A Vangarda Galega: Ismos, Xeración Nós e Hilozoísmo
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,45 KB
As Vangardas e a Renovación Artística
Nas primeiras décadas do século XX sucederon unha serie de iniciativas artísticas que pretenderon unha profunda renovación estética e unha redefinición do concepto da arte. Denomináronse, de forma xenérica, "vangardas", e as súas manifestacións particulares, "ismos".
Características Comúns das Vangardas
Cada unha delas presenta características moi particulares, pero tamén se poden indicar unha serie de trazos comúns, como son:
- O antisentimentalismo, que é a tendencia ao uso de modelos construtivos completamente diferentes aos tradicionais.
- A concepción da absoluta autonomía da arte.
A Xeración Nós e a Xeración do 25
Nos anos vinte, a Xeración Nós estaba empeñada en establecer os alicerces do nacionalismo, o que implicaba, entre outras cousas, prestixiar a literatura en galego, que estaba demasiado apegada a elementos costumistas e populares. Con este fin, conseguiu modernizala e intelectualizala, elevando o seu nivel cultural e formal. Un dos seus esforzos foi crear medios como a revista Nós, onde presentaba as liñas creativas doutras literaturas europeas.
No ano 1925 xorde a nova xeración que se coñece co nome de Xeración do 25, é dicir, unha xeración vangardista ou novecentista. Comezaron a producir un tipo de literatura con aparencia anoadora, nalgúns casos imitando tendencias da vangarda internacional e noutros mesturándoas con elementos propios da nosa tradición.
A Vangarda en Galicia: Ismos Autóctonos
A renovación da arte que promoveron todos os ismos europeos en Galicia tivo que alternar co proxecto galeguista de crear unha arte autóctona, propiamente galega, sobre a que asentar moitos principios nacionalistas.
O Neotrobadorismo
O neotrobadorismo nace do tributo ás orixes literarias do galego e está relacionado co proxecto nacionalista de recuperación e asimilación da nosa historia. É unha tendencia poética que recupera procedementos formais, ambientes e, sobre todo, temas relacionados coa cantiga.
Os seus cultivadores foron moitos, mesmo despois da Guerra Civil, pero, sen dúbida, un dos primeiros e máis destacados foi Fermín Bouza-Brey, quen mantén a estruturación temática e estrófica, pero introduce aspectos anovadores como o uso do símbolo, elemento central na construción do poema.
En 1933, Álvaro Cunqueiro, no seu libro Cantiga nova que se chama riveira, ofrece unha fasquía medievalizante que se mestura con recursos neopopularistas ou co uso de imaxes rupturistas (con influencia vangardista).
O Hilozoísmo
O segundo ismo autóctono foi o hilozoísmo, que recolle varios trazos da tradición vangardista. O poema hilozoísta describe a paisaxe galega, como o fixeran tamén autores anteriores como Noriega Varela ou Ramón Cabanillas, pero agora temos un tema moi marcado neste ismo, onde a natureza é a parte esencial, sen abandonar o descritivo.
Ten unha métrica onde non se renuncia á rima e dominan as formas populares (versos curtos e rima asonante). O que máis destaca nesta literatura é o uso de imaxes, da metáfora e da personificación. O poema baséase en recursos para destacar as súas imaxes.
O poeta máis destacado é Luís Amado Carballo cos seus libros Proel e O Galo, onde a súa poesía responde a modelos hilozoístas, mesturando imaxes vangardistas con metros e ritmos de aparencia popular que describen a paisaxe que se humaniza.
Outras Manifestacións Vangardistas
Por outro lado, temos a Manuel Antonio, onde a súa obra significativa foi De Catro a Catro. Nela rastrexamos influencias do cubismo, do creacionismo e do futurismo, nun intento de ensaiar novas tendencias para a literatura galega. Desde unha perspectiva máis formal, destaca o uso particular de ortografías para conferirlle valores expresivos (ex: 'Mar'), así como a ausencia de ritmos e rima entendidos desde un xeito tradicional.
Entre outros autores que participaron da actividade vangardista, poderiamos citar a Euxenio Montes, Luís Acuña, Luís Pimentel e Álvaro Cunqueiro, onde este último autor abandona o neotrobadorismo e se aproxima máis ás vangardas europeas (cubismo, etc.).