Vocabulario Esencial de Filosofía e Ciencia (Galego)
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,9 KB
Vocabulario Fundamental de Filosofía e Ciencia
Termos de Epistemoloxía e Metodoloxía Científica
- Ciencia
- Conxunto de coñecementos estruturados sistematicamente, obtidos mediante razoamento.
- Causalidade
- Relación entre dous fenómenos que suceden temporalmente, onde un determina a aparición do outro.
- Experimento
- Procedemento para comprobar unha hipótese.
- Feito
- Observación directa verificable desde unha teoría ou acontecemento que pode ser descrito e verificado.
- Hipótese
- Enunciado científico mediante o cal se anticipa a solución dun problema.
- Hipotético-dedutivo
- Método científico baseado na creación de hipóteses.
- Indeterminismo
- Actitude que mantén que os acontecementos dependen do azar.
- Indución
- Procedemento inferencial que vai de premisas singulares a unha conclusión máis universal.
- Lei
- Expresión matemática do comportamento dos fenómenos.
- Modelo
- Representación de fenómenos a fin de analizar feitos a partir deles.
- Obxectividade
- Capacidade de coñecer un obxecto con independencia das condicións de observación individuais ou temporais dun suxeito.
- Predición
- Declaración precisa do que ocorrerá en determinadas condicións previamente especificadas.
- Realismo
- Concepción segundo a cal existe unha realidade obxectiva.
- Técnica
- Conxunto de procedementos que se usan nunha actividade determinada.
- Tecnoloxía
- Conxunto de coñecementos técnicos que permiten resolver problemas.
- Teoría
- Conxunto de coñecementos organizados sistematicamente despois da comprobación dunha hipótese; permite crear modelos.
- Verificación
- Conxunto de procesos e actividades para xustificar a verdade das súas hipóteses.
Conceptos de Metafísica e Cosmoloxía
- Causa
- Principio produtivo de efectos, resposta á pregunta de por que se produce algo.
- Cosmoloxía
- Estudo da orixe e a estrutura do universo.
- Cosmovisión
- Visión global da realidade.
- Devir
- Modificación permanente de todo o que existe.
- Dualismo
- Teoría metafísica que defende a existencia de dúas realidades.
- Dualismo antropolóxico
- Teoría que defende a existencia de dúas partes no ser humano: o corpo e a alma.
- Ente
- Un ser que existe.
- Esencia
- Conxunto de características que fan que un ente sexa o que é.
- Existencialismo
- Corrente da filosofía contemporánea preocupada pola cuestión da existencia persoal.
- Existir
- É o xeito que temos as persoas de ser.
- Finalidade
- A causa final é o propósito e a finalización do que se persegue.
- Forma
- Configuración ou estrutura que explica como está feito algo.
- Heliocentrismo
- Teoría na que o Sol é o centro do universo.
- Materia
- Aquilo do que está feito algo.
- Materialismo
- Teoría segundo a cal a realidade está formada en último termo pola materia.
- Transcendente
- Que está máis alá deste mundo.
- Xeocentrismo
- Teoría na que a Terra está no centro do universo.