Determinismo e Indeterminismo: Filosofía e Ciencias Sociais

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,36 KB

A fundamentación nas ciencias sociais: dous grupos

Determinismo educativo: Burrhus F. Skinner e os psicólogos condutistas.
Determinismo sociolóxico: A acción humana atópase constrinxida por factores sociais (Émile Durkheim).

A fundamentación puramente filosófica

  • a) Determinismo racional: Arthur Schopenhauer formula que o home é racionalidade.
  • b) Determinismo teolóxico: Baruch Spinoza e Georg W. F. Hegel consideran que a liberdade non é unha propiedade do home, senón do Ser Transcendente, chámese Deus, Natureza…

A orientación indeterminista

Defenden a radical liberdade do comportamento humano e a frecuente presenza dun condicionamento. Diferentes tradicións:

Desde a revelación bíblica

Considérase que Deus fixo o home á súa imaxe e semellanza; é dicir, libre.

Desde a posición filosófica do tomismo

Tomás de Aquino: o home é libre por ser racional, está dotado de intelixencia e vontade.

A síntese entre posicións opostas: é posible?

Erich Fromm e Herbert Marcuse, ideas:

  • O punto de partida sitúase na afirmación da dependencia.
  • Esta dependencia supón asumir que os seres humanos están condicionados.
  • Deféndese que a persoa e a humanidade poden e deben ir conseguindo un grao crecente de liberdade exterior e interior.

A liberdade é unha meta, unha tarefa ou unha conquista. Constitúe un programa aberto no que o ser humano pode intervir.

A responsabilidade e a condución da vida

Resulta evidente que o home está conducido por impulsos de moitas clases. Pasamos a realizar ou executar unha acción racional cando conectamos cos bens intelixibles. Ao entrar, podemos chegar a estimulalos por algo que non parece externo a nós mesmos. Podemos darnos unha razón do que facemos e de por que actuamos dun determinado xeito e non doutro.

Unhas pautas de acción baseadas na responsabilidade

  • Permítenos un dominio sobre as accións intencionais.
  • Lévanos a romper con parte de nós mesmos e transformar a nosa personalidade.
  • Empúrranos a estar nun mundo cos outros e buscar a súa compañía en sociedade.

Hans Jonas.