Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Obras
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,62 KB
Xéneros Menores da Lírica Galego-Portuguesa
- Tenzón: Son dialogadas, elaboradas por dous trobadores alternando as súas intervencións, onde se satirizan reciprocamente ou sosteñen opinións opostas sobre un tema.
- Pastorela: De orixe occitana. Adoitan ser dialogadas entre un cabaleiro e unha pastora. Na derradeira estrofa a pastora aceptaba ou rexeitaba o ofrecemento amoroso. O cabaleiro sempre queda namorado (amor platónico); tiña que ser sincero e xeneroso.
- Prantos: Composición na que o trobador sempre expresa dor e tristeza pola morte dunha persoa de clase alta. Eloxiá as virtudes da persoa que morreu (catro prantos).
- Cantigas de seguir: Imitan poemas xa existentes, imitan a música, a rima, os refráns (tres prantos).
- Descordo: Tipo de cantiga pouco frecuente de orixe provenzal. Presenta un esquema métrico e melódico diferente en cada cobra.
Cantigas de Santa María
Conxunto de composicións adicadas á Virxe María. Forman un corpus literario de 427 cantigas. Están asinadas por Afonso X (O Sabio). É o único corpus literario que conservamos en galego-portugués. Nacen como propaganda para publicitar a corte de Afonso X, que era rival da Igrexa (relixioso). A súa corte en Toledo.
Fontes das Cantigas de Santa María
- Narracións orais de milagres.
- Mariais latinos medievais.
- Coleccións marianas en linguas romances.
- Colección de santuarios peninsulares.
- Coleccións locais estranxeiras.
- Consellas orais.
Códices das Cantigas de Santa María
- Códice de Toledo (TO): Contén 128 cantigas, acompañadas con notacións musicais.
- Códice (E) do Escorial: Contén 417 cantigas e musicadas.
- Códice (T) do Escorial: Contén 193 cantigas acompañadas de música e un conxunto en miniatura (1264).
- Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): Contén 104 cantigas. Está incompleto, faltan as notas musicais e tampouco aparecen rematadas moitas miniaturas.
Materia de Bretaña
Circulaban no século XII e XIII. A maioría son historias que comprenden a temática do Rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda. Demanda do Santo Graal é como se lle coñece a este ciclo bretón.
Demanda do Santo Graal
- 1ª parte - Xosé de Arimatea: Manuscrito do século XVI que narra as orixes do Graal.
- 2ª parte - Merlín: Manuscrito do século XVI que narra as profecías do mago Merlín sobre o Graal.
- 3ª parte - Demanda do Santo Graal: Manuscrito do século XV que se refire ás aventuras dos cabaleiros da Mesa Redonda na procura do Graal; só tres serán elixidos: Boorz, Perceval e Galaaz.
Materia de Troia
Formada por textos que contan as aventuras referidas aos heroes na guerra de Troia e referidos á destrución da cidade. A maioría inspiráronse na novela Roman de Troie. Os textos ofrécennos unha visión imaxinaria e medieval da Grecia clásica. Consérvanse dous textos: Crónica Troiana e Historia Troiana.
Ciclo Carolinxio: Milagres de Santiago
Texto haxiográfico (vida de santos). Texto do século XIV. Trata dos Milagres de Santiago. Fala de numerosos milagres e a expedición de Carlomagno a España e finaliza sobre a morte de Roldán en Roncesvalles. Partes importantes: a descrición da catedral, a destrución de Xerusalén e a morte de Pilatos.