida

Sistema de intercambio de bens e servizos que permanece alleo ao control do Estado. É xeradora de diñeiro negro e escapa á fiscalización. Precisa, a grande escala, de operacións de blanqueo de diñeiro.

Autarquía

Política de aillamento dun país respecto da economía dos demais Estados tratando de minorar na medida do posible as importacións. En España foi o modelo económico imperante durante a primeira parte do franquismo (1939-1959).

Produto Interior Bruto (PIB)

É a suma de valores monetarios dos bens e servizos producidos nun país durante un exercicio. Inclúe bens e servizos das empresas nacionais que operan no estranxeiro.

Oferta e Demanda

  • Oferta: Variable económica que determina a cantidade dun ben que os vendedores ofrecen a un mercado en función do nivel dun prezo.
  • Demanda: Variable económica que determina a cantidade dese ben que os compradores desexan comprar para cada nivel de prezo.

Comercio Exterior

  • Importación: Compra de produtos, bens e servizos a un mercado estranxeiro.
  • Exportación: Venda de produtos, bens e servizos nun mercado estranxeiro.
  • Arancel: Táboas de dereitos a percibir sobre as importacións que un Estado establece segundo as súas necesidades de produción e consumo. Medida de carácter proteccionista.

Empresas

  • Transnacional: Empresa que opera en máis países que no do seu lugar de orixe en canto á instalación de fábricas, negocios, sucursais, etc., a través de filiais que poden ser xuridicamente independentes, buscando abaratar custos, acceder a man de obra barata e mercados… É un fenómeno en espallamento no proceso de globalización que se vive.
  • Monopolio: Tipo de empresa ou industria na que é ela soa a que produce ou ofrece un ben, o que implica control do mercado e dominio na fixación do prezo.
  • Gran Empresa: Tipo de empresa que conta con máis de 500 traballadores. Representan o 5% en España pero ocupan ao 75% dos traballadores. As grandes empresas teñen a vantaxe de poder competir con maior garantía de éxito ao producir artigos máis baratos. Ademais poden adicar maior cantidade de cartos á I+D+i e controlan mellor os mercados que as PEMES. Posúen gran nivel de facturación.
  • Pequena e Mediana Empresa (PEME): Tipo de empresas que contan con menos de 500 traballadores. Forman a maioría de empresas en España (máis do 90%) pero ocupan só a unha terceira parte dos traballadores. As PEMES teñen a vantaxe de reaccionar mellor aos cambios constantes da industria actual e presentar menor conflictividade social. Pola contra son menos competitivas e poden adicar menos cartos á I+D+i.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é unha materia prima?

Unha materia prima é un recurso, de orixe orgánica ou mineral, a partir do cal se obteñen produtos elaborados ou semielaborados.

Que é a autarquía?

A autarquía é unha política de aillamento dun país respecto da economía dos demais Estados, tratando de reducir as importacións. En España foi o modelo económico imperante durante a primeira parte do franquismo (1939-1959).

Cal é a diferenza entre PEME e gran empresa?

As PEMES teñen menos de 500 traballadores e forman a maioría das empresas en España, mentres que as grandes empresas teñen máis de 500 traballadores e ocupan a maior parte do emprego do sector.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Segundo o glosario, que é unha materia prima?
2. Que tipo de industria transforma materias primas en produtos semielaborados non acabados?
3. Que proceso adoptaron os países da OCDE a finais dos 70 para resolver a crise económica e industrial?
4. Que porcentaxe de empresas en España son PEMES segundo o glosario?
5. Que é un arancel?
6. Onde se localizan tradicionalmente as industrias básicas?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.