A Terciarización da Economía Española: Servizos, Estado de Benestar e Transporte

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,12 KB

1. A Terciarización

A progresiva terciarización da economía española fai referencia ao peso notable que ten o sector servizos no conxunto da economía, tanto na xeración de PIB (76% do PIB) como no emprego (75% dos ocupados). Sendo as causas deste proceso as seguintes:

  • O aumento do nivel de vida. Permite un maior consumo de servizos e esixe que sexan cada vez máis numerosos e especializados.
  • Os cambios económicos noutros sectores. A mecanización, a incorporación de novas tecnoloxías e a deslocalización restaron postos de traballo na agricultura e na industria.
  • Os cambios políticos derivados da creación da administración autonómica e europea, da implantación do Estado do benestar, estimularon servizos como os administrativos, a sanidade e a educación.
  • Os cambios sociais impulsaron novos servizos. O avellentamento demográfico (servizos asistenciais á terceira idade), dispoñibilidade de ocio (turismo, hostalaría, restauración, espectáculos, …), incorporación da muller ao mercado laboral (garderías, axuda doméstica), demanda de calidade (atención ao cliente, control de calidade), …
  • A difusión das novas tecnoloxías crea novos servizos (teleoperadores, telecompra, …).

Clasificación dos Servizos

Os servizos pódense clasificar segundo a súa natureza ou finalidade:

  • Os servizos privados ou de mercado, prestados por empresas privadas co fin de obter un beneficio económico.
  • Os servizos públicos, prestados polo Estado e as distintas administracións públicas coa fin de proporcionar bens comúns á sociedade como educación ou sanidade, sen ánimo de lucro.

En función da súa finalidade, os servizos poden agruparse en:

  • Sociais: educación, sanidade, …
  • Administrativos: Axudan na organización do Estado e das empresas.
  • Financeiros.
  • Profesionais.
  • De intercambio e ocio: transporte, información e comunicación, comercio e turismo.

3. Sociedade de Benestar

O Estado de Benestar engloba aquelas intervencións públicas encamiñadas a mellorar a calidade de vida da cidadanía. Poden agruparse en catro grandes categorías: pensións, os servizos básicos do Estado de Benestar (sanidade, educación e servizos de axuda á familia); as intervencións normativas en hixiene e seguridade do traballador e consumidor, así como do ambiente, e, finalmente, as intervencións para a creación de emprego público e privado. Todas estas intervencións son financiadas con fondos públicos a través da política fiscal. Na actualidade, e tras o paso por períodos de crise económica, debilitáronse estes servizos á cidadanía.

4. Transporte e Comercio

O sistema de transportes é o conxunto de medios que permite o desprazamento de persoas e mercadorías entre lugares xeográficos.

O comercio é o intercambio de bens e servizos entre produtores e consumidores.

5. O Turismo

As modalidades turísticas inclúen: turismo de sol e praia, turismo de montaña, turismo urbano e turismo rural.

6. O Ferrocarril en España

Este medio de transporte, básico para a mobilidade terrestre de persoas e mercadorías, pasou a ocupar un lugar secundario ante a competencia do transporte por estrada. Porén, nas últimas décadas, a modernización das súas infraestruturas, a súa potenciación como medio de transporte colectivo máis ecolóxico, e a aposta pola alta velocidade provocou un notable aumento do seu uso, converténdose nun potencial medio de transporte para media e longa distancia. A reforma da xestión do sistema ferroviario español separou as actividades de administración da infraestrutura a través de ADIF, das de explotación dos servizos por RENFE Operadora.

A Rede Ferroviaria de Interese Xeral componse de tres redes:

  • A rede convencional.
  • Os ferrocarrís de vía estreita.
  • A rede de alta velocidade.

7. Comercio Interior

O comercio interior nas últimas décadas experimentou moitos cambios como a especialización e diversificación da oferta, a aparición das vendas online, a extensión das grandes superficies e a crise do pequeno comercio, os sistemas de autoservizo (vending), a flexibilidade horaria, a axilidade dos novos sistemas de pago, a influencia da publicidade que se orienta segundo o perfil dos clientes e os sistemas de fidelización de clientes.

8. Outras Modalidades Turísticas

Destacan o xeoturismo en áreas de interese xeolóxico ou paleontolóxico; o turismo fluvial, o turismo de cruceiros, e o turismo termal.

9. Impacto do Turismo de Masas

As repercusións do turismo de masas son variadas:

  • Repercusións demográficas.
  • Repercusións sobre o poboamento.
  • Repercusións económicas.
  • Repercusións culturais.
  • Repercusións na ordenación do territorio.
  • Repercusións ambientais.

Entradas relacionadas: