Guía Completa de Elementos Narrativos e Formas Verbais en Galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,29 KB

Características Lingüísticas da Narración

  • A temporalidade posúe carácter estruturante.
  • Predominio da acción e o movemento.
  • O dinamismo conséguese cos verbos:
    • Tempo de pretérito é o tempo normal da narración.
    • Emprego da 1ª e 3ª persoa.
    • Alternancia do pretérito con presente histórico para achegar o lector.
  • Coherencia textual marcada polo narrador, personaxes e pola lóxica dos acontecementos.
  • Presenta tamén diálogos.

Estrutura da Narración Literaria

  1. Introdución
  2. Desenvolvemento
  3. Desenlace

Tipos de Narrador

  • En terceira persoa:
    • Omnisciente: coñece todos os feitos.
    • Obxectivo: relata só o que pode observar e oír.
  • En primeira persoa:
    • Narrador personaxe principal (como autobiografía).
    • Narrador testemuña.
  • En segunda persoa.

Tipos de Personaxes

Segundo o grao de participación:

  • Principais:
    • Son o centro da narración.
    • Personaxes redondos, evolucionan.
    • Denomínase protagonista e o seu opoñente é o antagonista.
  • Secundarios:
    • Personaxes planos, non evolucionan.
    • Adoitan responder a un arquetipo.
  • Comparsas: elementos presenciais.

Estilos para a Voz dos Personaxes

  • Estilo directo: reproduce literalmente as palabras do personaxe, con verbos de lingua e cita entre comiñas.
  • Estilo directo libre: suprímese o verbo de lingua e as marcas internas como os dous puntos.
  • Estilo indirecto: as palabras de alguén acomódanse a unha nova situación comunicativa.
  • Estilo indirecto libre: o narrador integra as palabras do personaxe sen marcas explícitas.

Formas Nominais ou Infinitas do Verbo

Son formas verbais atemporais, non indican valores temporais nin modais, só aspectos do proceso verbal.

O Infinitivo

  • Representa a acción no seu proceso.
  • Funciona como verbo e pode levar complementos.
  • Tamén funciona como substantivo, desempeñando as súas funcións e podendo levar determinantes e modificadores.
  • Na nosa área existen dúas formas de infinitivo: unha invariable e outra variable.

Uso do Infinitivo Conxugado

Debe utilizarse cando:

  • O infinitivo ten suxeito distinto ao verbo principal.
  • Tendo o mesmo suxeito que o verbo principal, o infinitivo vai antes introducido por unha preposición.
  • O verbo principal é impersoal.

Non debe usarse cando:

  • O infinitivo parte dunha perífrase.
  • Non ten suxeito.
  • O verbo principal é modal.
  • O infinitivo funciona como complemento directo (CD) ou suplemento.
  • O infinitivo funciona como imperativo.

Uso optativo: na 6ª persoa, indicando certo valor impersoal.

O Xerundio

  • Forma nominal que funciona como verbo e leva os seus complementos.
  • Funciona como adverbio; mostra a acción en proceso.
  • Na nosa área existe un xerundio flexionado de uso limitado.

O Participio

  • Forma nominal que funciona como verbo e adxectivo.
  • Indica a acción rematada.
  • Na nosa área existe un dobre participio: un que é regular con función verbal (ex: abrido) e outro irregular con función adxectiva (ex: aberto).

Perífrases Verbais

Construcións verbais formadas por dous verbos: un en forma persoal (auxiliar) e outro impersoal (auxiliado). Teñen significación conxunta e o verbo que lle dá o significado léxico é o auxiliado.

Tipos de Perífrases

  • Temporais: futuridade, inminencia.
  • Modais: obrigación, hipótese.
  • Aspectuais: imperfectivas, perfectivas, incoactivas, terminativas, reiterativas.