Pegada Ecolóxica: Impacto Ambiental e Sustentabilidade

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,96 KB

O efecto dunha especie ou poboación sobre o contorno depende do número de individuos que a integran e do impacto sobre o medio de cada un deles. Unha maneira de calcular o impacto ambiental é mediante o cálculo do consumo de enerxía per cápita.

Pegada Ecolóxica

A pegada ecolóxica é un indicador que mide a superficie do solo (en hectáreas) necesaria para producir os recursos consumidos por un cidadán, así como a necesaria para absorber e detoxificar os residuos que xera, independentemente de onde estean localizadas estas áreas.

Obxectivo da Pegada Ecolóxica

O obxectivo é avaliar o impacto sobre o planeta dunha determinada forma de vida e o seu grao de sustentabilidade. A pegada ecolóxica media calcúlase dividindo o terreo produtivo existente na Terra entre 6.000 millóns de habitantes. Consumimos máis recursos dos que o planeta pode xerar, o que fai que o noso estilo de vida non sexa sostible. Consecuencias:

  • Reducir o crecemento da poboación.
  • O modo de vida dos países máis ricos do planeta non pode estenderse ao conxunto dos seus habitantes.
  • Redución do consumo.

Desenvolvemento e Enerxía

O crecemento da poboación humana e o desenvolvemento económico requiriron o consumo de grandes cantidades de enerxía. Os combustibles fósiles son fontes non renovables. As enerxías renovables son unha alternativa:

  • Solar: Non produce calor adicional á atmosfera. Pode captarse mediante paneis solares (para producir calor) ou mediante placas fotovoltaicas (para electricidade).
  • Hidráulica: Utiliza a enerxía desprendida nos saltos de auga para xerar electricidade en plantas hidroeléctricas.
  • Mareomotriz: Produce electricidade baseándose, como a enerxía hidráulica, na forza da auga, pero é xerada polas mareas.
  • Eólica: Aproveita a forza do vento para mover as aspas dos muíños e transformala en electricidade.
  • Biomasa: Cantidade de materia orgánica dun organismo ou dun ecosistema. As plantas captan a enerxía solar e transfórmana en enerxía química.

A Auga: Un Recurso Vital

A auga é o elemento máis abundante do noso planeta e é esencial para os seres vivos. É un recurso imprescindible para a existencia e o mantemento dos organismos, e nela prodúcese un ciclo hidrolóxico.

Auga Potable

A maior parte da auga é salgada; tan só un 3% é auga doce. Gran parte dos recursos hídricos utilízanse na agricultura. A industria utiliza o 22% dos recursos de auga globais, e o 8% destínase a usos domésticos.

Usos e Abusos da Auga

As verteduras agrícolas e gandeiras, industriais e urbanas son as principais contaminantes da auga doce. Os residuos non biodegradables, a medida que ascendemos nas cadeas tróficas, van aumentando a súa concentración (magnificación biolóxica).