Glosario Esencial de Termos Artísticos e Arquitectónicos
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
español con un tamaño de 15,22 KB
A
Ábsida: espazo abovedado, semicircular ou poligonal, no final da nave central dunha basílica ou dunha igrexa, situado polo xeral no testeiro ou extremo oriental do edificio, contribuíndo ao desenvolvemento da cabeceira do mesmo. Adoita estar cuberta con bóveda de forno ou de cuarto de esfera.
Altorrelevo: escultura realizada sobre unha superficie da que sobresae máis da metade do seu volume.
Aparello almofadado: acabado exterior dos paramentos realizados con sillares, que consiste en labrar a cara vista da pedra afundindo as xuntas.
Arcobotante: arco que transmite o empuxe das bóvedas a un contraforte situado no exterior do edificio. É un elemento típico da arquitectura gótica.
Arco apuntado ou oxival: arco moi utilizado no período gótico,... Continuar leyendo "Glosario Esencial de Termos Artísticos e Arquitectónicos" »
catalán con un tamaño de 3,31 KB
vasco con un tamaño de 3,18 KB